Edukasano
Proxecto "Edukasano". Recompilación do traballado
Enviado por Anónimo o Ven, 15/07/2022 - 12:16Recompilación do traballado nas distintas etapas do Camiño Portugués para o Proxecto Edukasano, en colaboración co Concello de Marín e a Universidade de Vigo.
Travesía naútica xacobea
Enviado por Menchi o Mar, 21/06/2022 - 17:07Os nenos /as de 4º atopamos o único simbolo do camiño que hai en Marín, fixádevos ben na foto:
Este símbolo representa que o porto de Marín é un porto xacobeo. Isto quere decir que ainda co camiño tradicionalmente facíase a pé ou a cabalo, na actualidade pódese facer camiñando, en bici ou navegando a vela.
Falamos co porto de Marín para saber máis dixéronnos que as embarcacións que fagan a ruta marítima a Santiago podan solicitar escala nestes portos, o de Marín ten competencias sobre a lámina de auga de todala Ría de Pontevedra, de ahí a súa relación coas peregrinacións xacobeas.
Iso si teñen que facer 100 millas naúticas e continuar o camiño dende o último porto camiñando.
Os Peregrinos do CEP Sequelo
Enviado por inesduran o Sáb, 18/06/2022 - 16:45Camiño Portugués
Para rematar o proxecto EduKasano,
fixemos o pasado venres un acto final
animando os últimos días de curso
con cantigas, poemas e música
relacionadas co Camiño de Santiago.
Peregrinos de 3º vestidos con capa e sombreiro feito por eles e
acompañados pola profe Belén, tamén de peregrina medieval.
Os compañeiros de 6º fixeron unha rima en Inglés
acompañada con xestos :
"We are the pilgrims"
Os compañeiros de 5º entoando unha cantiga,
" Pasodobre de Porriño a Redondela"
Por último cantamos o himno do peregrino de Santiago máis antigo,
"Dum Pater Familias"
Animádevos a coñecer en familia
os fermosos rincóns do Camiño Portugués
que cruzan Galicia,
cidades cheas de historia estudiadas nas clases
e que agora os nosos nenos
gustarían de visitar.
Romances, cantigas e coplas de Cego no Camiño Portugués (de Porriño a Redondela)
Enviado por josean o Sáb, 18/06/2022 - 15:40Por excelencia, os músicos cegos, foron en Galicia e en boa parte da Península, os gardiáns de boa parte da nosa rica tradición oral, que transmitían a través dos plegos de cordel que a xente mercaba, como fai hoxe en día coas coplas de maio. Nelas detallábanse sucesos truculentos que atraían a atención do público, pero tamén romances que se perdían na noite dos tempos e cantigas que pertencían ao pobo, e que este transformaba ao seu gusto. Iso foi o que fixeron os nenos, coller vellas cantigas e adaptalas ao Camiño portugués de Santiago e máis especificamente á zona que nos tocou, de Porriño a Redondela.
Todo baixo a dirección do cego Antón e o seu guía Iván.
Camiño portugués de Tui a Porriño
Enviado por Menchi o Mér, 15/06/2022 - 21:11O camiño portugués en Galicia comeza en Tui, e a primeira etapa chega ata Porriño, os nenos-as de 4º investigamos sobre esta primeira etapa que resumimos nun vídeo que esperamos que vos guste.
EDUKASANO. De Redondela a Pontevedra
Enviado por Anónimo o Mér, 25/05/2022 - 22:37Con esta divertida actividade de Brincos de ra (Froggy jump) podemos coñecer un pouquiño máis do Camiño Portugués. Espero que vos guste. Seredes quen de bater o record de puntos?
Camiño Portugués...Adiviña!
Enviado por inesduran o Ven, 13/05/2022 - 19:45PEREGRINOS DO CAMIÑO PORTUGUÉS
INVESTIGA
Consulta as imaxes do mural e
coñece as vilas e rincóns de Galicia
por onde pasa o Camiño Portugués do interior.
O Camiño de Santiago
Enviado por Belen o Xov, 12/05/2022 - 14:43A continuación mostro algúns traballos realizados polos nenos/as de 1º e 3º curso na lectura de Educación Física, en relación co Camiño de Santiago.
Dum Pater Familias
Enviado por inesduran o Mér, 04/05/2022 - 21:07´"DUM PATER FAMILIAS"
É o himno máis antigo de peregrinos
Escrito en latín,
aparece no Códice Calixtino (s. XII)
nun apéndice musical final.
O Códice Calixtino
Enviado por inesduran o Lun, 02/05/2022 - 22:08CODEX CALIXTINUS
Libro escrito a man no século XII
Primeira GUÍA TURÍSTICA que se conserva
Libro inscrito na Memoria do Mundo
Un dos libros máis valiosos
Biblioteca e Arquivo da catedral de Santiago
...................................................
.................................................
......................................................
O Roubo do Século
O Misterioso Roubo do Códice
Codex Calixtinus
Códice Calixtino
Manuscrito: Escrito a man
Primeira Guía de peregrinos
Incluído na Memoria do Mundo
Emocións no Camiño a Santiago
Enviado por inesduran o Ven, 29/04/2022 - 08:31EMOCIÓNS NO CAMIÑO A SANTIAGO
AUTOESTIMA
Os peregrinos anímabanse uns aos otros co saúdo:
.............................................
é fundamental para rematar o Camiño.
O desánimo, o cansazo, a desilusión e os dificultades do Camiño,
ás veces poden facer perder a autoestima.
¿Qué di a Biblia da autoestima?
Cada persoa ten un don interior.
Ter confianza en sí mismo,
sentirse útil e capaz...
Na clase de Relixión reflexionamos sobre a oportunidade que temos de axudar aos demais para manter a autoestima alta.
Reflexionamos sobre as cousas boas que podíamos salientar de cada compañeiro.
Todos temos moitas cousas boas,
e podemos axudar aos demais.
Ninguén sobra.
Durante a ruta, os caminantes decátanse
do pouco que necesitan para seguir adiante,
da importancia de escoitar aos demáis e a un mesmo.
Parábola da ovella perdida
Camiño Portugués...
Enviado por inesduran o Mér, 27/04/2022 - 21:28Que sabes de Santiago apóstolo?
Se queres coñecelo mellor
mira este vídeo ao que lle puxeron voz
os compañeiros de 6º.
Visitas ao Camiño Portugués. Proxecto Edukasano
Enviado por Anónimo o Sáb, 09/04/2022 - 16:18Mural para subir as vosas fotos e vídeos, nas que podedes captar: monumentos, paisaxes, pratos típicos ou calquera tipo de curiosidade que atopedes entorno ao Camiño Portugués.
Invitación de Birlo a coñocer o "Camiño Portugués". Proxecto "Edukasano".
Enviado por Anónimo o Xov, 07/04/2022 - 13:14Ola amiguiños! Como xa vos explico na carta imos tratar de coñecer un pouco máis o "Camiño de Santiago", principalmente o tramo de Tui a Santiago de Compostela, que é a etapa que nos corresponde traballar, dentro do Proxecto Edukasano, en colaboración co Concello de Marín e a Universidad de Vigo.
Poemas de Rosalía 2022
Enviado por inesduran o Mér, 23/02/2022 - 20:42
ROSALÍA DE CASTRO
POEMAS E PENSAMENTOS
Polo día de Rosalía de Castro, 23 de febreiro,
os alumnos de 6º, recitan unha estrofa do seu poema "A Catedral".
Son uns versos adicados ao PÓRTICO DA GLORIA.
Inmersos xa no proxecto de EDUKASANO,
o Camiño Portugués nos leva ata a catedral de Santiago.
Rosalía vivía en Padrón e coñecía ben a cidade de Compostela.
FACHADA INTERIOR DA CATEDRAL DE SANTIAGO
--------------------------------------------------------------------------------
Os compañeiros de 3º
puxeron música ao poema de
ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
---------------------------------------------------------------------------------------
Os compañeiros de 5º traballaron as Cantigas.
Esta cantiga feita por eles é un exemplo do bos artistas que son.
Coloreamos pensamentos ,
a flor favorita de Rosalía.
Poema subtitulado
"A Catedral"