Responder ó comentario
A BRUXA
Enviado por josean o Dom, 09/11/2014 - 17:15Para o Samaín a clase de 5º B cos pobres medios cos que contamos, prepararon esta canción. Desta vez volvéronse, co maior respecto á cultura dun pais que tantas afinidades ten co noso como é México, cantadores de Huapango. Os rapaces souberon desta vez da dificultade de adaptar unha canción dunha lingua a outra, inda que sexan tan cercanas. Sen coñecer a melodía e tendo que conservar os esquemas rítmicos, o producto final foi moi aceptable. A canción orixinal é un clásico da cultura tradicional do Norte de México que ten un cento de letras diferentes, dende Lila Downs ao grupo veracruzano Tlen Hiucani que foi a que se elixiu para adaptar ao galego.