PROCEDEMENTO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS

De acordo coa ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a Ordenación e o Currículo da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

O procedemento de revisión no centro é o seguinte: 

As nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumno que non estean de acordo coas cualificacións finais ou decisións de promoción adoptadas na avaliación final, poderán solicitar cantas aclaracións consideren precisas á persoa titora ou ao profesorado. Segundo o recollido neste documento. 

No caso de que persista o desacordo poderán solicitar por escrito á dirección do centro  a revisión da devantida cualificación ou decisión, no prazo de dous días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.

REVISIÓN CUALIFICACIÓN FINAL 

As nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumno que non estean de acordo coas cualificacións finais poderán presentar reclamación por escrito ante dirección, quen lla derivará ao titor ou titora que o comunicará ao equipo docente. 

No prazo máximo de dous días hábiles dende a finalización do prazo de presentación de reclamacións, o equipo docente, nunha sesión extraordinaria, analizará as reclamacións presentadas e elaborará un informe no que se recolla a descrición dos feitos e as actuacións previas, así como a decisión adoptada de ratificar ou modificar a cualificación final obxecto de revisión.

O equipo docente analizará o informe elaborado pola persoa docente que impartiu a área obxecto de revisión e contrastará as actuacións seguidas no proceso de avaliación da alumna ou do alumno co establecido na programación didáctica. Estas actuacións deberán recollerse nun informe con especial referencia aos seguinte aspectos:  

- Adecuación dos contidos e criterios de avaliación.

- Adecuación dos procedementos e instrumentos de avaliación.

- Correcta aplicación dos criterios de cualificación establecidos na programación didáctica.

- Decisión motivada da ratificación ou modificación da cualificación final obxecto da revisión.

O equipo docente trasladará á dirección do centro o informe quen emitirá resolución coa decisión razoada. Esta resolución comunicarase por escrito ao pai, á nai ou á persoa titora legal no prazo máximo do día lectivo/hábil seguinte. Esta decisión porá fin ao procedemento de revisión das cualificacións finais.

REVISIÓN DA PROMOCIÓN

Cando a solicitude re revisión teña por obxecto a decisión da promoción ou titulación adoptada para un alumno ou alumna, celebrarase unha reunión extraordinaria no prazo máximo de dous días lectivos/ hábiles, dende a finalización do período de solicitude de revisión. Na reunión revisarase o proceso de adopción de dita medida, tendo en conta as alegacións realizadas.

A acta da sesión extraordinaria recollerá a descrición dos feitos e actuacións previstas.

O equipo docente trasladará á dirección do centro o informe quen emitirá resolución coa decisión razoada. Esta resolución comunicarase por escrito ao pai, á nai ou á persoa titora legal no prazo máximo do día lectivo/hábil seguinte. Esta decisión porá fin ao procedemento de revisión da decisión de promoción.

No caso de que esta revisión dese lugar á modificación dalgunha cualificación ou decisión, a persoa titular da secretaría, co visto bo da dirección do centro, anotará nas actas de avaliación, e no seu caso, no expediente e historial académico, a oportuna dilixencia.

Os interesados teñen dereito a unha copia do expediente de revisión, que se lle remitirá, preferentemente, en formato dixital. De persistir o desacordo poden presentar a solicitude de reclamación ante a xefatura territorial.

 

AdxuntoTamaño
orde do 26 de maio de 2023.pdf864.73 KB
modelos_orientativos_1 reclamacion.odt121.59 KB

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.