Abril 2020

Cadrados para mans e pés (Ed. Física).

O mércores era un cadrado, o xoves un rectángulo e catro cadrados ou seis cadrados e hoxe van a ser seis cadrados e un rectángulo.
 
A actividade que vos propoño hoxe vai sobre seis “cadrados” de distintas cores e un rectángulo, na imaxe están folios de cores, pero poden ser coloreados por vos, recortados de revistas, en lugar de cores poden ser letras, podedes empregar a vosa imaxinación para crear este xogo. Os dous días pasados traballamos cos pés, hoxe vamos comezar coas mans e posteriormente… repetiremos a actividade cos pés, xa me iredes contando cal delas vos gustou máis. 
No vídeo non está a actividade en efecto espello como a que fixemos onte, este punto deixo que elixades vós como queredes facelo, eu aconséllovos que os fagades como no vídeo e unha vez o teñades controlado, pasedes o efecto espello que é máis sinxelo, ou empezade o revés.
 
 
E para rematar con un pouco de cores!!!!!
 
Espero que o pasedes moi ben coa actividade de hoxe.

Actividades de matemáticas para 5ºA (17/04/2020)

 Ola, nenos e nenas! Aquí vos deixo unhas actividades de matemáticas.

LINGUA GALEGA (17-04-2020) (3º)

A continuación déixovos uns enlaces para que practiquedes lingua galega!!

http://replgalega3.webcindario.com/02-4.htm     Xenero e número

http://replgalega3.webcindario.com/02-5.htm     Os artigos

http://replgalega3.webcindario.com/02-3.htm     Os adxectivos

http://engalego.es/almacen/lim/alimentos4/alimentos.html    Vocabulario de alimentos e utensilios.

Retos en familia (17-04-2020) (3º)

Esta semana empezamos con forza!! Vai retos máis compricados!

Un último esforzo que ata o luns deixamos descansar a cabeza!!

Ánimo!

4 cadrados e un rectángulo (Ed. Física).

Bos días!!!!como foi a actividade de onte con un cadrado?, pois hoxe toca xogar con catro cadrados e un rectángulo, é un xogo similar o anterior, pero agora… vamos debuxar no chan un rectángulo e catro cadrados, como aparece na foto-video de abaixo, espero que o pasedes xenial, con algunha clase do cole xa fixemos unha actividade parecida, pero en aros, ahhhh esquecíame, tedes que retar a alguén da casa, practicade un montón que pronto as poderemos levar o cole, como vedes no vídeo un empeza con un movemento e o "seu espello" ten que repetir, lembrade que tedes que ser os/as imitadores/as e as/os imitadas/os.

Este vídeo explica un pouco como é a actividades pero, non sei se o poderedes ver todos/as, como vedes na foto-vídeo, en este caso empregan 6 cadrados, comprobade que non haxa diferenza entre un xogo e o outro.

Traballamos a coordinación, equilibrio, salto, lateralidade e memorización de secuencias!!! 

 

Xa que hoxe toca traballar a lateralidade e a memorización de secuencias, vou retarvos a encontrar esta figura nos ditados gráficos que vos envío, algún xa o enviei antes pero nunca para buscar este tren, como podedes ver eu non imprimo as imaxes, collo unha folla cuadriculada e a debuxar, se tedes un pouco de axuda e alguén vos dita as secuencias vai a ser moito máis sinxelo e practicaremos a percepción de esquerda, dereita, arriba  e abaixo.

 

 

Ditados gráficos!!

Matemáticas (16-04-2020) (3º)

Hoxe tamén vamos a traballar coas matemáticas! 

Vamos a pensar e inventar! Despois repasaremos a multiplicación por dúas cifras e a división; concepto, términos e cálculo.

Un saúdo! A por todas!

Retos en familia (16-04-2020) (3º)

Reto familiar diario!

Moito OLLO co de hoxe! É moi difícil!!

Ains!!!!

Relixión Católica 5º-6º

Terceira Semana de Pascua

Acaba de comezar a PASCUA.

Hai moitos que non saben que a Pascua dura 50 días.

Quizáis algún de vos xa recibiu

unha rosca, un biscoito ou un ovo de Pascua.

 Os ovos de Pascua recordan a Vida Nova.

Na primavera todo brota de novo no campo, e é tempo de cría.

Os cristiáns nesta época celebran a RESURRECCIÓN de XESÚS,

e os padriños o saben moi ben.

 

"HE MUERTO Y HE RESUCITADO"

Escoita a canción do grupo " Los Secretos"

Pregunta aos teus familiares se a coñecen.

 JESÚS RESUCITÓ ALELUYA

  

Feliz Pascua..............................................................................................

Podedes intentar facer ovos de Pascua

tedes uns links nas imaxes

Podes regalalos ou escondelos pola casa e preparar unha búsqueda.

Divírtete xogando.

 

Qué é a Pascua

Mira o vídeo e contesta ás preguntas

Contesta as preguntas do exercicio 2 que atoparás no enlace anterior.

QUÉ É A PASCUA

LE A HISTORIA DO ANTERIOR ENLACE E

REFLEXIONA SOBRE A FESTA QUE CELEBRAN OS CRISTIÁNS

 

DURANTE 50 DÍAS

 

Autoduck para radio Escolar por Audacity

Dedicado a Xoel, mais todos vós podedes crear o voso propio programa de radio. Creades un guión do programa que queredes facer, gravades a vosa voz cos teléfonos e enviades a vosa voz a alguén que as poda mesturar. Mais se lle queredes meter música e que non estorbe coa voz, para iso Audacity ten a función de Autoduck, doado, sinxelo e rápido.

Relixión Católica 3º-4º

Terceira  Semana de Pascua

Acaba de comezar a PASCUA.

Hai moitos que non saben que a Pascua dura 50 días.

Quizáis algún de vos xa recibiu

unha rosca, un biscoito ou un ovo de Pascua.

 Os ovos de Pascua recordan a Vida Nova.

Na primavera todo brota de novo no campo, e é tempo de cría.

Os cristiáns nesta época celebran a RESURRECCIÓN de XESÚS,

e os padriños o saben moi ben.

ALELUiA

foi o saúdo máis escoitado

cando Xesús resucitou. 

Estamos na terceira semana de Pascua,

neste tempo florido de primavera a expresión Aleluia séguese utilizando na Igrexa.

Aleluya significa, loade a Deus, bendecide a Deus...

É unha expresión de alegría...

Decora uns ALELUIAS grandes nun folio, ponlles cores e detalliños...

Seguro que cando saiamos ás rúas e remate a corentena

todos diremos contentos: ALELUIA...

 

Escoita o ALELUIA da película de SHREK. Pica na imaxe.

 

Aleluya Aleluya

 

  

Feliz Pascua.............................................................................................. 

Podedes debuxar e logo pintar uns ovos de Pascua

xogar a escondelos pola casa.

Preguntade aos vosos pais cómo xogaban eles ,frío_templado _caliente...

"Frío - Caliente"

Aquí vos deixo uns modelos

Debuxades en papel e logo de recortalos

os pegades en cartón.

Ovos de Pascua

Pascua de Resurrección

PASCUAPASCUA 

Na Pascua celébrase a Vida Nova...

Os ovos son símbolo desa Nova Vida,

por iso moitos de vos neste tempo recibides

estes agasallos.


Se facedes clic na imaxe do seguinte ovo poderedes ver un vídeo para debuxar e pintar ovos de PASCUA

 

Déixovos un adxunto dun ovo de Pascua

que podedes imprimir ou COPIAR algún outro. 

Se queredes que todos vexamos os vosos ovos

podedes mandarme unha foto ao meu correo:sequeloreligion@gmail.com 

POÑEDE o NOME e o CURSO

como título añadides: PASCUA 2020

Tamén os podedes pegar na neveira da cociña

ou nalgunha ventá.

Moitos Biquiños

 

 

 

Semana santa, una ficha interactiva de Siraprieto
liveworksheets.com

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.