Noticias na prensa
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Enviado por Anónimo o Xov, 16/03/2023 - 23:42Fondo de Vídeo Gris Verde Negro Moderno Garabatos Color y Estilo de Ramon Pastoriza
Aprendices de Arqueoloxía
Enviado por xose o Mar, 26/02/2019 - 13:26Noticia publicada no FARO DE VIGO
Dámos a noraboa a Manuel, de 3º, pois grazas á súa iniciativa de remitir unha carta ao Concello con información das súas pesquisas arqueolóxicas, fomos invitados a ver un día o traballo que se fai nas excavacións arqueolóxicas de Marín.
Aqui podemos ler a carta que Manuel redactou e enviou ao concelleiro de Urbanismo:
E nesta fotografía podemos ver a Manuel moi entusiasmado sostendo nas súas mans a contestación por escrito do propio concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos.
Gala OPROCHEF no CEP Sequelo
Enviado por xose o Mar, 27/11/2018 - 17:45O venres 23 de novembro celebrouse a gala de Oprochef no CEP Sequelo. Esta festa está patrocinada por OPROMAR, a Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Marín, e ten por obxectivo promocionar o consumo de peixe fresco entre a poboación.
O noso alumnado foi invitado a participar nun concurso onde presentaron recetas orixinais de peixe fresco. Dez recetas pasaron á gran final, para seren elaboradas e degustadas por un xurado para elixir as mellores. Houbo grandes premios!
A noticia publicouse na prensa galega. Noticia no Faro de Vigo
E tamén en La Voz de Galicia
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE MAIOS TRADICIONAIS
Enviado por josean o Xov, 23/04/2015 - 23:10É de agradecer a boa disposición de Xosé de Vilas e Antón do Grupo Cultural Ronsel de Seixo para achegarse ao noso colexio e amosarlle aos nenos como se fai o armazón dun maio con elementos do mais natural se non temos en conta os aros de tonel: vimbias para atar, canas do pais...
CELEBRACIÓN DO 40 ANIVERSARIO
Enviado por josean o Mér, 04/06/2014 - 19:0940 anos non se cumpren todolos días, para a ocasión o Equipo de Dinamización da Biblioteca montou unha boa festa onde instalaron varias exposicións, sobre ciencia, tecnoloxía ey literatura, que poderán visitarse durante os próximos 15 días. Varias xeracións de directores, mestres, antigos compañeiros e profesores, moitos deles, reunironse ao abrigo dunha Institución que leva educando marinenses 40 ANOS. Se iso foi asi no 40 ANIVERSARIO, para o CENTENARIO nin vos vou contar o que vai ser aquilo. Parabéns e feliz Aniversario a todos
A nova na prensa:
http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/336617-ceip-sequelo-celebra-...
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/06/04/colegios-sequelo-...
NOVAS DO SEQUELO
Enviado por josean o Dom, 20/04/2014 - 16:51Novas do Sequelo é un xornal ideado polos nenos de 4º A de cara ao 1º de Abril, que xa sabedes a onde van os burros nese día. Por mor de nefastos acontecementos non foi posibel o telo editado nese día. Cun pouco de retraso, pero aquí tedes as noticias inventadas para tal data polos alumnos.
V CONCURSO DO COLEXIO OFICIAL DE XOIEIROS "DÍA DA NAI"
Enviado por josean o Dom, 20/04/2014 - 16:18
XABARÍN 18 NA VOZ DE GALICIA
Enviado por josean o Xov, 17/05/2012 - 16:16O Proxecto Xabarín-18 na Voz de Galicia Edición Vigo.
XLII Concurso de dibuxos de Nadal Ateneo Santa Cecilia na prensa
Enviado por josean o Sáb, 14/01/2012 - 15:58Entre os premiados está un alumno do noso colexio, Ismael Sobral Molanes