Responder ó comentario
Sara Fernández Blanco entrevista ao seu pai
Enviado por josean o Ven, 10/04/2020 - 10:02O pai de Sara, Pablo, ten nestes momentos, nos que estamos confinados nas nosas casas, unha das profesión máis decisivas para que todos nós superemos esta pandemia que nos tocou vivir. El non é enfermeiro, nin meédico, nin celador, nin empregad@ dun supermercado... que todos son importantes, el como moitos dos seus compañeiros encárgase do mantemento das redes informáticas. Imaxinádesvos como sería isto se se viñesen abaixo.
-Naceches en Marín?
-Non, nacín no concello de Cotobade-Cerdedo, na parroquia de Loureiro.
-Cal é o teu traballo?
-Instalador de fibra óptica
-Para que compañía?
-Movistar, pero tamén estiven traballando para Orange e Jazztel
-Cal foi o máximo de vivendas que fixeches nun día?
-10, sen parar dende as 8 da mañá ata as 10 de noite
-Traballaches noutro traballo que non fose telecomunicacións?
-Si, 15 anos de albanel e en tempos difíciles, no que fixese falta
-Gústache o teu traballo?
-Sí, aínda que moitas veces cansa máis o psicolóxico que o físico.
-Que tal levas o traballo nestas circunstancias?
-O traballo non se leva moi ben, cada vivenda é un mundo e non sabes o que te podes atopar nela. Cando entramos nas casas é máis incómodo o traballo, sobre todo psicolóxico; moitos nolo agradecen, polo esforzo.