Responder ó comentario
A PÍNTEGA
Enviado por josean o Mér, 20/05/2015 - 20:31Hai tres anos cando empezabamos co Abalar envexabamos outros colexios onde os seus nenos eran quen de traballar as presentacións; daquela semellaba moi lonxano, hoxe no noso centro é o pan de cada día, xa ata aburren como medio.
Un día indo para a praia descubriron enriba dunha pedra un becho ao que lle sacaron fotos que logo trouxeron ao colexio. Este foi o traballo que ao redor do tal Sr. Don Becho fixeron Aixa e Carmela; ademais da estupenda estatuiña do mesmo que podedes ver no video. Fixerono moi ben, mais elas non saíron moi contentas, coidando que o podían facer mellor. Iso é bo