SEMENTAR SEMENTAREMOS!
O noso de proxecto intenta levar adiante a idea de que nun anaco de terra podemos ensinar e experimentar os ciclos biolóxicos máis importantes como poden ser os das plantas, materia, enerxía... coas técnicas de cultivo tradicionais. Este recurso pedagóxico mesmo pode ir máis alá dunhas experiencias prácticas para afondar en contidos teóricos de diversas materias, para realizar unha verdadeira educación ambiental.
Xa están as hortas esperando por nós, consideramos que son un recurso moi valioso para a educación ambiental, así como un contexto axeitado para a adquisición de condutas respectuosas co medio.
Ao longo desta semana comezaremos a traballar nel. Por qué a agricultura tradicional?, porque é o modelo que imos empregar para o desenvolvemento do noso proxecto, non só por cuestións de saúde ou respecto ao medio, senón porque, por riba de todo, trátase de cultura orientada cara a un progreso sostible que respecta a natureza.
Imos comezar cunha enquisa para ver canto sabedes . Pincha no enlace e adiante!
ÁNIMO, RAPACIÑOS/AS!!
Enviar un comentario novo