PLAMBE

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Incorporámonos a este programa no curso 2021-2022 cunha dotación de 5.600 euros.

Kopa Deportes

Primeira Emisión de Kopa Deportes o primeiro programa deportivo da Radio Sequelo, realizado polos alumnos de 6º nun día moi especial, o día mundial da radio.  Un programa que nace para perdurar e como eles din na súa cuña.  ESCOITA XA!!

Obradoiro de Consumo "Consellos para un entroido seguro e sen riscos"

Como actividade enmarcada dentro do PDI "Protexo meu planeta! Protéxome eu! realizamos a primeira actividade que ten que ver co Entroido. 

Nada mellor para iniciar un entroido seguro e responsable que  un Obradoiro impartido polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia sobre "Consellos para un entroido seguro e sen riscos"

O alumnado de 5º curso, despois de atender as explicacións e consellos, realizou unha máscara.

 

 

 

 

Día da Paz 2023.

Despois das actividades realizadas nas aulas os días previos, e expostas polos corredores; o pasado día 30 conmemoramos todos xuntos o "Día da Paz", coa canción "O Progresso", e o lema:

"Se ti sorrís o mundo sorrirá"

Radio Paz 2023

Por mor do día da Paz os alumnos de 6º crearon varios programas centrados na Paz con cadansúa cuña, do que este elaborado por Uxía, Ramiro e Aylen, con Enzo e Marcos aos controles é un claro exemplo.

Moi agradecidos aos profes Moisés e Alba polo seu traballo cos nenos.

Un novo Aguinaldo

As conexións entre Portugal e Galicia, malia case 1000 anos de separación, son claras e fortes, especialmente no eido máis tradicional. E é que na procura delas topamos con esta Janeira que o Agrupamento de Escolas Afonso de Paiva de Castelo Branco, utilizaba en Xaneiro do 2022 para felicitar as festas.

O retrouso chamounos moito a atención porque en si non deixa de ser a canción popular de Marín "Os de Marín".  

A partir desta Xaneira e doutras moitas de Portugal, e a través dunha estrutura común a xaneiras portuguesas, e maios e aguinaldos galegos, na clase de 6º crearon un aguinaldo novo, como se fixo dende que o mundo é mundo no eido tradicional, reelaborando o vello para darlle nova vida.

 

Felicitamos as festas

Felicitamos as festas a quen o merece, aos nosos maiores, logo de toda unha vida facendo que as nosas festas estivesen cheas de felicidade, agora é a nosa quenda para devolver inda que sexa un anaquiño e durante un intre moi pequeno.

Non é a primeira vez que o noso centro colabora en distintas actividades co centro Sociocomunitario, participando na súa festa de Nadal ou nos maios. O seu coro ten acudido repetidamente ao noso centro e o noso ao deles. Bo Nadal aos que o merecen!!

 

Nadal co I.E.S Illa de Tambo

Panxoliñas co IES Illa de Tambo

O coro de Nadal do noso colexio

fixo unha saída andando ata

o noso centro adscrtito

IES Illa de Tambo.

 

Foi unha xornada de reencontros.

Convivencia e reencontros

cos compañeiros doutras nadales.

 

Enchemos de panxoliñas o salón de actos

nun concerto de Nadal no que todos participamos.

0 resón dos vilancicos 

interpretados por alumnos e profesoras,

fixo do festival un bo comezo do Nadal

para todos os asistentes.

 

Saíu a pé dende o CEIP SEQUELO-MARÍN un grupo de alumnos de 3º-4º-5º-6º 

Interpretaron catro panxoliñas:

Nadal de Luintra

Os anxeliños do Ceo

Adeste Fideles

Campana sobre campana

 

 Presentando

Naiara e Iván de 6º

 

Moitas Grazas a todos pola vosa ilusión.

Ata o próximo ano.

Nadal no cole. Nadal 2022

Dentro das actividades que forman parte do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!, propuxémonos decorar o cole no Nadal, todo con materiais reciclados e feitos polo noso alumnado. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra:

  • Tradicional concurso de "Tarxetas de Nada" co lema do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
  • Manualidades creadas a partir de diversos materiais reciclados: Belén con cortizas, anxos con rolos, árbore de Nadal con cartóns de ovos.
  • Actividade proposta pola ANPA Aidón: "Adornos navideños con caixas".

Demostrando así que un Nadal sostible tamén é posible!

GUÍAS DE LECTURAS EN GALEGO (E. PRIMARIA)

Un ano máis a Coordinadora de EDLG do Morrazo, pensando sempre nos nenos de tódalas idades, ofrécenos unha selección das mellores novidades de libros en galego. Sería moi recomendable que as súas maxestades os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador se acordasen de traernos a todos algún destes libros ou CDs.

Contacontos "A cebra Camila"

Noa e Antón de 6º fóronlle contar aos nenos de Infantil un conto que a eles lles gustaba moito cando eran tan pequenos coma os de Infantil. Unha experiencia excelente para os alumnos de 6º, tanto como contacontos coma espectadores ou no uso da cámara e a pértiga de son.

Moi agradecidos á profe Andrea pola axuda na preparación da sesión.

Romance da Lavandeira da Noite

As lavandeiras da noite son personaxes mitolóxicas espalladas na tradición popular da península, especialmente polo Norte; son mulleres condenadas a lavar eternamente as roupas ensanguentadas dos seus miniños mortes.  Se as topas de noite no teu camiño e te invitan a retorcer, os alumnos de 6º xa saben que é mellor non negarse e retorcer no mesmo sentido ca elas, para que logo nada che pase.

A partir deste romance que a primeiros do século pasado se recolleu a unha cega en Folgoso (Cerdedo), ademais de cantalo, reestructuran o romance para xogar coa poesía por medio dun acróstico. ADIVIÑADE!!

Era unha noite de lúa

"Era unha noite de lúa clara", consistiu en facer o esforzo narrativo de a partir do romance da Lavandeira da noite, crear logo de coñecer a fondo o feito mitolóxico, novas historias. Estes son só dous dos productos que saíron do taller, a cargo de Marcos Patiño e Kenia del Río.

PDI Protexo o meu planeta! Protéxome eu! Comezamos

Comezamos coas actividades iniciais do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.

Deixámosvos, a modo de resumo, un tríptico informativo de como será a planificación e desenvolvemento  do proxecto ao longo do curso.

Agardamos a vosa colaboración nas actividades que vos iremos propoñendo.

 
Toda a información e traballos realizados co PDI iranse recollendo nunha páxina web creada para este fin "CEIP Sequelo. Curso 2022-2023. Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
 
Podedes acceder premendo no anterior enlace, ou na imaxe que está na columna esquerda desta web; tamén dende o blog da biblioteca.
 

"Puré de Chícharos" de Daniel Neskens

Outro dos clásicos recomendados polos alumnos de 6º. Desta vez Uxía Sanjorge.

As botas vermellas de Karlos Linazasoro

Nos nosos libros recomendados, un clásico que nos trae Aitana de 6º. Botádelle unha ollada na nosa Biblioteca!

Ao redor da danza: entrevista

A TV do Sequelo, por mor, da tradición local de San Miguel, entrevista a Jaime Rodríguez Pazos, que este ano, logo de moito tempo, deixa o seu posto de portaestandarte na procesión de San Miguel e na súa danza, e que ademáis é avó de dous exalumnos do centro.

A contar ovellas de Elvira Pérez

Marcos Patiño de 6º recomenda porque o leu, este libro de Elvira Pérez

Proxecto "Edukasano". Recompilación do traballado

Recompilación do traballado nas distintas etapas do Camiño Portugués para o Proxecto Edukasano, en colaboración co Concello de Marín e a Universidade de Vigo.

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.