Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia para os alumnos do CEP Sequelo de 5º e 6º de primaria.
Por segundo ano consecutivo, os alumnos e alumnas de terceiro ciclo de primaria do CEP Sequelo de Marín, participan no programa de La Voz de Galicia de Prensa-Escuela.
Prensa-Escuela é una aposta de La Voz de Galicia (cabeceira líder en Galicia e sexta no ámbito nacional gracias aos seus máis de 600.000 lectores diarios) para que o xornal chegue á escola e se converta nun importante elemento pedagóxico no proceso de aprendizaxe dos alumnos. O seu fin é que, a través das súas páxinas, os escolares desenrolen o sentido crítico que lles axudará a formarse como cidadáns dunha sociedade plural e democrática.
Prensa-Escuela pon a disposición das aulas exemplares de xornal; un suplemento semanal, La Voz de la Escuela; unha páxina web; cursos para que os profesores aprendan a utilizar o xornal na clase e talleres de novas tecnoloxías; concursos para que os alumnos aprendan a exercer de xornalistas e para incentivar aos docentes nos seus proxectos pedagóxicos, e blogs, para que os escolares crean o seu propio soporte en Internet. La Voz de Galicia tamén abre as súas portas para que a comunidade escolar coñeza as súas instalacións.
Enviar un comentario novo