7 de ABRIL- DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
ESTE ANO O LEMA DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE É: "A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO", coa finalidade de defender o dereito da poboación a ter acceso a servizos de saúde, educación e información, así como a auga potable, aire limpo, boa nutrición, vivenda, condicións ambientais e de traballo decentes.
No noso colexio, grazas á Anpa, tivemos a oportunidade de que Antonio Casal (Aula de Saúde do Club Baloncesto Peixefresco Marín) viñese a dar dous talleres (un para nenos/as e outro para mestres/as e familias) relacionados cos Primeiros Auxilios, centrándonos mais no RCP.
Aprendemos moitísimo e sobre todo, quedamos coa frase de "a peor RCP é a que non se fai".
Moitas grazas, Toño e Anpa Aidón por esta formación tan necesaria.
Enviar un comentario novo