Xaneiro 2013
Día da Paz 2013.
Enviado por Miguel o Xov, 31/01/2013 - 11:37CELEBRACIÓN DIA DA PAZ 2013
Enviado por josean o Xov, 31/01/2013 - 00:34Un pequeno resumo da celebración do día Internacional do día da Paz e a Non Violencia no noso colexio.
Día da Paz. 30 de xaneiro de 2013.
Enviado por Miguel o Mér, 30/01/2013 - 12:16GANDHI....PAZ...
Enviado por inesduran o Mér, 30/01/2013 - 11:29
ASÍ PENSABA GANDHI
"Por la libertad de mi pueblo estoy dispuesto a dar gustosamente mi vida,
pero por nada, estoy dispuesto a quitarle la vida a otro".
Mohandas Karamchand Gandhi
este era su verdadero nombre
Casi todo lo que realice será insignificante,
pero es muy importante que lo haga.
Mahatma Gandhi
1869-1948. Político y pensador indio.
Visita dos alumnos e alumnas de 5º e 6º ao estadio de Pasarón e representación 'Odaiko nas Escolas'
Enviado por Miguel o Mar, 29/01/2013 - 12:37O pasado 25 de xaneiro de 2013, os alumnos e alumnas do 3º ciclo do colexio, visitaron o estadio de Pasarón en Pontevedra e asistiron ao espectáculo musical ''Odaiko nas Escolas''. A mañán foi moi entretida malia o tempo que facía. Aquí tedes algunhas fotos desa mañán.
Odaiko nas Escolas
Enviado por Miguel o Mar, 22/01/2013 - 12:17Por mor da alerta vermella no litoral de Pontevedra, hoxe martes 22 de xaneiro de 2013, suspendéronse as actividades fóra do recinto escolar ou ao aire libre segundo aconsellaba a Consellería de Educación. A saída que tiñamos prevista para o día de hoxe co alumnado de 5º e 6º de primaria a Pontevedra, trasladouse para o próximo venres 25 de xaneiro de 2013, coas mesmas actividades e horarios programados. Esperemos ter máis sorte co tempo para ese día.
Odaiko nas Escolas
Enviado por Miguel o Xov, 17/01/2013 - 09:26O vindeiro martes 22 de xaneiro de 2013, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do noso centro teñen una saída a Pontevedra. Veran no centro social Caixanova ''Odaiko na Escola''. Aproveitando esta representación, visitarán antes o estadio de Pasarón, onde moi amablemente os responsables do clube do Pontevedra nos ensinarán as súas instalacións e prepararán algunha actividade.
''Odaiko na Escola'' é un proxecto didáctico onde Odaiko se centra en axilizar o enxeño e a curiosidade dos máis pequenos a través dunha divertida escenificación en directo chea de creatividade.
Acompañados por un narrador en off, os nosos amigos de Odaiko invitannos a facer un percorrido musical cheo de ritmos e sonoridades. Unha viaxe chea de imaxinación onde a expresión artística máis sinxela pode chegar a ofrecernos as respostas máis sorprendentes.
Músicos: Juan Collazo, Félix Rodríguez, Francisco Troncoso e Antonio Ocampo.