Os Peregrinos do CEP Sequelo
Camiño Portugués
Para rematar o proxecto EduKasano,
fixemos o pasado venres un acto final
animando os últimos días de curso
con cantigas, poemas e música
relacionadas co Camiño de Santiago.
Peregrinos de 3º vestidos con capa e sombreiro feito por eles e
acompañados pola profe Belén, tamén de peregrina medieval.
Os compañeiros de 6º fixeron unha rima en Inglés
acompañada con xestos :
"We are the pilgrims"
Os compañeiros de 5º entoando unha cantiga,
" Pasodobre de Porriño a Redondela"
Por último cantamos o himno do peregrino de Santiago máis antigo,
"Dum Pater Familias"
Animádevos a coñecer en familia
os fermosos rincóns do Camiño Portugués
que cruzan Galicia,
cidades cheas de historia estudiadas nas clases
e que agora os nosos nenos
gustarían de visitar.
Enviar un comentario novo