COMPOSTAXE COS PEQUENOS
O día 15, os nenos de 6º, fomos explicarlles a 2º, 3º e 4º como funcionaba o composteiro do colexio. Pasámonos polas súas clases e levámolos fóra para amosarlles o composteiro e o aireador, que é un aparato que serve para facer buracos no compost para que os vermes respiren e non se morran. Nos traballos ensinámoslles o que se podía botar (peles de froitos, cascas...) e o que non (plásticos, latas...), o cubo azul que contiña follas e paus para botar no interior do composteiro e así axudar aos vermes a compostar as peles e o demais.
Enviar un comentario novo