"MAIO MARIÑEIRO" 2016
O Maio Mariñeiro, con imaxes da mañá que amosan como se teñen que cantar os maios. Pola tarde nunca se pode facer en debida forma, non polo espazo reducido, se non pola cantidade de rapaces que cada maio leva (antes eran como moito sete ou oito). Como vedes intentamos conservar os aspectos simbólicos da festa sempre que é posibel, e o solista (como se vén facendo dende que o mundo é mundo) canta dende debaixo do maio, inda que iso conleve que a coroa quede torcida e o ter que adaptar a letra a esa circunstancia, ou xa foi antes, en previsión?
Enviar un comentario novo