CONCURSO PANGEA
Durante o presente curso os alumnos de 4º, 5º e 6º presentáronse ó concurso de lóxica-matemática Pangea. Este levouse a cabo con alumnos voluntarios dos distintos cursos. Os alumnos de 4ºA quedaron nalgúns recreos para reforzar o razoamento lóxico-matemático. Este é o "Equipo Pangea" de 4ºA: Aroa, UXía, Xan, Diego Baños, Pedro, Cristián, Diego Bea e Darío.
Deste grupo dous alumnos superaron as probas: Pedro e Darío, e foron examinarse a Ourense. Os compañeiros entrevistáronos: foron a Ourense coas súas familias e o que máis lles chamou a atención foi o salón de actos do cole onde fixeron o examen, gustoulles a experiencia e volverían repetila.
!!!FELICIDADES!!!
(Se tedes curiosidade e queredes practicar cos exames de anos anteriores podedes descargalos neste enlace.)
Enviar un comentario novo