Plan Proxecta
Cros Zonal- San Pedro
Enviado por Belen o Ven, 15/11/2024 - 14:45Este martes pasado celebrouse o Cros Zonal (programa Xogade) na pista de atletismo de San Pedro.
No 6º curso unha alumna quedou de primeira e un alumno de terceiro postos.
Nos demais cursos houbo alumnos/as que quedaron entre os dez primeiros postos.
Noraboa a todos e todas!
XXVII Carreira Pedestre San Martiño (Bueu)
Enviado por Belen o Sáb, 05/10/2024 - 08:05O club Corredoiras Bueu vai celebrar a XXVII Carreira Pedestre San Martiño 2024.
Esta proba realizarase o sábado 09 de novembro a partires das 17:00 h nos redores do Centro Social de Bueu sita na rúa Montero Ríos.
Na seguinte ligazón accederán á inscrición:
https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2882/xxvii-carreira-pedestre-de-san-martino-bueu-2024
A proba será totalmente gratuíta para os rapaces, que ademais levarán agasallos por participar.
Baile fin de curso
Enviado por Belen o Mar, 02/07/2024 - 14:41Moi boas e merecidas vacacións a todos e todas!
Deixo o enlace para que poidades bailar e cantar a canción que practicamos durante o curso, o vídeo elaborado polo mestre José Antonio, grabado por algúns alumnos de 5º curso e pola Teacher.
https://www.youtube.com/watch?v=EVOWZXh-z-k
Moitas grazas a todos e todas pola colaboración.
Orientación deportiva- Illa das Esculturas
Enviado por Belen o Mér, 03/04/2024 - 15:40A continuación, deixo unha breve presentación da xornada de orientación deportiva do pasado martes 19 de marzo, cos alumnos e alumnas de 6º curso.
Facemos un cursor Makey
Enviado por josean o Ven, 09/02/2024 - 21:00Unhas simples frechas construídas con cartulina e forradas con papel de aluminio fixeron que por medio das placas Makey Makey coas que nos dotou a nosa participación no Proxecto Digicraft e unha sinxela programación en Scratch, se convertisen nas frechas do cursor.
Traballamos algoritmos
Enviado por josean o Mar, 05/12/2023 - 16:07Compute it é un xogo online con diferentes niveiss que van aumentando a dificultade gradualmente, nos cuales hai que deducir e aplicar os movementos que o algoritmo amosa.
A través del traballamos con instrucións de movemento, repetición, sentencias condicionais e funcións. LINGUAXE COMPUTACIONAL.
Medo na Noite (III)
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 12:34As XACIAS son seres da mitoloxía galega coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, sobre todo, feminina. Segundo as lendas, encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos. Neste caso na zona do río Miño que pasa pola parroquia de Chouzán no concello de Carballedo da Comarca de Chantada en Lugo.
Campionato escolar zonal de campo a través
Enviado por Belen o Mar, 17/10/2023 - 21:40O pasado xoves 5 de outubro celebrouse este campionato no campo de fútbol de San Pedro. No noso centro obtivemos varias medallas e diplomas. Noraboa a todos e todas!
Baile Fin de curso- Móvet+
Enviado por Belen o Mar, 27/06/2023 - 12:21E o ben que bailaron todos a Muiñeira!!
Moitas grazas,
Moi bo verán!
Atletismo en pista
Enviado por Belen o Mér, 17/05/2023 - 13:26O pasado martes 9 de maio fomos ao campo de San Pedro, para practicar as diversas modalidades do atletismo en pista cos demais centros do concello de Marín. Pasámolo xenial!
Bizarrap Sequelo Music Session 54 "Atún con pan"
Enviado por josean o Mér, 01/03/2023 - 20:02O desafío era a partir dunha base rítmica de Reggaeton e dunha certa coñecida sesión de Bizarrap, traballar as antíteses e traballáronas arreo, e polo camiño caeu algunha aliteración. Utilizando certos tópicos do estilo como o uso dun inglés macarrónico que rebautizaron como Galenglish, construíron esta canción. Polo camiño e sen querer tamén se decataron de que fixeran unha aliteración. Figuras literarias no reggaeton e grazas ao profe Marcos, atún con pan A letra foi un traballo de toda a clase e a interpretación de Amir e Gomis.
Campo a través- Portas
Enviado por Belen o Lun, 06/02/2023 - 15:30O xoves pasado os nenos/as de 3º curso foron a Portas.
Correron con outros nenos/as da súa idade no Campionato Provincial de Campo a través.
Noraboa!
Carreira de Campo a través- Xogade
Enviado por Belen o Ven, 02/12/2022 - 07:37Onte o tempo permitiu celebrar a carreira de Campo a través, medirnos con compañeiros/as da mesma idade, reencontrarnos con antigos compañeiros/as, coñecer novos/as... Pasámolo xenial e o mellor de todo foi que no noso centro, tivemos varias nenas que quedaron de primeiras. Noraboa!!!
Deixo algunhas fotos da carreira.
Móvete+
Enviado por josean o Mér, 22/06/2022 - 22:18Coa coreografía que Iria Alfonso de 6º A elaborou para a canción "Don´t Go Yet" de Camilo Cabello bailaron tódolos alumnos do Colexio e algún que non era alumno. Outro dos múltiples plans que conforman o Plan Proxecta onde estamos baixo a dirección da profe Belén
.
Atletismo en pista
Enviado por Belen o Mar, 08/02/2022 - 17:37ESTA MAÑÁ OS NENOS/AS DE 5º CURSO, POIDERON PRACTICAR ATLETISMO EN PISTA NO CAMPO DE SAN PEDRO: LANZAMENTO DE VÓRTEX, LANZAMENTO DE PESO, SALTO DE LONXITUDE, RELEVOS, CARREIRA DE 500 M E DE 60 M.
ESTA SAÍDA FOI POSIBLE GRAZAS Ó PROGRAMA XOGADE DO PLAN PROXECTA.
Froita e leite nos recreos
Enviado por Belen o Lun, 17/01/2022 - 14:08HOXE COMEZAMOS CO REPARTO DA FROITA, ATA O VENRES 28 DESTE MES.
OS LUNS: MANDARINA.
OS MARTES: PERA.
OS MÉRCORES: PLÁTANO.
OS XOVES: MAZÁ.
OS VENRES: LARANXA.
Programa Xogade. Carreira "Campo a través"
Enviado por Anónimo o Mar, 23/11/2021 - 21:26Seguindo co empeño de fomentar hábitos saudables entre o noso alumnado, hoxe participamos na competición "Campo a través", dentro do Programa Xogade.