blogue dejosean

PONTE NAS ONDAS

 

PONTE...NAS ONDAS! é unha experiencia educativa que se vén desenvolvendo desde o ano 1995 grazas á cooperación entre escolas de primaria e secundaria de Galicia ( España ) e do norte de Portugal, coa participación doutros centros educativos doutros países.

Trátase dunha xornada que se iniciou coa emisión de 12 horas de programación radiofónica realizadas integramente por alumnos galegos e portugueses. Xa desde o ano 2003 chegou ás 24 horas de emisión con programas producidos por máis de 50 centros educativos. Estudantes de primaria, secundaria e ( desde a IX edición ) da Universidade, emiten programas de radio ( nas últimas edicións tamén de televisión por Internet ) elaborados por eles mesmos, en directo e en formatos moi diversos: concursos, variedades, música, entrevistas, conexións en directo entre diferentes estudos, etc. Aínda que o galego e o portugués son as linguas comúns da emisión, coa participaición de centros de Arxentina, Cuba, Chile e Colombia, o castelán tamén se incorporou á experiencia. Durante a xornada de comunicación os nenos e nenas dos todos os países participantes seguen a programación e participan activamente nela. 

Bo Nadal dende o EEI Virxe do Carme

 

Dentro do plan de Normalización que estamos levando a cabo, intercambiamos felicitacións de Nadal cos centros de Infantil que tiñamos preto de nos como é o caso, desta vez do EEI Virxe do Carme. Aos nenos do primeiro Ciclo fixolles especial ilusión volver ter contacto cos compañeiros e mestres de anos anteriores, e fruto deste traballo foron postais tan fermosas coma estas.

BO NADAL AOS COMPANEIROS DA ESCOLA DE INFANTIL 

Charla: Lesión Cerebral Traumática

 

O pasado 2 de Decembro recibimos no colexio a visita dun psicólogo que lles falou aos rapaces sobre as consecuencias e como convivir cunha lesión cerebral causada por un accidente. Posto que no colexio temos un rapaz que sufriu unha lesión deste tipo pareciunos do mais interesante que toda a nosa Comunidade Educativa coñecese mais de preto esta realidade. Para todos os que non poidemos asistir á charla  queda a testemuña videografica na nosa páxina.

NADAL 2011 CEP SEQUELO

E se primeiro foi a programación cultural do Concello de Pontevedra, logo o do noso pobo, desta vez toca o do noso colexio e neste pequeno programa de man, con postal de Nadal engadida coa que queremos felicitar ás familias de todos os que compoñemos a Comunidade escolar do CEP Sequelo, detallamos as actividades que imos realizar nestes días

Vive o Nadal coa túa xente

En canto nos fixemos cun pdf das actividades que o Concello de Marín ten programadas para estas festas do Nadal xa vedes que non tardamos nada en poñelo á vosa disposición.

Un soño na bandexa

Esta mañán os nenos de 1º estiveron acompañados de Mariné Lorenzo Corcoba e o seu libro  "Un soño na bandexa", libro que está doado a Asociación Contra o Cancro. Mariñé encheu un libro de bos e dulces desexos e os nenos de primeiro encheron tamén a súa propia bandexa.

A árbore de Nadal

E como non todo vai ser tradición aqui vos deixamos esta panxoliña un chisquiño mais moderna

Personaxes do Nadal galego

Se os Reises Magos tiñan unha grande importancia no noso Nadal moitos outros persoaxes poboaban ao longo de Galicia as nosas festas. O mais coñecido pola difusión que está tendo últimamente entre asociacións e colectivos de carácter cultural é este APALPADOR proprio das Montañas Orientais de Galicia, do Courel e do Cebreiro, das Serras do Invernadoiro e que en Ourense é coñecido como o PANDINGUEIRO. A tradición aparece recollida neste libro de Xoán G

Pero mais preto de nos existen outras persoaxes que aparecen nestas datas como O DEMO ASUBIADOR de Vilaboa.   O tal perello ten por ocupación escoller no aninovo o parvo da aldea, un parvo por ano. O demo inviste o seu lecer, que é moito, asubiando no ouvido do escolleito. A vítima pasa o ano escoitando campás e sen saber onde. Cumprido o prazo, o mítico pillabán afánase na elección doutro coitado, e, segundo din, isto leva acontecendo dende que as orellas penduran da cachola.


Panxoliñas, aninovos, aghinaldos, manueles, cantos de reises...

Non era Lugo, as montañas do Caurel, o Apalpador, o Pandigueiro...era Marín e como en moitos pobos de Galicia había o costume de cantar e moito nestas datas. Reis, aguinaldos, manueles...todo isto cando os teus avós eran pequenos non era infrecuente oilo no mesmiño centro de Marín; maiormente cantado no castelán que eles coñecían, moi deficiente; pois ía destiñado a ser cantado ás xentes mais ricas do lugar que xa adoptaran o castelán como a lingua de prosperidade financieira i eran os que podían da-lo aguinaldo. De todos xeitos inda algunha cantiga en galego se conserva na memoria dos nosos maiores.  Nos permitimonos traducir os textos que estaban en castelán que son os que deixamos entrecomillados

Esta casiña é pequena

e por dentro é de papel

e que vivan moitos anos

o home e maila muller,

e mailos fillos tamén

 

"Bendita sexa esta casa

e o canteiro que a fixo,

a dona que vive nela

é a flor do paraíso.

 

Non hai quen me acompañe

a ir a Belén

Non hai quen me acompañe

Soliña irei

Soliña irei"

E isto é só un pequeno exemplo do que era a tradición do Nadal no pobo de Marín no que tamén temos recollido algún Manuel que se cantaba na festividade do santo o 1 de Xaneiro, do estilo de:

"Viva o Sr. Manuel,

cabaleiro de gran gala,

A gastronomía do Nadal de Marín: a torta de rixóns

Imos empezar pegandolle un saboroso bocado a este Nadal que comeza cun dos pratos mais típicos da gastronomía do Nadal en Marín: a torta de Rixóns. Para outro día deixaremos as mazás asadas que por ter o costume de servirse o día de Noiteboa en viño tinto con azucre non podemos divulgar neste sitio

 

Ingredientes para 6 persoas:

• Tres cuartos de quilo de fariña

• Dúas culleres de azucre

• Un ovo

• Unha fecha de aceite quente

• Rixóns

• Uvas pasas, piñóns, noces e outros froitos secos

• Canela en pó

• Anís

• Lévedo

• Unhas areas de sal

 


Modo de preparación

 

Para que quede ben traballada a masa é mellor prescindir de recipientes e mesturar os ingredientes directamente sobre a mesa, coas mans. Hai que arremangarse, como se fai coas empanadas, e empoirar con fariña a superficie sobre a que traballamos para evitar que o pastel se pegue.

LECER NO NADAL

Se algún ten a oportunidade de achegarse a Pontevedra nas vindeiras festas de Nadal cos nenos estas son as actividades co Concello ten programadas. Pra poder velo fai dobre click enriba do folleto e move o zoom ata que teña a medida axeitada

En canto teñamos a de Marín tamén vola poremos no blogue

En galego tamén se fai ciencia

"En galego tamén se fai ciencia" é unha campaña promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística e integrada polas tres universidades galegas. Nela participan investigadores/as de prestixio de diferentes ámbitos científicos, ten como principais obxectivos avalar a validez da lingua galega tanto para a docencia como para a investigación e contribuír á desaparición de preconceptos sobre as linguas.

Magosto 2011

Ademais dunha morea de castañas asadas....

FRAN ALONSO NA BIBLIOTECA

Se onte contabamos cun artista intemporal no eido da nosa cultura, hoxe acudiu á nosa Biblioteca un dos mais recentes autores en galego, Fran Alonso co que compartimos unha mañá chea de poesía. Fran Alonso ven de editar un libro para adultos chamado "Ninguén", mais a obra da que nos viu falar foi a que nos utilizamos como libro de lectura no colexio "O meu gato é un poeta" e coa que este fin de semana tamén estará presente no Culturgal en Pontevedra acompañado de Xurxo Souto á carrego da banda sonora do libro. Se queredes saber algo mais da obra do autor ten un interesante blog na seguinte dirección  http://cabrafanada.blogspot.com/

Visitounos Antón Castro

Un compañeiro da provincia de Lugo, compoñente do grupo "Fuxan os Ventos" e mestre de mestres da nosa música tradicional e da nosa cultura oral popular visitounos onte, día 29 de Santos. Con él compartimos  una mañanciña moi divertida ao mesmo tempo que aprendimos moitas cousas do que é mais noso, o que os que estiveron antes ca nos nos deixaron como herdanza. Antón Castro deixounos unha pequena semblanza do traballo que realiza, como mestre de música, no seu colexio de Outeiro de Rei.

Por que é bo aprender e falar galego?

Dende o blogue Mil Primaveras cheganos este tríptico que alíl lle chegou dende a Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra dos beneficios de falarmos dúas linguas dende moi pequenos.

Os pobos de España

Localiza cos teus pais os distintos pobos de España e bate records. Ten coidado pois é altamente aditivo, sobre todo entre os pais. De todos os xeitos é unha boa forma de aprender xogando.

Para acceder ao xogo fai click na imaxe.

Se queres xogar coas provincias ou Comunidades vai aqui.

Vagalume

Esta pequena xoia témola na nosa Biblioteca

 

EDMODE

A Cangas, os de Marín non imos só a chorar, ás vece tamén se atopan alí interesantes ferramentas didácticas coma este EdModo. Grazas aos compañeiros do Ceip Castrillón de Coiro puidemos adentrarnos en todas as calidades desta ferramenta online que permite ter unha maior interacción entre mestres e alumnos/as, mestres e mestres, alumnos/as e alumnos/as, unha ferramenta que favorece o ensino colaborativo. A única pega que lle vemos é que vai moi enfocada a aqueles centros onde os seus nenos dispoñen de acceso individualizado á rede, que non é o noso caso por agora, inda que o solicitaramos, máis algún rendemento lle sacaremos.

Se algún compañeiro lle quere botar unha ollada aqui deixamos un manual:

FOTOS

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.