Xuño 2020
As palmas (Música - Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mar, 09/06/2020 - 10:47Hoxe vamos traballar un pouco de coordinación, Iker propón o xogo que eu coñezo como “CHOCOLATE”, pero ten moitas máis denominacións, só precisades unha parella e moitas ganas de rir, podedes aumentar a velocidade de execución, o número de participantes, podendo ser un trío, grupos de catro, cinco…
En este vídeo explícanvos como son os pasos para iniciarvos en “chocolate”, espero que o practiquedes moito.
Recompilación "Hoxe aplaudimos a..."
Enviado por Anónimo o Mar, 09/06/2020 - 09:28PROGRAMACIONS DIDÁCTICAS 3º TRIMESTRE ADAPTADAS
Enviado por Anónimo o Lun, 08/06/2020 - 15:30Zapatilla por detrás (Música - Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Lun, 08/06/2020 - 09:28Comezamos a semana, e temos que iniciala con enerxía e moitas ganas de pasalo ben, a proposta para hoxe é de Rodrigo que nos explica un xogo que creo que moitos e moitas coñecedes, neste caso, poderemos xogar, sempre que gardemos a distancia de seguridade, polo que teremos un corro moi grande.
Só precisamos unha zapatilla, que lle poderemos roubar a un ou unha xogadora, ou substituíla por calquera obxecto. Encontrei este vídeo en youtube, pero hai moitos máis, onde varía a canción ou algunha outra norma do xogo.
Esperamos que vos gustara a proposta de hoxe e que nos sigades enviando moitos máis “xogos cantados”.
LENGUA CASTELLANA (08-06-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Dom, 07/06/2020 - 22:11Bos días!
Que tal a fin de semena?
Xa sei que os días comezan a pesar e que cada vez é máis dificil prestar atención e realizar as tarefas, por iso, estou pensando en que esta semana sexa a derradeira que vos mande traballo. Así, a semana do 15 ao 19, poderedes poñervos ao día se é que tendes traballo pendente. Aos que non tendes nada atrasado, mandarei traballo igualmente pero será opcional e non mo teredes que enviar, de acordo?
Pois veña!!! Un último esforzo!! Debedes de estar orgullosas e orgullosos do traballo que estades realizando!!
Gracias e iunha aperta!!
Entrevista a Stephan Dohr
Enviado por josean o Dom, 07/06/2020 - 21:02A petición de Laura Arribas López, contactamos cun dos máis grandes interpretes actuais de trompa, o músico alemán Stephan Dohr, que amablemente, se deixou entrevistar pola nosa alumna, que ademáis toca o mesmo instrumento. Stephan contestou dende Alemania ás catro preguntas que Laura lle fixo.
Tarefa 4º primaria semana do 8 ao 12 de xuño
Enviado por Menchi o Dom, 07/06/2020 - 19:56VIDEOCONFERENCIAS
Una semana más empezamos con las reuniones a través de cisco webex, os dejamos el horario:
lunes a las 11:30h. 4ºB con la profesora Menchi
martes a las 12:30h. 4ºA con la profesora Loli
miércoles a las 11:30h. 4º B con la profesora Menchi
jueves a las 10:00h. 4º A con la profesora Loli
a las 11:30h. 4º B con la profesora Vanesa
viernes a las 11:30h. 4º A con la profesora Vanesa
GALEGO
Ola rapaces e rapazas:
O curso xa está a piques de rematar e, supoñemos , que as ganas de facer tarefas tamén van minguando. Por iso, esta semana ímosvos propoñer algo máis divertido.
Queremos que vos convertades en periodistas intrépidos e que entrevistedes a unha muller do voso redor, podendo ser que teña algunha relación co mar ( redeira, muller de mariñeiro, mariscadora, traballadora de conserveiras…) Xa que algún dos vosos avós xa estiveron no colexio contándovos como foi a súa vida de mariñeiro ou de traballador relacionado con algunha tarefa do mar, nesta ocasión queremos que as protagonistas sexan ELAS, as mulleres.
Si algún de vós non coñece a ninguna muller relacionada co mundo do mar, pode facerlle a entrevista a súa avoa, nai, veciña… para saber como foi a súa vida.
Antes de lanzarte a facer a entrevista , refresquemos a memoria :
1º . Que é unha entrevista?
Unha entrevista é unha conversación para obter información dun tema o dunha persoa acerca da súa vida, do seu traballo, etc., mediante unha serie de preguntas.
A persoa que fai as preguntas chámase entrevistador e a persoa que responde chámase entrevistado.
Para realizar unha entrevista é necesario coñecer o tema e preparar as preguntas.
2º. Localiza en internet algunha entrevista realizada a persoas famosas e fíxate no tipo de preguntas, linguaxe corporal, estrutura etc.
3º. Agora xa podes comezar a entrevista: Leva preparadas as preguntas que queres facer e anota as respostas; se queres podes grabala co teléfono e logo pasalas a limpo.
4º Por último, revisa de novo a entrevista . Recorda empregar os signos de interrogación e exclamación para dar énfase ao texto e acórdate de facer o debuxo da persoa que entrevistaste
LENGUA CASTELLANA
Empezamos con dos fichas con reglas ortográficas: uso de la j/g palabras con mp/mb y terminamos con una comprensión lectora
MATEMÁTICAS
Esta semana repasaremos el dinero, como ya sabéis la moneda que usamos actualmente en gran parte de la Unión Europea es el Euro (€). Como bien sabéis un Euro (€) tiene 100 céntimos y las cantidades pueden expresarse con un número decimal. Para repasar empezamos con un vídeo :
para terminar unas fichas :
Repaso monedas de euro El euro El dinero Visitamos el botánico
Mucho ánimo !!!
RECOPILATORIO DAS ENTREVISTAS REALIZADAS POLOS NENOS:
LISTAXES ALUMNADO ADMITIDO
Enviado por Anónimo o Dom, 07/06/2020 - 11:21As familias que solicitaron praza para o vindeiro curso 2020-2021, para 1º de primaria, poden consultar na Secretaría do colexio a listaxe provisional de alumnado admitido tralo proceso de baremación polo Consello Escolar. O periodo de reclamación é de tres días habiles.
Non demais cursos non foi necesario efectuar este proceso porque as solicitudes non superaron o número de vacantes existentes, polo cal foron admitidas todas as presentadas.
El Puerto de Marín
Enviado por Menchi o Sáb, 06/06/2020 - 20:51A continuación os presentamos el trabajo recopilatorio sobre la descripción del puerto de Marín que hicieron los alumnos de 4º B. Esperamos que os guste
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »