Convocatoria do fondo solidario de libros de texto 2022-2023
Publicouse a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23.
O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).
A solicitude pode cubrirse de dúas formas: de xeito telemático ou presencial no propio centro.
De xeito telemático no seguinte enlace FONDOLIBROS
Para presentación presencial: utilice os Anexo I e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) da Orde da convocatoria, debidamente cubertos e asinados, e presénteos no centro educativo.
Outra documentación necesaria:
- Fotocopia do Libro de Familia ou documento equivalente, onde figure o alumnado e os demais membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, fotocopia da última sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Excepcionalmente poderase acreditar o número de membros computables polos seguintes medios:Certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE
Ver máis información en:
Enviar un comentario novo