CP Innova
Xornada de iniciación ao remo
Enviado por Belen o Mar, 04/06/2024 - 21:55A semana pasada, tivemos a oportunidade de coñecer a dúas grandes deportistas do club de remo da ría de Marín.
Explicáronnos brevemente a teoría e despois fixemos unha práctica no remoergómetro aplicando a técnica correcta.
Xincana de Orientación en Briz
Enviado por inesduran o Mér, 17/04/2024 - 13:077 de ABRIL- DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Enviado por Belen o Ven, 12/04/2024 - 14:28ESTE ANO O LEMA DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE É: "A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO", coa finalidade de defender o dereito da poboación a ter acceso a servizos de saúde, educación e información, así como a auga potable, aire limpo, boa nutrición, vivenda, condicións ambientais e de traballo decentes.
No noso colexio, grazas á Anpa, tivemos a oportunidade de que Antonio Casal (Aula de Saúde do Club Baloncesto Peixefresco Marín) viñese a dar dous talleres (un para nenos/as e outro para mestres/as e familias) relacionados cos Primeiros Auxilios, centrándonos mais no RCP.
Aprendemos moitísimo e sobre todo, quedamos coa frase de "a peor RCP é a que non se fai".
Moitas grazas, Toño e Anpa Aidón por esta formación tan necesaria.
Charla para ás Familias
Enviado por inesduran o Dom, 18/02/2024 - 17:07FORMACIÓN PARA AS FAMILIAS
Museo Manuel Torres
A través da páxina web do colexio incentívase a participación das familias nas charlas propostas polo concello sobre
"Adicións dos nenos e nenas en idade escolar".
22 de febreiro
"Establecemento de normas e límites"
Visita da Protectora "Os Palleiros"
Enviado por Ruth o Mar, 16/05/2023 - 12:30Os Palleiros de Ruth PT
I PREMIOS VALENTES DO CEIP SEQUELO
Enviado por Ruth o Lun, 15/05/2023 - 18:13Premios boa xente de Ruth PT
Hoxe tocou simulacro de incendio
Enviado por Ruth o Xov, 02/03/2023 - 13:14
Hoxe tivemos un simulacro de incendio. Desta vez todos e todas sabiamos cando ía sonar a alarma porque se trataba dunha práctica.
Xuntámonos todos no punto de encontro, que é a pista de baloncesto. Fixémolo moi ben!!
Desfile de comparsas, baile e degustación de lambetadas. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Mér, 22/02/2023 - 18:15Celebramos o Entroido 2023 facendo comparsas, desfilando polas rúas de Marín e actuando na alameda coas cancións que crearon coa temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
Obradoiro de filloas. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Xov, 16/02/2023 - 22:11Un ano máis, ao chegar o Entroido, facemos protagonista á nosa "Raíña do Entroido", a filloa.
Este Entroido correspondería o "XIX Obradoiro da Filloa", foi un obradoiro de filloas distinto, no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Todo isto baixo a atenta supervisión da profe Belén, e a axuda de Mari.
Está actividade, enmárcase no CPInnova (EDUsaúde e EDUsostibilidade), e o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.
Anxos de rolos de cartón
Enviado por inesduran o Lun, 05/12/2022 - 16:44Atendendo aos obxectivos de EDUsostenibilidade
R R R
fixemos un personaxe protagonista do Belén,
adiviñas cal é?
Atendendo aos obxectivos de EDUsostenibilidade
fixemos adornos con rolos de cartón
Seguindo estes enlaces atoparedes
Belén de tapóns de cortiza
Enviado por inesduran o Dom, 13/11/2022 - 18:18
Atendendo aos obxectivos de EDUsostenibilidade
trataremos de facer para o Nadal
Pastorciños, os Reis Magos. anxeliños...
ÁNIMO
SODES GRANDES ARTISTAS
Estas son as figuriñas de Mateo e de Sara de 1º
Sara de 1º e Mateo de 1º
Álvaro de 4º móstranos o seu reno
Leire de 3º fixo pastorciños e ovellas.
Aldán de Infantil e os seus camelos.
Enzo de Infantil animouse con Xesús, María e Xosé,
mula e boi incluídos.
Mateo de 4º
Adriana de 3º
Camila, Leire...
fixo pastorciños, ovellas e ata un anxo.
Olivia de Infantil
GRANDES ARTISTAS
Coidamos a Creación
Enviado por inesduran o Ven, 28/10/2022 - 20:33
O MUNDO É UN REGALO
CÓIDAO
Entre os compañeiros de Infantil e 1º
que asisten á clase de Relixión,
fixemos este vídeo para non esquecer
que compartimos un planeta
que temos que coidar.
A TERRA É A CASA DE TODOS