Maio 2020

ELENA GALLEGO. DRAGAL I: A HERDANZA DO DRAGÓN

Como ela mesma di como cabeceira de presentación, Elena Gallego é periodista en tempos de crises e domadora de dragóns en mundos literarios. A saga DRAGAL, editada en galego por Edicións Xerais de Galicia, está sendo traducida a distintas linguas e saltará moi logo ás pantallas de cine e distintos soportes multimedia. "Dragal. A herdanza do dragón", que nos presenta neste vídeo, foi o primeiro libro da serie. Foi finalista no IV Premio Fundación Caixagalicia en 2009. No 2019 vén de publicar a última entrega da serie, Dragal V. O segredo do dragón". GRACIAS, ELENA, POR CELEBRAR CON NÓS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Xogo do Aloia (Viaxe ao reino das emocións)

Dende o proxecto "Viaxe ao reino das emocións" presentámosvos un pequeno xogo online no que pode participar toda a familia, para seguir traballando a educación emocional dende a casa. Trátase do "Xogo do Aloia", no que cada familia trasladarase, como Draco, ao Aloia, onde poderá ir avanzando na medida que contesta preguntas ou fai probas, ao tempo que se atopa cos personaxes da historia: Iris, as toupiñas, o Sabio, etc.

Podes visitalo nesta ligazón: https://view.genial.ly/5eba51818a39780d0f677cba/game-xogo-do-aloia

 

A FAMILIA (Relixión)

O 15 de maio é o Día internacional da Familia.

Hai moitos tipos de familias,

pero hai cousas comúns que son importantes para vivir en famila:

_ axuda mutua, respecto, compartir...

Quero compartir convosco un vídeo que fixen para este Día.

VALORAR O REGALO DE TER UNHA FAMILIA

é a nosa actividade.

 

_ O segundo vídeo fala en especial da GRATITUDE.

fai clic aquí

 

Podedes enviar os vosos traballos á miña direción:

 

sequeloreligion@gmail.com

Un puñado de botóns para conmemorar á familia

Ola amigas e amigos!

Dende o CEP Sequelo seguimos a celebrar dende a diversidade. Este venres, 15 de maio é o día da familia.

A continuación desexamos que disfrutedes co conto "Un puñado de botóns", un vídeo que ilustra a cantidade de familias diferentes que existen, cal é a túa?. 

Este material foi realizado en colaboración co Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe Montemogos.

Desexamos que vos guste!

 

MARIA SILÉNCIO

Spots Publicitarios (II)

Agora máis ca nunca os pequenos comercios que están volvendo abrir necesitarán dunha boa publicidade, boa publicidade como a que lle poden proporcionar os nosos pequenos artistas:

Axencia de Viaxes Mart Inc.

 

Chocobom

 

Dani Lamborghini

Bateaeucaliptos e a herba da pampa

Un xogo obra de Breixo Vidal Salgueiro ao que non lle gustan moito nin a herba da pampa, nin os eucaliptos.

 

Bateaeucaliptos e a herba da pampa

Un xogo obra de Breixo Vidal Salgueiro ao que non lle gustan moito nin a herba da pampa, nin os eucaliptos.

 

O Guá (Ed. Física)

O xogo de hoxe é o Guá, ten moitas variantes e diferentes nomes, a entrada de hoxe vana explicar Hugo, Estrella e Pedro. Esta actividade podemos practicala sós ou en compañía, pero como nos lembra Hugo só podemos xogar fóra e nun terreo que non sexa duro.

 

O Guá é un xogo infantil que consiste en introducir bolas pequenas ou “canicas” dentro dun burato impulsándoas cos dedos, Guá tamén se denomina o burato que se realiza no chan para xogar.

 

E para rematar… un pouco de actividade física, hoxe ides precisar unha pelota, e unha parella, desfrutade moito do día que xa é venres!!!!

 

#euficonacasa
#euquedonacasa

 

LINGUA GALEGA (15-05-2020)(3º)

Bos días!

Derradeiro día para traballar as Letras Galegas deste 2020! 

Hoxe propóñovos só dúas actividades (ben profe!)!! 

A primeira, gústame moito porque a miña avoa cantábame moitos "arrolos" para que durmise. Botoos tanto de menos, que ainda hoxe me custa coller o sono! Pedro Chosco tarda en pasar pola miña casa!

A segunda tarefa é para que me escribades e contedes cando vos sentides felices! Se fose eu... Tería tantas cousas que contarvos!!!

Ah! Déixovos dous debuxos para, se queredes e vos apetece, coloreedes!

O luns non vos mando tarefas, vale?

Disfrutade desta fin de semana longa! Moito ánimo e sentidiño!

Unha aperta moi grande!

A por mil primaveras máis!

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.