Responder ó comentario
Axilidade e coordinación (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Xov, 30/04/2020 - 11:06Hoxe vamos traballar con cuadrículas axilidade e coordinación, para iso non é preciso que os debuxedes como aparecen no vídeo poderemos facelo no corredor, ou en calquera outro lado no que teñamos baldosas (como facemos no cole).
Podedes practicar todos os desprazamentos que aparecen no vídeo e se inventades algún novo, enviádeme un correo explicándome o voso “reto” e compartirémolo con todos/as os do cole, inventa a túa maneira de desprazarse e compártea con nós (profetamaraef@gmail.com), lembra que non podemos pisar as liñas que unen as baldosas ou teremos que volver a comezar, tamén podes invitar a alguén da túa casa a que te acompañe no exercicio de hoxe.
Pero antes de comezar, lembra facer os exercicios de mobilidade articular (nocellos, xeonllos, cadeira, columna vertebral, ombreiros, cóbados, pulsos e pescozo), debemos preparar o noso corpo para a actividade que vamos a realizar.
Repite o exercicio tódalas veces que ti queiras!!
E para rematar a clase de hoxe, unha volta a calma na que aprenderemos a postura la lúa crecente.
Namasté
#euquedonacasa