Coloquio con motivo do 25N Organizado polo Concello de Marín
INTERNET, CIBERACOSO E MACHISMO
Trátase dun coloquio entre a creadora de contido e divulgadora feminista Sindy Takanashi e a xornalista e escritora, Diana López.
Será o xoves 21 ás 19.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.
O coloquio pretende poñer o foco en como se producen situacións
constantes de violencia machista en Internet e as redes sociais,
entornos que contan coas súas propias características: a inmediatez, a dispoñibilidade, o anonimato… Cuestións que acaban exercendo un enorme control do acosador sobre a vítima e que poden acabar producindo situacións de violencia como ciberamenazas, ciberextorsión, ciberdifamación, hacking, acceso a contidos sen consentimento.
O público asistente poderá participar na segunda parte do coloquio coas súas preguntas.