Maio 2020
Un agasallo para Ricardo Carballo Calero
Enviado por Anónimo o Xov, 14/05/2020 - 09:43Dende o CEP Sequelo seguimos festexando ó polivalente Ricardo Carballo Calero ó que este ano se lle adica o "Dia das Letras Galegas".
Esta vez a nosa homenaxe aparece en forma de agasallo. A profesora Inés elaborou os recursos educativos que vos presentamos a continuación co obxectivo de que a vida e obra do autor poida chegar ó noso alumnado dun xeito doado, ameno e de calidade. Prestade moita atención ás ilustracións e mesmo podedes tentar reproducilas!
O primeiro dos agasallos é unha pequena biografía do autor que remata coa poesía "Anxo de Terra" que agocha un interesante segredo...quen será Benito Soto.
O segundo agasallo "As pitas baixo a choiva" que xa está a traballar o alumnado mais cativo do CEP Sequelo é un relato breve que narra unha anécdota do autor. Foi publicado na revista Lar en 1952.
O último dos agasallos é un repaso pola nosa simboloxía a través dun interesante titorial sobre a elaboración da bandeira e escudo de Galicia. A quen lle sairá mellor?
Pensades que a Ricardo Carballo Calero lle houbesen gustado os nosos agasallos?
Unha aperta!
LINGUA GALEGA (14-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Xov, 14/05/2020 - 02:54E COMO É A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS... NON DEIXEMOS DE PRACTICAR E CREAR EN GALEGO!
MOITO ÁNIMO!
MATEMÁTICAS (14-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Xov, 14/05/2020 - 02:51BOS DÍAS!
AÍ VOS VAI UNA DE MATEMÁTICAS PARA QUE ESTEADES BEN ATENTOS!
PENSADE, COMPARADE E SOLUCIONADE, VALE?
A POLO XOVES!
O pincho (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Xov, 14/05/2020 - 00:37O xogo de hoxe procede da entrevista de Clara, un xogo de lanzamento de precisión, que podemos xogar individualmente ou con número de xogadores que queiramos, tamén podemos modificar o campo, e como moitos outros xogos podemos encontralo con diferentes nomenclaturas, espero que vos guste.
O cravo
Material: un cravo grande de ferro (que podemos substituír por calquera obxecto que teña punta por un lado).
Onde debemos xogar: nunha zona de terra, para que o pincho se crave, debemos debuxar na terra circunferencias ou cadrados numerados. Os debuxos do chan deben ter uns 40 centímetros de diámetro e deben estar numerados.
Debemos establecer a orde de lanzamento, na primeira quenda debemos lanzar o cravo a casa número 1, se se consegue, lanzarase a casa número 2 e así sucesivamente, en caso de fallar ou que o cravo non se chante, cederáselle a vez ao seguinte, cando nos volva a tocar, debemos volver a lanzar o cravo o número no que quedamos con anterioridade, non é preciso volver a comezar na casa 1.
E como sempre para rematar, un pouco de actividade física.
"O MEU AMOR É MARIÑEIRO" pola FAMILIA ARRIBAS LÓPEZ
Enviado por Anónimo o Mér, 13/05/2020 - 22:53Grazas á Alonso(1º) e Laura(5º) e aos seus pais Soraya e Alberto por este agasallo musical que nos ofrecen para celebrar a festa das LETRAS GALEGAS 2020.
Poemas dende a casa (23): Dramatizando a Carballo Calero por Alexandre Villanueva de 6ºB
Enviado por Anónimo o Mér, 13/05/2020 - 19:55Alexandre de 6ºB mándanos un pouco de información sobre Carballo Calero, rematando co recitado do poema "O trevo das catro follas".
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »