Excursión a Arzúa
O pasado venres, 15 de maio, os alumnos/as de 5º de primaria fixemos unha viaxe a Arzúa. Saímos as 9:15 e voltamos as 17:40.
Visitamos o museo do mel e a fervenza de Hortas. No museo fixemos múltiples actividades e aprendemos moitas cousas sobre as abellas e o mel. A fervenza e o seu entorno era espectacular! Tamén vimos o pantano coa súa central eléctrica e o fermoso río Ulla.
Comemos e xogamos ao aire libre. Foi unha xornada xenial. Divertímonos un montón!!!
Enviar un comentario novo