EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS
O alumnado de 3º e 4º do Colexio foise o venres día 8 de Xuño, para pasalo entre amigos e así celebrar o fin de curso. Decidiron marcharse a unha illa preto de Marín, e non é Tambo, foi a Illa de Ons que forma parte do Arquipélago das Illas Atlánticas. Estaba todo contratado, o barco, a animación no barco, monitores para unha visita guiada pola illa, un bar coa súa terraza para comer con vistas ó mar, e por suposto o día tan estupendo que saíu despois de varios días grises e de choiva que o precedreron tamén estaba contratado, jejeje. Saíu todo xenial!!