Biblioteca
Os Inventos... Exposicións Orais 1º-2º, 4º-6º
Enviado por inesduran o Ven, 03/06/2022 - 12:58INVENTOS QUE CAMBIAN O MUNDO
Exposicións Orais entre clases.
Os inventos estudiados nos 1º e 2º trimestre
foron a razón de xuntarnos por clases
para escoitar e aprender a través
das voces dos nosos compañeiros.
O LUME e a súa Simboloxía.
A IMPRENTA
A TELEVISIÓN
1º-2º
A PRENSA ESCRITA
OS USOS DA RODA
O CÓDICE CALIXTINUS
4º-6º
Facendo o noso MANUSCRITO
Os Maios da Ascensión
Enviado por josean o Sáb, 28/05/2022 - 22:54"A Biblioteca Escolar ten a palabra" e recupera unha antiga tradición do mundo dos maios, desaparecida dende o ano 1954, a de saír ademais do día 1 de Maio, o xoves da Ascensión
EDUKASANO. De Redondela a Pontevedra
Enviado por Anónimo o Mér, 25/05/2022 - 23:37Con esta divertida actividade de Brincos de ra (Froggy jump) podemos coñecer un pouquiño máis do Camiño Portugués. Espero que vos guste. Seredes quen de bater o record de puntos?
Prensa Escrita
Enviado por Menchi o Sáb, 21/05/2022 - 20:00Como ben sabedes este curso, dende o centro, estamos levando acabo o PDI inventos que cambiaron o mundo, a 4º curso corrrespondeulle investigar sobre a prensa escrita, a continuación deixovos un resumo deste traballo. Espero que vos guste.
Camiño Portugués...Adiviña!
Enviado por inesduran o Ven, 13/05/2022 - 20:45PEREGRINOS DO CAMIÑO PORTUGUÉS
INVESTIGA
Consulta as imaxes do mural e
coñece as vilas e rincóns de Galicia
por onde pasa o Camiño Portugués do interior.
Maio 2022. Recompilación do traballado para a celebración dos Maios.
Enviado por Anónimo o Ven, 13/05/2022 - 20:19Como todos os anos traballamos a nosa tradición dos Maios e Embarcacións da vila de Marín. Este ano máis que nunca fixemos noso o lema proposto polas Bibliotecas: " A Biblioteca Escolar ten a palabra".
O Camiño de Santiago
Enviado por Belen o Xov, 12/05/2022 - 15:43A continuación mostro algúns traballos realizados polos nenos/as de 1º e 3º curso na lectura de Educación Física, en relación co Camiño de Santiago.
Día do Libro 2022. "Escoitando coa imaxinación". Emocióna-T coas nosas historias.
Enviado por Anónimo o Lun, 09/05/2022 - 20:44Aquí deixamos as historias que creastes conxugando música con imaxinación e emocións.
Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán
Enviado por Anónimo o Xov, 05/05/2022 - 16:45Deixamos esta recompilación con información relativa a Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Coplas de Maios 2022
Enviado por josean o Mar, 26/04/2022 - 22:04Este ano, o tempo botousenos enriba, e tivemos que botar man de xente tan experta no mundo dos maios como o profe Ramón Pastoriza, que nos escribiu unha fermosa copla para un dos barcos; pero ollo os nenos xa están empezando a facer a copla do ano que vén, e vanna rematar a primeiros de maio.
Aqui tedes as coplas coas que imos baixar este ano á Marín:
FAI A TÚA COPLA de MAIO
Enviado por josean o Mar, 26/04/2022 - 17:07Se ademais de elaborar a túa maqueta de Maio e do traballo que fagamos sobre a festa nas aulas, nos queres mandar a túa copla personal, estaremos encantados de publicala na nosa páxina web e incluíla na exposición que o Ateneo promove no Museo Torres.
Pídesennos que teñan, como o ano anterior, 5 ou 6 estrofas.
Podedes mandala a cepsequelo@gmail.com e como tódolos anos deixámosvos este manual que nos guía na realización dunha copla de maio coherente e ben estructurada.
Contos por telefóno
Enviado por josean o Ven, 15/04/2022 - 22:00Contos por teléfono é unha colección de pequenas historias de Gianni Rodari nas que o Sr. Bianchi, un comercial de ventas, cóntalle cada día un conto á súa filla dende a cidade onde se atopa. Sen os fantásticos contos do seu pai, a nena non é quen de durmir.
Aos poucos os nenos de 5º vannos contar os contos que o Sr. Bianchi lle contaba á súa filla.
O Sr. Bianchi de Varese
O caramelo instructivo
Historia do reino de Lambonia
Aprobado máis dous
Os homes de manteiga
Brif, bruf, braf
Historia da Radio
Enviado por josean o Ven, 15/04/2022 - 21:35Dentro do Proxecto Documental Integrado que eliximos para traballar os de 3º fixeron un programa de radio marabilloso contándonos a historia do medio.
Visitas ao Camiño Portugués. Proxecto Edukasano
Enviado por Anónimo o Sáb, 09/04/2022 - 17:18Mural para subir as vosas fotos e vídeos, nas que podedes captar: monumentos, paisaxes, pratos típicos ou calquera tipo de curiosidade que atopedes entorno ao Camiño Portugués.
Invitación de Birlo a coñocer o "Camiño Portugués". Proxecto "Edukasano".
Enviado por Anónimo o Xov, 07/04/2022 - 14:14Ola amiguiños! Como xa vos explico na carta imos tratar de coñecer un pouco máis o "Camiño de Santiago", principalmente o tramo de Tui a Santiago de Compostela, que é a etapa que nos corresponde traballar, dentro do Proxecto Edukasano, en colaboración co Concello de Marín e a Universidad de Vigo.
Buscamos información na Biblioteca
Enviado por josean o Lun, 28/03/2022 - 21:42A Biblioteca no noso centro é corazón e cerebro; nela os nenos, entre outras cousas, atopan e atoparán información para tódolos desafíos que lles propoñamos. E no que este ano lles propoñemos é que descubran todo o referente a "Inventos que cambiaron o mundo".
Os alumnos de 5º buscando todo o referente ao Teléfono
A súa orixe, o seu desenvolvemento e importancia.
E como en toda investigación seria que se precie utilizando distintas fontes e sinalando logo cales foron esas fontes.
Pensamentos para Rosalía
Enviado por josean o Lun, 28/03/2022 - 21:15Entre as actividades que a Asociación de Escritores en lingua galega promovía para a celebración o pasado 24 de Febreiro do Día de Rosalía estaba a posibilidade de elaborar Haikus a partir dalgúns dos versos máis recoñecidos da escritora, e isto foi o que conseguiron sacar os nenos de 5º
Poemas ao teléfono
Enviado por josean o Mér, 23/03/2022 - 14:57A través dos teléfonos e por mensaxes de voz os alumnos de 5º envian para celebrar o día mundial da poesía 24 poemas galegos. O teléfono un dos inventos que axudou a cambiar o destino da humanidade e que estamos traballando no noso PDI.
Se premedes no "play" do reproductor oiredes a cada un dos rapaces, e se queredes poñelo a pantalla completa premede nos 3 puntos da esquina inferior dereita
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »