Entroido
Semana do Entroido
Enviado por inesduran o Sáb, 10/02/2024 - 12:26Entrevistas na beira: "O enterro da sardiña"
Enviado por josean o Xov, 08/02/2024 - 21:49Dende polo menos 1882 vense celebrando en Marín o Enterro da Sardiña. O enterro da Sardiña é unha celebración que marca por toda España o final do Entroido urbán e que ten lugar o Mércores de Cinza, pero o Enterro en Marín ten unhas peculiaridades que o fan diferente. O pobo de Marín, mariñeiro, desde ás súas orixes soubo adaptalo á súa realidade, con ladanía e música de seu; música que aparece no podcast.
Quen máis sabe do Enterro é Celso Méndez Fraguas, por telo vivido dende que recomezou a súa andadura en 1976 e como os nenos de 5º querían saber do seu Enterro da Sardiña, quen mellor.
Desfile de comparsas, baile e degustación de lambetadas. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Mér, 22/02/2023 - 18:15Celebramos o Entroido 2023 facendo comparsas, desfilando polas rúas de Marín e actuando na alameda coas cancións que crearon coa temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
Obradoiro de filloas. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Xov, 16/02/2023 - 22:11Un ano máis, ao chegar o Entroido, facemos protagonista á nosa "Raíña do Entroido", a filloa.
Este Entroido correspondería o "XIX Obradoiro da Filloa", foi un obradoiro de filloas distinto, no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Todo isto baixo a atenta supervisión da profe Belén, e a axuda de Mari.
Está actividade, enmárcase no CPInnova (EDUsaúde e EDUsostibilidade), e o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.
"Velorio da Sardiña" na Biblioteca. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Mér, 15/02/2023 - 00:00O "Ateneo Santa Cecilia" en colaboración co Concello de Marín, están a traballar para que o tradicional "Enterro da Sardiña" sexa declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.
Pois para que nos enteremos un pouquiño mellor da historia antiga e recente deste "enterro", tivemos unha charla divulgativa impartida por Lois González e Celso Méndez, do Ateneo Santa Cecilia.
Entroido 2023
Enviado por inesduran o Ven, 10/02/2023 - 16:13Outro ano máis por estas datas preparámonos para o Entroido.
A próxima semana faremos o tradicional Mandadiño.
Imos procurar reutilizar e reciclar,
Segue os enlaces e visita o blogue da nosa BIBLIOTECA
Cun pano da túa nai, convírtete en Superman. Fai un gorro de papel, ti serás un bo grumete.
É metade de semana, vente coa cara pintada. Xa me quedo sin ideas, disfrázate como queiras.
|
En apoio ao proxecto deste curso:
"Protexo o meu Planeta, Protéxome eu"
cada ciclo vai saír polas rúas de Marín o venres 17
cun disfraz relacionado coa natureza ou coas tres RRR
ENTROIDO 2022
Enviado por inesduran o Sáb, 26/02/2022 - 00:19Entroido
Durante esta semana de entroido,
sen esquecer o PDI "Os inventos que cambian o mundo",
e despois de investigar sobre o lume, a roda, o arado e...
disfrazámonos de inventos ou inventores.
Mirade que enxenio tivemos...
Moitas Grazas á ANPA pola chocolatada
e ás filloeiras de Valongo
pola degustación deste postre tan noso.
Algúns exemplos de creatividade
Entroido 2022
Enviado por inesduran o Ven, 18/02/2022 - 12:26ENTROIDO
Chega o Entroido
ao noso Sequelo.
..............................................................................
VENRES
Venres para rematar
de invento ou
de inventor virás.
........................................
O XOVES
Moito ollo boa xente,
mañán viredes
con lentes.
O MÉRCORES
Se te pos a investigar,
unha bata has precisar.
O LUNS
Esperta do teu sono
e pon na túa cara
un EMOTICONO
Sen esquecer o proxecto de centro sobre
os inventos,
iremos pensando nos seguintes días...
MARTES
Se non queres dar pena,
trae na cabeza
unha antena.
...............................
…………………………………………………………….