blogue dexose
Xadrez no Sequelo
Enviado por xose o Xov, 18/10/2018 - 15:55Hoxe xogamos ao xadrez. Foi na hora do recreo. Viñeron Miguel e Víctor, dous monitores do Club de Xadrez de Marín xogar unhas partidas simultáneas, e axudounos o profe Xosé.
Puxemos 15 mesas e taboleiros no patio. Fomos xogar dous nenos/as de cada aula e algúns xogadores de axudantes. Escollemos aos seguintes, que xa saben xogar algo:
1º curso: Raúl e Roi, e axudante Gabriel
2º curso: Antón e Abel, e de axudantes Marcos e Aylen.
3º A: Manuel e Dani / Marcos, Pablo e José Antonio.
3º B: Iván e Pablo / Yesika e Xián.
4º A: Breixo e Gonzalo / Marcela e Rodrigo.
4º B: Breixo e Dani / Roi, Xoel, Sara, Roberto, Rubén e Breixo.
5º A: Darío e Diego / Bryan, Pablo, Noel e Xan.
5º B: Álex e Óscar / Yago e Ángel.
6º A: Nicole e Anás / Fabio, Brais, Gael e Martín.
6º B: Adrián e Marta / Miriam e Pedro.
As partidas estiveron moi disputadas, nalgunhas ganaron os profes e noutras ganamos nós. E como o tempo do recreo non nos chegou aínda botamos media hora máis. Pasámolo moi ben!
Bolsas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo 2018-2019
Enviado por xose o Xov, 13/09/2018 - 09:54Está aberta a convocatoria deste curso para presentar solicitudes de bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
O prazo para presentar as solicitudes de axuda rematan o xoves día 27 de setembro.
Lembren que se deben presentar mediante formulario por internet.
Acceda a toda a información en:
Revista escolar "Falares d@s nen@s" curso 2017-2018
Enviado por xose o Ven, 22/06/2018 - 15:57A última semana do curso entregamos un exemplar da nosa revista a cada un dos alumnos/as do colexio. Nas súas 40 páxinas recollemos traballos do alumnado, excursións, e todo tipo de actividades levadas a cabo durante o curso. Unha felicitación ao seu consello de redacción, integrado por Álvaro, Ángela, Assia, Bryan, Miriam e Uxía.
Gañadores do VI certame de Relato Curto organizado pola FANPA
Enviado por xose o Xov, 14/06/2018 - 11:39Parabéns para Saúl Mariño Recamán que gañou o primeiro premio na categoría de Primaria. Xunto a él outros catro compañeiros resultaron finalistas: Álvaro Pereira Omil, Jorge Fernández Beloso, Martina Pazos Iglesias e Víctor Moreira González, que ademais foi un dos cinco finalistas destacados. É esta a segunda vez, nas súas seis edicións, que este premio recae nun alumno do CEP Sequelo.
A noticia aparece publicada no Diario de Pontevedra.
E tamén aparece publicada no blog Cousas de Carragal, de Marín.
Impresión dun dos finalistas:
"Eu fun ao acto, moi nerviosa, porque non quería ler o meu relato diante de moitas persoas. Fun coas miñas curmáns, a miña nai e o meu pai. Ao chegar, vin que había 5 persoas de xurado, mais 4 micrófonos, aquilo fixo que me sentira máis nerviosa aínda. Ao final só os gañadores tiñan que leer o seu relato. Agasalláronnos a cada un de nós cos libros onde estaban os nosos relatos.
Todo o acto acabou cunha canción dun coro da Academia de Ópera de Pontevedra".
Os ganadores das distintas categorías
Visita ao IES Illa de Tambo
Enviado por xose o Mar, 12/06/2018 - 22:59O pasado luns os alumnos e alumnas de 6º curso fomos coñecer o IES Illa de Tambo. Visitamos algunhas das súas dependencias: o laboratorio de Física e Química, o pavillón polideportivo, o salón de actos, a biblioteca, e tamén visitamos dúas aulas de 1º de ESO onde atopamos a moitos compañeiros do curso pasado.
Ao saír fixemos a foto de grupo.
Obra de teatro
Enviado por xose o Mar, 29/05/2018 - 11:25O día 16 de maio os alumnos de 5º de primaria fixemos unha obra de teatro. Esta obra esta adicada a María Victoria Moreno.
María Victoria Moreno naceu en Cáceres, adicouse a escribir contos infantís e tamén era profesora. Na obra está representada a vida de María Victoría Moreno.
Espero que vos gustara.
Día do Libro 2018: "O río dos libros"
Enviado por xose o Mér, 23/05/2018 - 18:49Despois de adoptar un libro con motivo do Día do Libro, realizamos a actividade "O río dos libros" que consistiu en cubrir unha ficha en forma de libro na que debiamos poñer uns datos do libro adoptado: Título, autor, data de publicación, editorial, tema do libro e un pequeno resumo. Recopilamos todas as fichas nuns murais en forma de río aos que titulamos "O río dos libros".
Respostas á enquisa sobre o cultivo da horta
Enviado por xose o Mar, 03/04/2018 - 22:34Un total de 64 alumnos/as responderon á enquisa sobre o cultivo da horta. Estes son os resultados:
1. Cales son as túas verduras ou hortalizas preferidas? (Podes marcar como máximo 5)
. As patacas (85% dos alumnos/as escolleron as patacas)
. As fresas (76%)
. As cenouras (60%)
. Os tomates (51%)
. A leituga (33%)
. Os pementos de Padrón (32%)
2. As plantas necesitan alimentarse, precisan de auga e outros nutrintes que é preciso engadir á terra, que tipos de abonos coñeces? Marca os que coñezas.
. Esterco de animais (93%)
. Compost (69%)
3. Sabes como se fai o compost? Explícao.
. Con restos orgánicos (vexetais, de comida, etc.) que fermentan durante un tempo. (63%)
4. As plantas necesitan auga e por iso é necesario regalas. Especialmente no verán, que horario che parece o mellor para regar as plantas?
. Pola mañanciña e ao mediodía (49%). (A resposta correcta era pola mañanciña e á tardiña).
5. Por que pensas que é necesario cavar a terra antes de plantar?
. Para airear a terra, así as raíces penetran mellor e absorben máis os nutrintes (73%)
6. Os teus pais ou os teus avós teñen unha horta?
. Si (87%)
7. Axudaches algunha vez a traballar nunha horta?
. Si (88%)
8. Paréceche boa idea cultivar unha horta no CEP Sequelo?
. Si (87%)
Experiencias con robótica nas aulas
Enviado por xose o Mar, 03/04/2018 - 17:52ROBÓTICA NAS AULAS
Robótica na aula, blog de robótica do mestre de educación infantil Óscar Abilleira, do CEIP Pedro Antonio Cerviño. Múltiples experiencias de traballo co BEEBOT nun aula de educación infantil.
INVENTOS CON SENSORES E PLACA
Alarma de porta, titorial en Youtube
Titoriais en Youtube de retos con mblock.
Campaña da Asociación Duchenne Parent Project
Enviado por xose o Ven, 02/03/2018 - 14:00O día 28 de febreiro celebrouse o día mundial das enfermidades raras. Dende o CEP. Sequelo damos coñecemento dunha campaña de visibilidade da Asociación Duchenne Parent Project España (DPPE), unha entidade sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, que está formada por nais e pais de nenos afectados pola distrofia muscular de Duchenne (DMD) e a distrofia muscular de Becker (DMB). Na web da asociación atopamos toda a información necesaria: https://duchenne-spain.org
Desde Duchenne Parent Project queren dar visibilidade a esta enfermidade rara para favorecer, dinamizar e promover as investigacións médicas para que se poñan en marcha as terapias que permitan curala. Desde o CEP. Sequelo informámoslle que todos/as os que queiramos colaborar podemos facelo mercando un bolígrafo deseñado a tal efecto, que estará á venda nas tendas de Mimos Animaciones (Ezequiel Massoni nº 36) e na papelería D’Cores (Jaime Janer 52) a un prezo de venda de tres euros.
O CEP Sequelo participa na LIGA LEGO Jr de Galicia
Enviado por xose o Mér, 21/02/2018 - 00:00O sábado día 17 de Febreiro participamos na Liga LEGO Junior de Galicia, celebrada no Auditorio de Ferrol.
Quen formou o noso equipo?
O noso equipo estaba formado por catro nenos e o adestrador. Eran Darío e Noel de 4º curso e Xoel e Breixo de 3º curso.
Cal foi o tema da investigación?
Nesta edición o tema a traballar era o ciclo da auga e investigar como mellorar para reducir o consumo humano da auga.
Que utilización da auga escollemos?
Escollemos o uso da auga para APAGAR INCENDIOS, porque cando comezamos no mes de outubro uns incendios coma nunca se vira arrasaron Galicia.
En que consistía o traballo?
Tiñamos que elixir un uso da auga, buscar información, elaborar unha maqueta con pezas LEGO para explicar a nosa solución ao problema e expoñelo cun mural informativo diante dun xurado científico. A maqueta debía conteñer unha parte robotizada, ou motorizada, con programación propia.
Como foi o proceso do noso traballo?
1. Construímos unha bomba de auga que nos deron coa inscripción na Liga.
2. Buscamos información sobre de onde vén a auga que consumimos en Marín. Descubrimos que chega do río Lerez e do encoro de Pontillón do Castro. Buscamos información en internet, fixemos unha excursión ata o nacemento do río Lérez na Serra do Candán, visitamos o encoro de Pontillón, entrevistamos a operarios de Viaqua, etc.
. Así soubemos que a auga que consumimos en Marín provén do río Lerez, que nace na serra do Candán e desemboca na ría de Pontevedra. O río Lerez abastece tamén os concellos de Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Bueu, cun total de máis de 150 mil habitantes. O consumo medio diario de auga é duns 30.000 metros cúbicos.
3. Discutimos as ideas para deseñar a maqueta.
4. Construímos a primeira maqueta con plastilina.
5. Construímos a maqueta definitiva.
6. Elaboramos o mural explicativo do noso proxecto.
Que tiña a nosa maqueta?
Pois na nosa maqueta tiñamos representado unha montaña, un río, un encoro, un bosque con cabana de gardabosques, e varios equipos de extinción de incendios, como un helicóptero, un camión de bombeiros, dous hidroavións e un super todoterreo con canón lanzador de auga xiratorio de 360 graos. O noso todoterreo estaba motorizado e tiña un programa para que avanzase superando todos os obstáculos que atopase.
Como foi a presentación do noso traballo en Ferrol?
Chegamos ao Auditorio sobre as 9:00 da mañá. Os organizadores ensináronnos as instalacións e o lugar onde expoñer os traballos de todos os equipos junior, que eramos un total de dez de toda Galicia. Alí expuxemos o noso traballo durante toda a mañá.
Cando chegou o noso turno fomos á sala de exposicións, onde durante uns cinco minutos e diante do xurado científico explicamos o noso proxecto e a nosa maqueta. Ao rematar fixéronnos unhas preguntas e listo.
E os premios?
Si, todos gañamos premios, unha medalla para cada membro e un diploma. No noso diploma concedéronnos o premio á mellor construción anovadora.
Felicitacións a organización!
A organización foi perfecta. Había máis de 70 voluntarios e un mago que presentaba os actos, animaba e facía trucos de maxia. Neste torneo tamén participaron 14 equipos dos maiores (de 10 anos en diante) que tiñan que facer robots e competir para ver que robot funcionaba mellor.
Pola tarde, visita ao campus industrial da Universidade de Ferrol
Estivo xenial! Puidemos visitar instalacións como:
- O túnel do vento
- O robot de raios láser
- O canal xerador de ondas de auga
- O laboratorio de robótica
- O laboratorio de automoción
- e un montón de experimentos científicos...
Fotos da visita ao Campus Industrial de Ferrol
Páxina de Facebook da organización!
Charla para pais e nais sobre acoso escolar
Enviado por xose o Mér, 17/01/2018 - 12:28O martes día 16 de xaneiro o policía José Amedo impartiu unha charla sobre o tema do acoso escolar dirixida aos pais e nais do alumnado de 5º e 6º cursos do noso centro. En primeiro lugar temos que felicitarnos pola numerosa asistencia de pais e nais, rondando as 20 persoas, cando noutras charlas sobre o mesmo tema a asistencia soe ser moito menor.
O poñente explicounos en que consiste o acoso escolar e cales son os tres protagonistas para que exista situación de acoso: vítima, agresor e espectadores. O acoso escolar prodúcese cando de xeito reiterado durante un periodo de tempo unha vítima é obxecto de agresións (físicas, verbais, psicolóxicas, etc.) por parte dun agresor e esa situación é mantida pola existencia de espectadores, outros compañeiros/as que consinten esas agresións e non as denuncian. Un episodio puntual de agresións non se considera acoso escolar. En todos os centros educativos existe un protocolo de actuación que se pon en marcha cando se detecta unha situación de acoso.
O poñente centrouse moito no tema do ciberacoso, é dicir, situacións de acoso que se producen cando utilizamos internet. Hoxe en día existe un risco grande de que calquera dos nosos fillos e fillas padeza nalgunha medida situacións de ciberacoso, ou ao menos sexa testigo delas. Moitos pais e nais non son conscientes dos perigos de navegar por internet, que para poñer un exemplo, son similares aos que nos expoñemos cando andamos polas rúas. Cando saímos á rúa e temos que cruzar a calzada utilizamos os pasos de peóns e miramos aos lados para ver se veñen coches. Ese mesmo tipo de precaucións deberiamos utilizalas en internet, tendo coidado coa información que compartimos, coidado de relacionarnos con persoas descoñecidas, etc. Cando andamos pola rúa non imos berrando a nosa vida privada para que todo o mundo se entere, pero sen darnos conta podemos facelo cando compartimos a nosa información nas redes sociais.
Na web de OSI (Oficina de Seguridade do Internauta) atopamos unha excelente guía de recomendacións para pais e nais, en formato pdf de 25 páxinas. As recomendacións veñen dirixidas por grupos de idades dos fillos: de 3 a 5 anos, de 6 a 9 anos, de 10 a 13 anos e para maiores de 14 anos. Recomendamos a súa lectura.
Lecturas para este Nadal e para 2018
Enviado por xose o Mar, 19/12/2017 - 18:40GUÍA LECTURAS INFANTIL
GUÍA LECTURAS PRIMARIA
Enquisa : Que sabes do cultivo dunha horta?
Enviado por xose o Lun, 18/12/2017 - 18:17Neste curso teremos dous bancais para preparar a nosa horta. Pero antes de comezar gustaríanos coñecer canto saben os alumnos e alumnas do CEP Sequelo acerca do cultivo dunha horta. Se pinchas na imaxe accedes a unha enquisa onde terás que contestar 8 preguntas e enviala.
Moitas grazas.
Proxecto de educación emocional "Viaxe ao reino das emocións"
Enviado por xose o Mér, 06/12/2017 - 00:58Crónicas de Narnia (II): O león, a bruxa e o roupeiro
Enviado por xose o Sáb, 25/11/2017 - 16:08
Ola amigos, este libro trata sobre catro irmáns que descobren un mundo máxico, Narnia. Acceden a Narnia por un roupeiro máxico. Todos xuntos coa axuda de Aslan, o león, intentan derrotar a Bruxa Branca. O libro é moi emocionante, a bruxa mete moito medo, pero ten un final feliz. Seguro que vos encanta! Breixo V. 3º B |
Recursos 5º e 6º
Enviado por xose o Ven, 10/11/2017 - 22:44ACTIVIDADES MULTIDISCIPLINARES
Actividades LIM
Mundo Primaria : Portal de xogos educativos e didácticos para a etapa de Primaria.
Code.org : Magnífica web para aprender programación básica para todos, ofrece catro cursos básicos a partir de 4 anos de idade.
Repositorio de contidos Abalar : Actividades online, só é preciso seleccionar a etapa, curso e materia que desexamos e teremos á nosa disposición moitas e variadas actividades.
Repositorio de contidos Abalar Dixit: Actividades online, só é preciso seleccionar a etapa, curso e materia que desexamos e teremos á nosa disposición moitas e variadas actividades.
ÁREA DE MATEMÁTICAS
ProblemáTICas Primaria : web para traballar a resolución de problemas (Premio ITE 2009), elaborada por Juan García Moreno.
Así calculamos en mi cole, Actividades de cálculo, dando primacía ao pensamento e a expresión oral do mesmo. Autor: Juan García Moreno // CEIP. Blas Infante // Lebrija (Sevilla)// 2010 - 2011.
Matemáticas Primaria, Con rigor didáctico e da maneira máis amena, motivadora e creativa posible, pretende facilitar unha actividade matemática orientada como saber facer autónomo e favorecer o desenvolvemento do gusto polo descubrimento mediante actividades e manipulacións que constitúen o inicio razonable dun coñecemento matemático. Autor: Juan García Moreno.
Didáctica das Matemáticas en Primaria, de Juan García Moreno. Manipulables virtuais de matemáticas. Na liña das anteriores, moi boa.
Por un ensino-aprendizaxe da matemática que integre as TICs con fundamento didáctico, baseada na ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, a análise crítica do currículo, o desenvolvemento de competencias e o fomento da CREATIVIDADE.
Lingua Galega e Castelá
FICHAS PARA LER E CONTESTAR PREGUNTAS
Plan de lectura interactivo, CEIP de LORETO, Fonte: M.C.E.P.-G.T. SEVILLA (1986)
Deseño e Actualización: Rafael González Moreno (2008). Colección de 100 textos de tipoloxía variada para traballar a comprensión lectora, para todos os cursos de primaria. Descargables en pdf.
Fondo lector é un programa online de desenvolvemento da lectura comprensiva dirixido a alumnos que se atopan na fase de aprendizaxe lector e sobre todo a aqueles con problemas de comprensión lectora. Consta de tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Os exercicios son do seguinte tipo:
Ordenar as palabras dunha frase
Ordenar unha secuencia de frases
Responder a preguntas dunha lectura
Relacionar unha palabra co seu sinónimo
Relacionar unha palabra con seu antónimo
Atopar unha palabra que non garda relación coas demais
Comprensión lectora, colección de 100 fichas con textos e preguntas para cada un dos ciclos de primaria, para contestar online. Recollida na web do CEIP de LORETO.
Comprensión lectora (prácticas de lectura intensiva), con actividades para ordenar unidades, completar textos, relacionar textos e/ou unidades, discriminar información, etc.
Recursos 3º e 4º
Enviado por xose o Ven, 10/11/2017 - 22:39ACTIVIDADES PARA TODAS AS MATERIAS
Actividades LIM
Para todos os cursos e materias.
Mundo Primaria : Portal de xogos educativos e didácticos para a etapa de Primaria. Para todas as materias.
Repositorio de contidos Abalar : Actividades online, só é preciso seleccionar a etapa, curso e materia que desexamos e teremos á nosa disposición moitas e variadas actividades.
ÁREA DE LINGUAS
FICHAS PARA LER E CONTESTAR PREGUNTAS
Plan de lectura interactivo, CEIP de LORETO, Fonte: M.C.E.P.-G.T. SEVILLA (1986)
Deseño e Actualización: Rafael González Moreno (2008). Colección de 100 textos de tipoloxía variada para traballar a comprensión lectora, para todos os cursos de primaria. Descargables en pdf.
APLICACIÓNS ONLINE PARA TRABALLAR NO ORDENADOR
Fondo lector é un programa online de desenvolvemento da lectura comprensiva dirixido a alumnos que se atopan na fase de aprendizaxe lector e sobre todo a aqueles con problemas de comprensión lectora. Consta de tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Os exercicios son do seguinte tipo:
Ordenar as palabras dunha frase
Ordenar unha secuencia de frases
Responder a preguntas dunha lectura
Relacionar unha palabra co seu sinónimo
Relacionar unha palabra con seu antónimo
Atopar unha palabra que non garda relación coas demais
Comprensión lectora, colección de 100 fichas con textos e preguntas para cada un dos ciclos de primaria, para contestar online. Recollida na web do CEIP de LORETO.
Comprensión lectora (prácticas de lectura intensiva), con actividades para ordenar unidades, completar textos, relacionar textos e/ou unidades, discriminar información, etc.
ÁREA DE MATEMÁTICAS
ProblemáTICas Primaria : web para traballar a resolución de problemas (Premio ITE 2009), elaborada por Juan García Moreno.
Así calculamos en mi cole, Actividades de cálculo, dando primacía ao pensamento e a expresión oral do mesmo. Autor: Juan García Moreno // CEIP. Blas Infante // Lebrija (Sevilla)// 2010 - 2011.
Coñecemento do medio
Recursos 1º e 2º
Enviado por xose o Ven, 10/11/2017 - 00:22MULTIDISCIPLINARES
Actividades LIM:
Moitas actividades para todos os cursos e de todas as materias
Mundo Primaria : Portal de xogos educativos e didácticos para a etapa de Primaria.
Repositorio de contidos Abalar : Actividades online, só é preciso seleccionar a etapa, curso e materia que desexamos e teremos á nosa disposición moitas e variadas actividades.
ÁREA DE LINGUAS
FICHAS PARA LER E CONTESTAR PREGUNTAS
Mis lecturas de 1º y 2º, , pdf de 226 páxinas, con selección de textos coas súas respectivas preguntas de comprensión lectora, Servizo de Inspección de Sevilla.
12 fichas de Comprensión lectora directa. Seguir las indicaciones. 1º ciclo EP, en formato Zip, para descargar, recollido da web ladislexia.net
200 fichas de colección de textos curtos para 1º e 2º de primaria, clasificados segundo tipo de actividades, no blog aula PT.
APLICACIÓNS ONLINE PARA TRABALLAR NO ORDENADOR
Comprensión lectora, colección de 100 fichas con textos e preguntas para cada un dos ciclos de primaria, para contestar online. Recollida na web do CEIP de LORETO.
ÁREA DE MATEMÁTICAS
Problemazos baseunha, Atrévete a resolver estes curiosos problemas!
Maremáticas, matemáticas divertidas.
ProblemáTICas Primaria : web para traballar a resolución de problemas (Premio ITE 2009), elaborada por Juan García Moreno.
Así calculamos en mi cole, Actividades de cálculo, dando primacía ao pensamento e a expresión oral do mesmo. Autor: Juan García Moreno // CEIP. Blas Infante // Lebrija (Sevilla)// 2010 - 2011.
Centros Adscritos
Enviado por xose o Mér, 08/11/2017 - 18:52- O noso centro adscrito é a EEI O GRUPO
Dirección: Rúa Concepción Arenal 40, Marín, Pontevedra
Correo electrónico: eei.ogrupo@edu.xunta.es
- O CEP Sequelo está adscrito ao IES ILLA DE TAMBO
Dirección: Rúa A Estrada s/n, á beira da igrexa nova.
Teléfono: 986 880 158
Correo electrónico: ies.illa.tambo@edu.xunta.es
. Web Dinámica do IES Illa de Tambo
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »