Abril 2020
Manualidades dende a casa...(23): Arcoiris antiestrés. Ángel 6ºB
Enviado por Miguel o Mar, 14/04/2020 - 19:16Ola! Aquí tedes outra manualidade moi chula, feita por Ángel Sorbet Méndez de 6ºB. Un arcoiris antiestrés. Parabéns!
Clasificación final do I Torneo de xadrez online CEP Sequelo
Enviado por xose o Mar, 14/04/2020 - 18:34Rematou o primeiro torneo de xadrez online CEP Sequelo, con dez participantes. A experiencia foi boa e esperamos repetir proximamente, e a ver se chegamos aos vinte participantes!
A clasificación final de hoxe foi...
Como podedes ver na imaxe, os cinco primeiros postos foron para: Breixo Vidal, Roi, Darío, Yago e Antón. Noraboa!
O vindeiro día todos/as teremos outra oportunidade para superarnos!
Día das Américas (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mar, 14/04/2020 - 18:09Hoxe é o Día das Américas, para conmemorar este día comparto con vos un vídeo de “Juguetes de Latinoamerica”, cuantos de estos xogos coñecedes?
As nenas e nenos de terceiro e cuarto están a facer unha investigación de recollida de xogos e xoguetes tradicionais facendo entrevistas aos seus maiores, deixovos varias das entrevistas que fixeron.
Espero que vos guste e vos animedes a enviar algún máis.
Hoxe aplaudimos a...(11) os pais de Pablo Torres
Enviado por Anónimo o Mar, 14/04/2020 - 13:19Hoxe aplaudimos aos pais de Pablo Torres de 5ºA, que teñen que seguir traballando e ademais están separados porque o seu pai tivo que quedar en Mauritania.
A corentena do Covid 19 está afectando a moitas familias por desgraza. No caso da miña familia estamos todos ben, boto de menos mirar aos meus familiares. Miña nai traballa igual porque coida a xente maior, pero no caso de meu pai traballa nun barco de pesca (trae peixe para a xente). Aínda que a empresa na que traballa é de Marín, eles teñen licenza en Nouadhibou (Mauritania). E non sabían o que pasaba no noso país hasta que chegaron a terra e informoulles o sindicato do ocurrido.
Alá xa atoparon tres casos do Covid 19, por iso xa non lle deixaron baixar do barco. Ao meu pai tocáballe vir de vacacións, xa que leva 4 meses faenando, pero agora non sabemos cando regresará porque mentras as fronteiras e os aeroportos estén pechados el terá que quedar no barco. No barco son 18 persoas traballando están todos ben, o malo e que eles non poden ter a distancia necesaria xa que o barco non e moi grande. Que ganas teño de ver a meu pai para achuchalo, botámolo moito de menos. (Pablo Torres 5ºA)
Traballo de matemáticas para 5ºA (14-04-2020)
Enviado por Anónimo o Mar, 14/04/2020 - 12:17Ola, rapaces e rapazas! aquí vos deixo o traballo de matemáticas no arquivo adxunto.
Manualidades dende a casa (22): Xaque Mate (Stop Motion)
Enviado por josean o Mar, 14/04/2020 - 11:48Os alumnos deste colexio son uns monstros, non polo feos que son, senón polas cousas que son quen de facer. Dende Ponteareas os irmáns Vidal Salgueiro, Darío e Breixo, co Stop Motion, enxeño, paciencia e tempo mándannos esta incrible partida de xadrez PUNTO E FINAL
O Mago Daniel
Enviado por josean o Mar, 14/04/2020 - 11:32O Mago Daniel e a súa axudante Clara saúdannos a nós e ao seu equipo de fútbol e amósannos o mellor da súa maxia. Con dous pases da súa variña máxica son capaces de facer desaparecer calquera obxecto. Serían capaces de facer desaparecer o coronavirus para así poder volver todos a vernos? Terán que intentalo!
Dani Quintana de quinto explícanos os pasos que fixeron para elaborar este sorprendente vídeo:
"-Primeiro baixamos a aplicación INSHOT
-Logo fixemos os videos ao revés pensando o que vai a ser o último e onde empezaría o video
-Co programa de edición de video do Ipad IMOVIE pegamos tódolos vídeos e engadímoslle a música.
-E o resultado ABRACADABRA aquí o tedes!!"
LXVII CONCURSO DE MAIOS DE MARÍN
Enviado por josean o Lun, 13/04/2020 - 23:06Como tódolos anos, chegadas estas datas, o Ateneo Santa Cecilia convoca o seu concurso de Maios; este ano por mor das especiais circunstancias que vivimos non imos poder facer o maio e saír con el polas rúas da vila. Pero o que supón un inconveniente é unha oportunidade única para que todos vós poidades aprender a facer a vosa propia copla tanto de barcos como de Maios.
A guía para facer a copla dos maios xa hai uns días que a subimos á nosa páxina web. Para acceder a ela clicade no link seguinte:
Cando as teñades rematadas mandádeas cos vosos datos (Nome, Idade, curso, telefono e correo electrónico se tedes a estoutro correo ceipsequelo@gmail.com)
Lede ben as BASES
Concurso de Maios e Embarcacións 2020 by Josean Pazos on Scribd
ESTADE ATENTOS
Entre mañá e pasado daremos os pasos para construir unha copla de embarcacións sinxeliñas.
Comunicado da Consellería de Educación (13 de abril 2020)
Enviado por xose o Lun, 13/04/2020 - 18:48I Torneo de xadrez online CEP Sequelo
Enviado por xose o Lun, 13/04/2020 - 17:34O martes, día 14 de abril, de 18:00 a 19:00 horas, celebraremos o primeiro torneo de xadrez online, aberto a todo o alumnado do CEP Sequelo, dende 1º a 6º curso. Cantos máis sexamos máis partidas poderemos botar.
Para poder xogar terás que rexistrarte previamente na web Lichess.org, dando un nome de usuario, o contrasinal que ti queiras e unha dirección de e-mail. A seguir terás que elixir o torneo, e pinchar no botón Iniciar Sesión.
As partidas serán de 5 minutos por xogador.
Se che pide un contrasinal para acceder ao torneo escribe: sequelo
Así que ánimo e a participar!
Pdta: Se te animas a participar, apúntate deixando un comentario co teu nome nesta entrada. Grazas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »