Abril 2020
Tarefa 4º primaria semana do 13 ao 17- abril
Enviado por Menchi o Mér, 15/04/2020 - 21:26Ola familias:
Primero apuntar as reunións coas titoras a través da aplicación de jitsi meet o xoves 16 de abril as 18:00 horas con 4º B e as 19: 00 horas con 4º A
MATEMÁTICAS
Déixovos unhas actividades para que repasedes matemáticas, a primeira é un kahoot (facede click enriba da palabra subliñada) para que practiquedes a descomposición e a segunda dúas fichas interactivas de multiplicacións e divisións por cero e operacións combinadas. No kahoot como usuario tedes que por o nome e o curso, non poñades motes. Ao finalizar a ficha seguide estes pasos:
1. Enter your full nam1e name. Escribe o teu nome.
2. Grade. Curso.
Como tódolos anos chega o maio, e aínda que este ano non o celebramos no colexio, o traballo que propoñemos é de investigación para coñecer mellor esta festa tradicional e ademáis cada neno ten que escribir unha estrofa de catro versos.
No arquivo táboa maios tedes unha táboa na que se especifica o traballo que lle corresponde a cada alumno. Cada neno ten que traballar un apartado de investigación, escribir unha estrofa de catro versos dos distintos tipos de coplas (os deixo unha guía das coplas para que entendades mellor a que me refiro).
Tedes ata o luns para entregar o traballo, mediante mail ás seguintes direccións, os de 4ºA - 4ASequelo@gmail.com e os de 4ºB - menchiporto@gmail.com
Moito ánimo!
Traballo recopilatorio das tarefas realizada ao longo da semana polos nenos de 4º ( tedes un adxunto se queredes ampliar a letra do maio)
O Matavelutinas
Enviado por josean o Mér, 15/04/2020 - 18:49Estuda e logo xoga a eliminar velutinas. Para que a variña máxica dispare preme a tecla espazo
Relixión Católica 1º-2º
Enviado por inesduran o Mér, 15/04/2020 - 18:40Terceira Semana de Pascua
Acaba de comezar a PASCUA.
Hai moitos que non saben que a Pascua dura 50 días.
Quizáis algún de vós xa recibiu
unha rosca, un biscoito ou un ovo de Pascua.
Os ovos de Pascua recordan a Vida Nova.
Na primavera todo brota de novo no campo, e é tempo de cría.
Os cristiáns nesta época celebran a RESURRECCIÓN de XESÚS,
e os padriños o saben moi ben.
Déixovos un adxunto dun ovo de Pascua
que podedes imprimir ou COPIAR algún outro.
Se queredes que todos vexamos os vosos ovos
podedes mandarme unha foto ao meu correo: sequeloreligion@gmail.com
POÑEDE o NOME e o CURSO
Tamén os podedes pegar na neveira da cociña
ou nalgunha ventá.
Neste enlace tedes unha idea divertida
para facer con papel un ovo con VIDA
MOITAS GRAZAS MATEO
ERES UN ARTISTA
MOITOS BIQUIÑOS.
FALAMOS COS NENOS PARA RECOÑECER
OS SÍMBOLOS CRISTIÁNS
Actividade de símbolos para facer xuntos:
A cruz, a igrexa, María nai de Xesús...
Arrastra os símbolos e sóltaos na súa caixa
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Practica e mellora o teu xadrez en LiChess
Enviado por xose o Mér, 15/04/2020 - 18:19A plataforma de xadrez Lichess é ideal para mellorar o teu xogo de xadrez, poderás:
- adestrar resolvendo problemas adaptados ao teu nivel
- xogar con calquera xogador do mundo que estea dispoñible
- participar en torneos, etc.
Para poder xogar terás que rexistrarte previamente na web Lichess.org, dando un nome de usuario, o contrasinal que ti queiras e unha dirección de e-mail.
Por outra parte, a Federación Galega de Xadrez, tamén nos ofrece gratuitamente os libros de iniciación e de perfeccionamento, na súa web.
Música dende a casa (17): "O cuco", canta Aitor Moreira de 4ºB
Enviado por Anónimo o Mér, 15/04/2020 - 18:05Aitor Moreira de 4ºB foi o primeiro en animarse a cantar unhas copliñas da cantiga "O cuco", que como xa sabedes nos dedicou Xosé Iglesias Buxán.
Moi ben Aitor, fixéchelo moi ben!!!
E os demais... a que estades agardando? Animádevos!!!
Día Internacional do Ciclista (Ed Física)
Enviado por Anónimo o Mér, 15/04/2020 - 12:44Hoxe 15 de abril, é o Día Internacional do Ciclista, co gallo desta celebración imos realizar unha actividade para aprender un pouco máis sobre como debemos empregar e circular en bicicleta, non podemos saír a practicar na rúa, pero podemos aprender moito moito que pronto o poñeremos en práctica.
Adxunto unha Guía para usuarios de Bicicleta da DGT, para que leades que despois temos un test para demostrar todo o aprendido na guía.
Demostra todo o que aprendiches e sabes neste enlace.
Recordade que tedes grandes ciclistas en Marín.
E para que non todo sexa practicar co ordenador, sabedes cantos xogos podemos facer con un cadrado debuxado no chan? Pensade un pouco todo o que podemos facer con un cadrado, este vídeo mostra uns exercicios de coordinación, espero que vos guste.
E unha actividade de lateralidade tamén toca hoxe "O gato negro", está en pdf para pasalo a papel, pero xa sabedes que non é preciso imprimir, collede unha folla e a traballar!!!
#euficonacasa
#euquedonacasa
Retos en familia (15/04/20) (3º)
Enviado por Anónimo o Mér, 15/04/2020 - 12:14Ola familias!
Retomamos o traballo do trimestre pasado mentres non nos cheguen as instrucción para este final do curso!!
Comezamos cos "Retos en familia". Aí vos van os retos de onte e o de hoxe!
A cabeza non para!!
Vamos!
Música dende a casa (16): Canción orixinal "O cuco", versión karaoke
Enviado por Anónimo o Mér, 15/04/2020 - 11:43Música dende a casa (15): XOSÉ IGLESIAS BUXÁN
Enviado por josean o Mar, 14/04/2020 - 20:11Houbo un tempo en que esta canción inspirada no poema de Manuel María "O Cuco", e con melodía de Suso Vaamonde era ben coñecida polas xentes do pobo. Foi moi popular e a súa gravación en vivo nun concerto en Moaña tivo grande repercusión na nosa zona.
Eses tempos por desgraza xa pasaron, mais Xosé que estivo presente daquela cantando e tocando no concerto, reinterpreta para nós dun xeito maxistral a canción. Non é unha estrea en todo o sentido da palabra, pero case, porque a súa axente artística que é aguda coma un allo, ao pouco de gravala mandouna á TVG con saúdo ao noso colexio e todo.
ANIMÁDEVOS E MANDÁDENOS UN VÍDEO CANTANDO UN ANAQUIÑO DESTA CANCIÓN PARA MANDARLLO AO ARTISTA.
Manualidades dende casa...(24): Muñeco con calcetín. Juan 6ºB
Enviado por Miguel o Mar, 14/04/2020 - 19:33Nesta ocasión, Juan Epifanio Casado mándanos unha manualidade moi chula, un boneco feito cun calcetín. Moi ben.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »