Novas
Instrucións do 27 de abril de 2020 para o terceiro trimestre (Consellería de Educación)
Enviado por xose o Mar, 28/04/2020 - 12:34Orientacións provisionais do 17 de abril 2020 (Consellería de Educación)
Enviado por xose o Ven, 17/04/2020 - 19:59Comunicado da Consellería de Educación (13 de abril 2020)
Enviado por xose o Lun, 13/04/2020 - 18:48Aviso familias: vacacións de Semana Santa
Enviado por xose o Sáb, 04/04/2020 - 10:18Durante a Semana Santa (6 ao 13 de abril), ao tratarse dun período de vacacións xa establecido, non se publicarán tarefas para o alumnado na web dinámica nin se avanzarán materias. Esperamos novas instrucións sobre o funcionamento no terceiro trimestre e en canto as recibamos farémolo saber á comunidade escolar.
Asegurádevos de ter instalada e funcionando a aplicación "Abalar Móbil" posto que é unha aplicación básica para poder manteros en contacto cos docentes, recibir as cualificacións do 2º trimestre ou propostas de traballo para os vosos fillos e fillas.
Videotitoriais para docentes e familias sobre servizos dixitais educativos (Consellería de Educación)
Enviado por xose o Ven, 03/04/2020 - 14:45Videotitoriais sobre os servizos dixitais educativos para docentes e familias: abalarMóbil, Agueiro, Webs Dinámicas e videoconferencias Webex
Aula virtual aberta do proxecto Webs Dinámicas (Guías rápidas para usar a Aula Virtual)
Guía para usuarios (profesor) da Aula virtual do centro (CEIP Víctor Seaone)
Creación e xestión de cursos en Moodle (Aula Virtual) do CFR de A Coruña. (Explicacións con vídeos).
Aviso para as familias do alumnado (13/03/2020)
Enviado por Anónimo o Ven, 13/03/2020 - 14:09Dadas as circunstancias excepcionais de pandemia declarada pola OMS o profesorado recomenda que o alumnado realice durante o periodo sen clases actividades como: Repaso dos contidos dados ata o momento nas diversas materias e lecturas variadas.
Para manter a calma adiantamos uns Consellos para organizar a vida diaria na casa durante a cuarentena.
Os profesores póñense en contacto coas familias e o alumnado a través de teléfono móbil, a aplicación Abalar Móbil e e-mail, que tamén están a utilizar para enviar as tarefas para os nenos/as. Estes medios compleméntanse con esta web dinámica, nos blogs dos respectivos cursos:
O alumnado de 5º e 6º está empregando o Edixgal.
Ademais dos cursos, tamén hai blogs de áreas e blogs complementarios (aparecen nos bloques da parte dereita desta web), onde publicaremos tarefas concretas para o alumnado:
Inglés 1º a 4º: Blog de lingua inglesa ( 1º a 4º)
Inglés 5º e 6º: Blog de lingua inglesa (5º e 6º)
Música: Blog de música
Relixión Católica: Relixión Católica
Blog de Relixión Católica: Profe Inés (Shalom)
Educación Física: Educación Física
Blog de Educación Física: Profe Tamara
Blog de primeiro curso: Verdeiroles 1º
Blog de segundo curso: Verdeiroles 2º
Para calquera dúbida poden contactar co profesorado nos seus correos electrónicos.
Por último, no enlace que segue ofrecémosvos actividades de aprendizaxe para utilizar como repaso para todos os cursos, e que iremos actualizando segundo atopemos novidades (estas actividades en ningún caso son obrigatorias):
Calendario escolar 2019-2020.
Enviado por Miguel o Dom, 15/09/2019 - 19:33Facendo clic no seguinte enlace, veredes o Calendario escolar 2019-2020.
Bolsas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo 2018-2019
Enviado por xose o Xov, 13/09/2018 - 09:54Está aberta a convocatoria deste curso para presentar solicitudes de bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
O prazo para presentar as solicitudes de axuda rematan o xoves día 27 de setembro.
Lembren que se deben presentar mediante formulario por internet.
Acceda a toda a información en:
Plano do noso colexio para este curso 2018-2019.
Enviado por admin o Mér, 05/09/2018 - 23:00Aquí podedes ver a situación das aulas para este curso 2018-2019 do noso centro.
Relación libros de texto Curso 2018-19
Enviado por admin o Mar, 26/06/2018 - 10:42No arquivo adxunto tamén está a relación dos libros de texto para o vindeiro curso 2018-19.
Campaña da Asociación Duchenne Parent Project
Enviado por xose o Ven, 02/03/2018 - 14:00O día 28 de febreiro celebrouse o día mundial das enfermidades raras. Dende o CEP. Sequelo damos coñecemento dunha campaña de visibilidade da Asociación Duchenne Parent Project España (DPPE), unha entidade sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, que está formada por nais e pais de nenos afectados pola distrofia muscular de Duchenne (DMD) e a distrofia muscular de Becker (DMB). Na web da asociación atopamos toda a información necesaria: https://duchenne-spain.org
Desde Duchenne Parent Project queren dar visibilidade a esta enfermidade rara para favorecer, dinamizar e promover as investigacións médicas para que se poñan en marcha as terapias que permitan curala. Desde o CEP. Sequelo informámoslle que todos/as os que queiramos colaborar podemos facelo mercando un bolígrafo deseñado a tal efecto, que estará á venda nas tendas de Mimos Animaciones (Ezequiel Massoni nº 36) e na papelería D’Cores (Jaime Janer 52) a un prezo de venda de tres euros.
Proxecto Robótica
Enviado por josean o Xov, 02/11/2017 - 18:02Xa dende hai uns días están connosco os kits de montaxe dos Mbots, un dos cales nos presenta Martina. En nada a choiar con eles.
Relación de libros de texto para o curso 2017-2018.
Enviado por Miguel o Mar, 05/09/2017 - 09:24Aquí tedes a relación dos libros para este curso 2017-2018.
Calendario Escolar 2017-2018.
Enviado por Miguel o Lun, 04/09/2017 - 19:47Aquí podedes ver o calendario para este curso 2017-2018, inclusive os dous días non lectivos en Marín.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6