Charla do Plan Director para o alumnado de 5º
O venres, 4 de febreiro tivemos a primeira das charlas do Plan Director sobre Novas Tecnoloxías en 5ºEP impartida pola Unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional de Marín.
A conferencia tratou sobre os riscos de internet, o uso correcto das redes sociais, o perigo de falar a través de internet con descoñecidos, o ciberacoso e, empregando a terminoloxía inglesa, o sexting, ciberbulling, grooming, phishing...
O axente da Unidade de Participación Cidadá deulles tamén moitos consellos para evitar estes riscos, como a creación de contrasinais seguros, non enviar imaxes, nin vídeos, non aportar datos persoais, nin bancarios e comentar cos adultos, nais, pais e profesorado calquera cousa que lles pareza sospeitosa, para poder atallar situacións perigosas, poñéndoo en coñecemento das forzas de seguridade.
Ao finalizar a charla os nenos e as nenas recibiron cadanseu carnet de "policía infantil".
Quédannos pendentes as charlas de 6ºEP, para o 18 deste mes, e outra para familias e profesores o martes 15, dependendo esta última da situación da pandemia.
Enviar un comentario novo