CALACÚS-BOTEFAS
Para coñecer un pouco mellor a planta ao redor da que xira a celebración da "Noite das Caveiras" trouxemos ás nosas expertas, nais e avoas que lles contaron aos rapaces os secretos dos cabazos autóctonos (o seu cultivo, recolleita, uso...) e a diferencia importante que hai entre o que é un CALACÚ e unha BOTEFA. Non pensedes, a cousa tenche o seu aquel, os dous son Galegos, mais unha BOTEFA é unha BOTEFA é un CALACÚ é un CALACÚ. O que ten a señora na foto da dereita enriba da mesa decorada é unha BOTEFA
Enviar un comentario novo