Orientación

Consellos para organizar a vida diaria na casa durante a cuarentena

Para levar mellor estes días que estamos recluídos na casa, propoñémosvos uns consellos básicos recomendados polos psicólogos/as:

  1. Respectar os horarios e hábitos principais, coidando especialmente:

    . Horarios de espertar, durmir e comidas.

    . Un tempo diario de traballo escolar.

    . Actividade física.

    . Axuda doméstica.

    . Períodos de descanso.

  2. Contar cos fillos/as na planificación do día : Elaborar axenda contando coa opinión e aprobación dos nenos/as.

  3. Non esquecer a actividade física: Podemos propoñer exercicios xuntos.

  4. Coidar a nutrición: Respectar horarios e calidade das comidas.

  5. Respectar as clases ou ensinanza online: É importante que os nenos/as sigan as pautas dos profesores/as do seu centro educativo e que fagan os deberes asignados.

  6. Deixar tempo para que xoguen: Despois do estudo e os deberes, é bo que os nenos/as se distraian vendo a televisión, coa consola ou xogando cos seus xoguetes. Na medida do posible aproveitamos para compartir con eles este tempo de ocio.

  7. Permitir tempos de inactividade, descanso: tumbarse na cama (durmir sesta), relaxarse...

Exemplo de axenda diaria (flexible, para adaptar ás necesidades particulares):

9:00 - 10:00 Espertamos, almorzo, aseo, tarefas domésticas básicas (facer a cama,...)

 10:00 -13:00 Traballo da escola, con media hora de descanso (11:30 a 12:00)

 13:00 - 14:00 Descanso, axudar na cociña e na limpeza e orde da casa, ...

 14:00 - 15:00 Xantar, recoller...

 15:00 - 16:00 Descanso, TV, xogo libre (tablets, consolas...)

 16:00 - 20:00 Actividades lúdicas: exercicio físico (baile, xogos de movemento corporal, exercicios de ximnasia, pilates, taekwondo...), lectura, música, debuxar, pintar, xogos mesa (parchís, cartas, xadrez, puzzles, construcións...), con tempo para a merenda (18:00 a 18:30).

20:00 - 21:30 Cea, recoller...

 22:00 Hora de durmir

Suxestións para actividades lúdicas:

 Diario Las Provincias

 OK diario

 Sitly, 15 ideas para xogar na casa con nenos/as.

Para os que teñades fillos na etapa de educación infantil, Guía completa de actividades e consellos escolares para nenos/as de Educación Infantil, publicado no xornal Faro de Vigo (20/03/2020)

Consellos para manter a calma:

Consellos para non agobiarse coa coarentena: Diario El País, 28 marzo 2020.

Durmir media hora menos e outros consellos para descansar mellor durante o confinamento Diario El País, 2 abril 2020.

O alumnado de 6º curso visita o IES Illa de Tambo

Hoxe os dous cursos de 6º visitamos o IES Illa de Tambo. Antonio, o seu director, presentounos a biblioteca, o salón de actos, as aulas de 1º e 2º de ESO onde atopamos a compañeiros/as coñecidos, a aula de música, o pavillón e o ximnasio, e tamén os laboratorios de física e de bioloxía. Gustounos a visita!

Viaxe ao reino das emocións

Este ano os alumnos de 1º curso estamos a traballar coas EMOCIÓNS. Participamos no proxecto "Viaxe ao reino das emocións". Esta semana estivemos escoitando e pensando sobre un conto no que o protagonista é un simpático dragón, DRACO. Despois fixemos uns monicreques para representar o conto.

Bolsas e axudas para alumnado con NEAE 2019-2020

O Ministerio de Educación convoca Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave da conduta.

O prazo para solicitar a bolsa remata o día 26 de setembro (xoves). A solicitude hai que cubrila no enderezo web do Ministerio de Educación:

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2019.html

Onde presentala?

  • Solicitantes con certificado recoñecido de firma electrónica: a través do rexistro telemático deste Ministerio, adxuntando un escaneado dos certificados correspondentes.
  • Solicitantes sen certificado recoñecido de firma electrónica: imprimirán o modelo de solicitude e presentarano, unha vez firmado por todos os membros da unidade familiar que deban facelo, no centro educativo.

Entrevista a Aicha e Maroua

Manuel, Ángela, Lucas, Samuel e Mateo entrevistan a Maroua e Aicha, que nos contan cousas moi interesantes das súas orixes, familia e cultura.

Na elaboración do guión radiofónico contaron coa coordinación da profe Silvia que durante varios días traballou co grupo.

 

Falamos de Antonio Fraguas?

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano adicado a Antonio Fraguas Fraguas, catro alumnos de quinto e sexto prepararon, para o alumnado de 1º e 2º, a biografía do autor e o recitado dunha cantiga popular que aparece recollida no "Cancioneiro de Cotobade".

Andrea (5ºB), Brian (6º B), Cristian (5ºB) e Laura (5º B) mostraron moito interese e preocupación por achegarse ós mais pequenos. Con axuda dos compañeiros de 5º B elaboraron debuxos dos animais que aparecen "No casamento da pulga" título da cantiga.

Foi unha experiencia moi motivadora, enriquecedora e ideal para reforzar a nosa autoestima.

 

Bolsas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo 2018-2019

Está aberta a convocatoria deste curso para presentar solicitudes de bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O prazo para presentar as solicitudes de axuda rematan o xoves día 27 de setembro.

Lembren que se deben presentar mediante formulario por internet.

Acceda a toda a información en:

https://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/infantil/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Charla para pais e nais sobre acoso escolar

O martes día 16 de xaneiro o policía José Amedo impartiu unha charla sobre o tema do acoso escolar dirixida aos pais e nais do alumnado de 5º e 6º cursos do noso centro. En primeiro lugar temos que felicitarnos pola numerosa asistencia de pais e nais, rondando as 20 persoas, cando noutras charlas sobre o mesmo tema a asistencia soe ser moito menor.

O poñente explicounos en que consiste o acoso escolar e cales son os tres protagonistas para que exista situación de acoso: vítima, agresor e espectadores. O acoso escolar prodúcese cando de xeito reiterado durante un periodo de tempo unha vítima é obxecto de agresións (físicas, verbais, psicolóxicas, etc.) por parte dun agresor e esa situación é mantida pola existencia de espectadores, outros compañeiros/as que consinten esas agresións e non as denuncian. Un episodio puntual de agresións non se considera acoso escolar. En todos os centros educativos existe un protocolo de actuación que se pon en marcha cando se detecta unha situación de acoso.

O poñente centrouse moito no tema do ciberacoso, é dicir, situacións de acoso que se producen cando utilizamos internet. Hoxe en día existe un risco grande de que calquera dos nosos fillos e fillas padeza nalgunha medida situacións de ciberacoso, ou ao menos sexa testigo delas. Moitos pais e nais non son conscientes dos perigos de navegar por internet, que para poñer un exemplo, son similares aos que nos expoñemos cando andamos polas rúas. Cando saímos á rúa e temos que cruzar a calzada utilizamos os pasos de peóns e miramos aos lados para ver se veñen coches. Ese mesmo tipo de precaucións deberiamos utilizalas en internet, tendo coidado coa información que compartimos, coidado de relacionarnos con persoas descoñecidas, etc. Cando andamos pola rúa non imos berrando a nosa vida privada para que todo o mundo se entere, pero sen darnos conta podemos facelo cando compartimos a nosa información nas redes sociais.

Na web de OSI (Oficina de Seguridade do Internauta) atopamos unha excelente guía de recomendacións para pais e nais, en formato pdf de 25 páxinas. As recomendacións veñen dirixidas por grupos de idades dos fillos: de 3 a 5 anos, de 6 a 9 anos, de 10 a 13 anos e para maiores de 14 anos. Recomendamos a súa lectura.

21 de marzo "Día Mundial da Síndrome de Down"

Hoxe 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down, e dende o CEP Sequelo, queremos sumarnos á iniciativa internacional dos calcetíns desparellos https://downgalicia.org/2020/03/18/calcetins-desparellos-para-conmemorar-o-dia-mundial-da-sindrome-de-down/.

Esta campaña busca concienciar e apostar pola importancia da inclusión e diversidade. Queremos enche a nosa web de calcetíns de tódalas cores e estampados. Envíanos a túa foto á dirección de correo sequelonacasa@gmail.com.

Anímate a participar!

A profe Tamara de Educación Física foi a primeira en animarse...

VISITA AO IES MESTRE LANDÍN

Na visita ao Mestre Landín os nenos quedaron encantados co que alí viron: robotica, realidade aumentada, unha fermosa biblioteca e sobre todo profesores con moitas ganas de traballar por e para os seus alumnos

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.