EDUCACIÓN VIAL 2017
O 16-11-17 un ciclista coñecido de Marín veu a explicarnos educación vial. Explicounos as sinais de tráfico, había moitas, tamén nos contou como ir en bicicleta, dixo que cando vamos en bicicleta somos un vehículo mais e temos que respetar as normas, ademais así non contaminamos.
Dicíanos que pola noite sempre levásemos un chaleco, timbre, luces, que nos puxésemos roupa cómoda e levasemos casco para previr golpes. Cando van en estrada a distancia entre o ciclista e o coche ten que ser de 1,5 m obrigatoriamente se non poderianlles poñer unha multa.
Amosounos que había dous tipos de bicicletas: as normais e as de contrarreloxo: que levan un circulo na roda para que fora máis aerodinámico e correse máis.
No grupo do ciclista hai persoas de varios países e explicounos que ten que aprender un pouco de cada idioma, pero comunícanse case sempre por un idioma só.
Estivo moi ben e aprendimos moitas cousas.
Raúl González - Iago Garrido
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DSCN1938.JPG | 478.98 KB |
Enviar un comentario novo