DÍA MUNDIAL DA RADIO: entrevista a Ángeles Alvariño
O dia 13 de Febreiro celebramos o día Mundial da Radío e malia tela desmontada por mor das obras do centro, os alumnos de 5º foron quen de crear este podcast botando man da gravadora dixital.
Novos desafíos, novas aprendizaxes. Aprenderon a mesturar audio e música no Adobe Audition utilizando o autoduck, de entre todos os proxectos que presentaron, eliximos este de Aitana.
Imaxinaron unha entrevista con Ángeles Alvariño, unha científica que por mor do microproxecto dos volcáns que levamos adiante, lles é de sobra coñecida.
Enviar un comentario novo