Plan Dixital
M-Bot: sensor de temperatura
Enviado por josean o Dom, 04/06/2023 - 23:08Partindo da saída do proxecto Ríos, por medio do sensor de Temperatura, co adaptador RJ 25 e co Display de 7 segmentos, logo de programar sinxelamente o Mbot, conseguimos medir a temperatura da auga do río.
Ai Mosa: Duelo ao Sol
Enviado por josean o Dom, 04/06/2023 - 21:47Ai Mosa é o festival de curtametraxes de centros escolares do Morraso. Este ano quixemos estar xunto ao IES María Soliño de Cangas, o IES A Paralaia, o IES As Barxas e o CEIP Reibón de Moaña; e o IES Johán Carballeira de Bueu.
A nosa modesta colaboración é este "Duelo ao Sol"
Papiroflexia con Luis Freire: "Comecocos"
Enviado por josean o Ven, 02/06/2023 - 06:39Outra das entregas de Luis Freire coas que poderás facer multitude de figuras no rico mundo da papiroflexia.
IMPRESORA 3D
Enviado por josean o Xov, 25/05/2023 - 22:55Completamos o proceso de utilización da impresora 3D, os alumnos de 6º deseñan con Tinkercad e exportan a un pendrive en stl.
No ordenador de polos creativos e mediante o Creativity Slicer converten os seus deseños nun Código que o ordenador poida interpretar (SEGMENTACIÓN). Pasan ese código á tarxeta SD da impresora 3D.
Insertan a Tarxeta na Impresora e proceden á Impresión dos seus deseños
LETRAS GALEGAS-2023 TARABELOS E Mª XOSÉ LAMAS
Enviado por Anónimo o Lun, 22/05/2023 - 01:15O martes, 16 de maio, rímonos moito coa gran posta en escea de TARABELOS, teatro de monicreques. O venres, 19 de maio, pechamos a Semana das Letras Galegas co obradoiro de poesía que nos ofreceu Mª Xosé Lamas.
Celebremos o Día das Letras Galegas pero non esquezamos de coidar a nosa lingua cada día do ano. O futuro da lingua depende de nós/de vós. "¡Mil primaveras máis para a lingua galega!"
Vídeo para Fondo Animado con Formas Orgánicas y Garabatos Coloridas Azul y Rosa de Ramon Pastoriza
I PREMIOS VALENTES DO CEIP SEQUELO
Enviado por Ruth o Lun, 15/05/2023 - 18:13Premios boa xente de Ruth PT
A TÉCNICA DO ILUSTRADOR
Enviado por Anónimo o Lun, 15/05/2023 - 10:49O pasado venres, 12 de maio, tivemos o pracer de contar coa presenza do ilustrador Víctor Rivas. Desvelounos algún "secretiño" da súa técnica para debuxar os personaxes.
Entre sesión e sesión, asinou os libros que lle levamos algúns das nosas casas e máis os da biblioteca escolar, nomeadamente os de Ledicia Costas: "Esmeraldina, a pequena defunta", "Escarlatina, a cociñeira defunta".
E rematou esta intensa xornada concedéndolle aos alumnos de 6º unha entrevista para Radio Sequelo.
Grazas, Víctor, polo teu tempo e por facernos a lectura máis divertida. Grazas a Bea(Edit. Anaya) por patrocinar este obradoiro.
Fondo de Vídeo Gris Verde Negro Moderno Garabatos Color y Estilo de Ramon Pastoriza
TeleSequelo do Primeiro de Abril
Enviado por josean o Xov, 20/04/2023 - 15:42April´s fool day, Erster April, Poisson davril....moitos nomes, en toda Europa é co que se coñece ao que en Marín, os nosos devanceiros, coñecían coma "O primeiro de Abril van os burros onde non deben de ir", o día por excelencia das bromas, un día na nosa tradición que como moitos outros foi froito dunha substitución. Para nos celebralo, e grazas aos Poliños Creativos de 6º, editamos este Telexornal Local, cheo de Fake News.
Chroma (que debería ser máis grande), focos, cámara de video Panasonic.... Sacando músculo e dándolle uso ao material dos Polos.
Kopa Deportes nº 6
Enviado por josean o Mar, 18/04/2023 - 22:01Neste sexto programa de KopaDeportes, o programa deportivo do Sequelo, entrevistamos a Aylen e Iria, alumnas de sexto, que practican case "profesionalmente" o fútbol.
LEGO WEDO en 1º de primaria
Enviado por xose o Mar, 28/03/2023 - 12:06O alumnado de 1º de primaria experimentou hoxe coa programación de robots utilizando o kit de LEGO WeDo. Tiveron que seguir catro pasos:
1. Construír un caracol utilizando a tablet onde figuraban as instrucións,
2. Conectar o robot á tablet mediante bluetooth
3. Escribir a programación utilizando bloques
4. Comprobar que funciona!
E podemos dicir que o pasaron moi pero que moi ben!! Descubriron que podían cambiar cores, escoller sons ou mesmo gravarse a si mesmos para incluír as súas voces na programación.
Programación con Lego WeDo
Enviado por xose o Mar, 14/03/2023 - 20:08Hoxe o alumnado de 2º de primaria traballou en grupos de tres co kit de robótica de LEGO WeDo, construíndo un muíño de vento e programando o movemento das súas aspas. Para iso axudámonos coas tablets do cole, que tiñan instalada a aplicación WeDo 2.0 coas instrucións para a construción e as suxestións para a programación.
Edixgal, Folleto xeral e Seguro Anual
Enviado por josean o Mar, 20/09/2022 - 17:44Se premedes enriba da imaxe accederedes ao pdf onde se detalla todo o referido ao proxecto e especialmente como contratar o Seguro
A web CEIP Sequelo no teu teléfono móbil
Enviado por xose o Lun, 23/05/2022 - 12:00Animamos a todas as familias a seguir dende o seu teléfono móbil as noticias que se van publicando na web de CEIP Sequelo.
O procedemento a seguir consiste en instalar no móbil unha aplicación como RSS READER, descargándoa de Play Store e configurala como se indica no vídeo seguinte.
Seres Mitolóxicos Galegos en código QR
Enviado por josean o Mér, 10/11/2021 - 22:40Descifra o código QR feito por Aylen e que insertamos un pouquiño máis abaixo cun dispositivo móbil e déixanos un comentario co teu nome e curso co nome e o número da personaxe mitolóxica que aparece no video debaixo do código