3º Primaria
Rapaz aburrido
Enviado por josean o Ven, 05/10/2018 - 17:00Javier Portabales titorizou a un grupo de 3º B para esta iniciación ao cambio de disfraces. Premede a bandeiriña para que o neno fale e ande
HORARIO 3º A.CURSO 2018-19
Enviado por Menchi o Lun, 17/09/2018 - 11:37Deixamos o horario de 3º A para o presente curso.
Para visualizalo abride o ficheiro adxunto
HORARIO 3º B.CURSO 2018-19
Enviado por Menchi o Ven, 14/09/2018 - 11:50Horario de 3ºB para o presente curso 2018-19.
Para visualizalo abride o ficheiro adxunto
MATERIAL 3º CURSO 2018-19
Enviado por Menchi o Xov, 13/09/2018 - 10:41listado de material de3º curso para o presente curso 2018-19.
para visualizalo abride o ficheiro adxunto en PDF.
A visita dos nenos de 3º ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
Enviado por Anónimo o Mar, 05/06/2018 - 10:43(Redacción: Roi, Roberto e Dani)
Os nenos de 3º fomos ao Parque Arqueolóxico para aprender sobre petróglifos. Habíaos con debuxos de cervos, círculos, labirintos, etc.
No parque tiñan varios monitores para explicar e guiarnos na visita. Ao chegar presentámomos todos, a nosa monitora chámase Rita e contounos o plan do día.
Fomos ver os petróglifos. A monitora explicounos a historia dos petróglifos. Había escenas de caza, un can levando un cervo a unha trampa…Tamén miramos a recreación dunha aldea da época do bronce (fai 4.000 anos).Tiña os tellados de xesta seca e as paredes de barro. Despois houbo un taller onde fixemos fariña con millo miúdo.
Fixemos unha parada para merendar nuns bancos de madeira e despois fomos ao labirinto en forma de espiral e de ferro. Paramos para comer e xogamos o tempo que nos sobrou.
Pola tarde plantamos unha legume cada un. Despois fixemos una peza de barro. Logo fomos ao museo onde había un home da prehistoria, un esqueleto, armas, unha casa prehistórica, unha maqueta de Campo Lameiro…
Vimos unha película que trataba sobre a vida do home prehistórico, compramos cousiñas na tendiña e logo os monitores intentaron facer lume como o facían na época do bronce utilizando un arco, un pau, unha folla e un anaco de madeira, pero non lles saíu.
Gustounos moito a excursión polo labirinto, os talleres e estar cos compañeiros.
Visita do alumnado de terceiro curso ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre
Enviado por Anónimo o Dom, 03/06/2018 - 17:09O alumnado de terceiro curso visitou o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro. A demais da visita guiada para coñecer o parque e os petróglifos, participaron nos obradoiros de "Sementes do pasado", "Cerámica coas mans" e "Demostración do lume".
Aprendemos a xogar ao tenis
Enviado por Anónimo o Xov, 10/05/2018 - 09:51(Equipos 1 e 3 de redacción)
Onte, nenos de 3º e 4º cursos fomos ao club de tenis da Caeira en Poio. Alí ensináronnos a xogar ao tenis.
Os monitores ensináronnos como se chaman as liñas da pista, cando era punto ou non, como darlle á pelota...
Formamos grupos de 8 e un de 9 nenos, e despois dividímonos cada grupo en 2 equipos.
Fixemos 2 xogos. As reglas do 1º eran: o profesor lanzaba unha pelota se lle dabas coa raqueta, pero non pasaba a rede, valía 1 punto. Se lle dabas á pelota, pasaba a rede e saía fora valía 2 puntos. Se tirabas a pelota no campo do adversario valía 3 puntos. Se non lle dabamos á pelota valía 0 puntos. Despois fixemos outro xogo que era que o profesor lanzaba unha pelota e nós tiñamos que darlle para o campo contrario.
Ao final case todos fixeron un baile. Pasámolo moi ben!
Coñecendo árbores do río
Enviado por Anónimo o Xov, 03/05/2018 - 12:19( Equipos 1 e 2 de redacción)
Hoxe fomos dar un paseo polo río Lameira, preto do colexio. Os nenos de 4º, 5º e 6º explicáronnos cousas sobre catro árbores chamadas: ameneiro, salgueiro, sabugueiro e pradaira, e unha herba, a espadaina. Aquí deixámosvos algunhas:
O ameneiro crece preto dos ríos. Pode chegar a 25 m de alto. As follas son redondeadas. É de folla caduca.
O salgueiro tamén é de folla caduca. Hai árbores machos ou femias. Crecen cerca dos ríos ou lagos.
O sabugueiro é un arbusto. Coas flores pódense facer mediciñas, marmelada...Os celtas dicían que tiñan poderes máxicos.
O pradairo ten a folla da bandeira de Canadá. Habita no norte e sur de Europa. Pode chegar a 35m de altura. É de folla caduca. A súa cortiza pode ser grisácea e a súa madeira utilízase para facer mobles, instrumentos musicais...
A espadaina ten flores amarelas. É unha herba de folla perenne. O seu froito é de cor castaña. As follas son longas, teñen a punta de lanza e úsanse para facer os maios. As flores son amarelas. É unha planta mediciñal. Medran en zonas húmidas (ríos, lagos ou charcas). As súas follas e raíces son velenosas.
Sabugueiro
Espadaina
Celebración do "Día da Educación Física na rúa"
Enviado por Anónimo o Lun, 30/04/2018 - 11:53Martín
O día 25 de abril todo o colexio Sequelo bailamos a canción "Party Rock Anthen" de LMFAO no parque Eguren. Fixémolo porque era "O día da Educación Física na rúa".
A primeira vez que se celebrou este día foi no 2011 en Asturias. Un dos obxectivos desta celebración é fomentar unha vida sá mediante a práctica do exercicio físico.
Antes de empezar a bailar fixemos un xogo chamado "O túnel do lavado". Despois bailamos. Eu case non practicara. Para min foi moi fácil. O que menos me gustou foi a repetición do baile, ainda que o fixen mellor, porque me caera a chaqueta que era moi boa. Menos mal que ma colleu unha nai! O que máis me gustou foi cando acabamos o baile, puxeron outra canción e todos puxéronse a bailar como tolos. Foi moi divertido!!
Breixo Vidal
O que máis me gustou foi cando íamos pola rúa e pasamos pola miña casa porque me gusta moito andar.
Mentres bailaba a miña nai estaba a mirarme.
Breixo S.
Pasámolo moi ben. Reunímonos todos os cursos, falamos moito polo camiño e atopei á miña avoa, pero o que máis me gustou foi bailar cos meus compañeiros.
Carla
A min o que máis me gustou foi o xogo que fixemos antes do baile e que se chama " Túnel de lavado ".
Aínda que non viñeron os meus pais a verme, paseino moi ben. Non ensaiei moito o baile na casa, pero creo que o fixen moi ben.
Alexandra
A miña nai foi verme. O que máis me gustou foi o baile e logo, á volta, Sara que é a miña mellor amiga, ensinoume onde vive.
Rubén
Gustóume moito o xogo " Túnel de lavado " ,trátase de:
1º. 5 nenos poñíanse nun lado, outros 5 en fronte e o resto pasaban polo medio.
2º. Os primeiros da fila botábanlles auga aos do medio.
3º. Os segundos da fila botábanlles xabón.
4º. Os terceiros frotábanos.
5º. Os cuartos botábanlles auga.
6º. Os últimos os secaban.
PLANTANDO NA HORTA
Enviado por Anónimo o Lun, 16/04/2018 - 12:12( Equipo 2 de redacción: Carlota, Carla, Elva e Irene)
Hoxe, 16 de abril, os nenos e nenas de 3ºB fomos transplantar na horta escolar unhas acelgas que sementamos hai un mes. Cando chegamos alí xa tiñan plantados: uns allos, chícharos, patacas, amorodos e leitugas. Nós plantamos, botamos o abono, regamos e sachamos.
VISITA A UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
Enviado por Anónimo o Xov, 05/04/2018 - 12:15(Equipo 1 de redacción: Breixo V., Breixo S., Xoel e Laura)
Onte despois do teatro, fomos a unha exposición de fotografías de Galicia feita por Ruth Matilda Anderson, unha estadounidense que veu a España en barco a facer fotografías. Fixo as fotografías no século pasado, nos anos 1924 a 1926.
Buscamos a un neno chamado Antón nas fotografías e despois fomos a un taller a facer o noso xoguete.
3º e 4º fomos ver unha obra de teatro
Enviado por Anónimo o Xov, 05/04/2018 - 11:42(Equipo 3 de redacción: Candela, Martín, Sara e Alexandra)
Onte, 4 de abril os nenos de 3º e 4º cursos fomos ver unha obra de teatro musical titulada "Na percura do tesouro" ao auditorio de A fundación.
Trataba sobre un home e unha moura.
O home tiña que superar varias probas para conseguir un tesouro coa axuda dos seus amigos.
A obra foi divertida e bonita e tocaron varios instrumentos galegos coma a zanfona.
O Monstro do Bandullo Grande
Enviado por josean o Mér, 04/04/2018 - 22:58Obra levada a cabo polos rapaces de 3º
Día Mundial da Poesía
Enviado por Anónimo o Mér, 21/03/2018 - 11:33(Equipo 1 de redacción: Breixo V., Breixo S., Laura e Xoel)
Antonio Pastor Bustamante solicitou á UNESCO a creación dun día mundial da poesía.
O día mundial da poesía, aprobado en 1999 pola UNESCO, celébrase cada 21 de marzo.
"Esta acción debería ter como obxectivo principal soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respestivas."
UNESCO
Os nenos de 3º celebrámolo lendo e escribindo poesías.
Río Lameira
gústame andar pola túa beira.
Gústame no outono
e tamén na primavera.
Con barquiños de papel
en ti fago carreiras.
Río Lameira, río Lameira,
non te esquecerei inda que queira.
Roi
A auga do río Lameira
é a mais limpa
para as nosas cariñas.
O noso río
é risoño
danos a auga
sendo amistoso.
Irene
Riola de xente que hai no río
eu imaxino un peixe afundido,
con escamas
e durme en camas.
Eu estou no río Lameira
paseando pola súa beira.
Xoel
Crónicas de Narnia (II): O león, a bruxa e o roupeiro
Enviado por xose o Sáb, 25/11/2017 - 16:08
Ola amigos, este libro trata sobre catro irmáns que descobren un mundo máxico, Narnia. Acceden a Narnia por un roupeiro máxico. Todos xuntos coa axuda de Aslan, o león, intentan derrotar a Bruxa Branca. O libro é moi emocionante, a bruxa mete moito medo, pero ten un final feliz. Seguro que vos encanta! Breixo V. 3º B |
O RAP DO MAGOSTO
Enviado por josean o Xov, 12/11/2015 - 02:47Para este Magosto volvemos utilizar a canción do ano pasado, o Rap do Magosto de Paco Nogueiras
O PLANETARIO VÉN AO COLEXIO
Enviado por josean o Xov, 14/05/2015 - 21:49Participamos nunha actividade patrocinada pola Concellería de Educación do Concello. As estrelas da man dos rapaces na aula de Psicomotricidade dentro deste Planetario portátil
V CONCURSO DO COLEXIO OFICIAL DE XOIEIROS "DÍA DA NAI"
Enviado por josean o Dom, 20/04/2014 - 16:18
Obra de teatro en inglés "Time travellers"
Enviado por Miguel o Mér, 22/01/2014 - 11:40Os rapaces e rapazas do 3º ciclo asistiron en Pontevedra a obra de teatro en inglés "Time travellers" o pasado luns 20 de xaneiro de 2014.
Coa obra Time Travellers os nenos de 3º ciclo de primaria poderán practicar o seu inglés mentras se divirten viaxando polo pasado. A compañía Blue Mango Theatre actuará no Centro Social de Pontevedra os días 20 e 21 de xaneiro de 2014.
Liz é unha rapaza aparentemente normal que conta cunha característica moi especial: pode viaxar no tempo. No seu percorrido a través dos séculos axudará a famosos personaxes da historia, pero alguén a está seguindo… Acompañarémola nas súas aventuras ao longo de máis de cinco mil años de historia e coñeceremos os personaxes que fixeron do mundo o que é hoxe en día, desde exploradores e artistas ata heroes e inventores. Esta obra entretenida versa sobre o pasado e todo o que nos pode mostrar.
Duración: 60 min
Dirixido a: 3º ciclo de primaria
CONCURSO DE DEBUXO DE NADAL 2013 ATENEO SANTA CECILIA
Enviado por josean o Ven, 17/01/2014 - 13:26Entre os gañadores do Concurso de Debuxo que como cada ano polo Nadal organiza o Ateneo Santa Cecilia, está Ángel Hermida Campos de 6º. Parabéns!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »