blogue dexose
Mateo e a súa tarxeta de Draco
Enviado por xose o Mar, 07/04/2020 - 22:03Mateo entrou na ligazón do Reino das Emocións e compuxo a súa propia historia que quere compartir con nós. Ben feito!
Aviso familias: vacacións de Semana Santa
Enviado por xose o Sáb, 04/04/2020 - 10:18Durante a Semana Santa (6 ao 13 de abril), ao tratarse dun período de vacacións xa establecido, non se publicarán tarefas para o alumnado na web dinámica nin se avanzarán materias. Esperamos novas instrucións sobre o funcionamento no terceiro trimestre e en canto as recibamos farémolo saber á comunidade escolar.
Asegurádevos de ter instalada e funcionando a aplicación "Abalar Móbil" posto que é unha aplicación básica para poder manteros en contacto cos docentes, recibir as cualificacións do 2º trimestre ou propostas de traballo para os vosos fillos e fillas.
Videotitoriais para docentes e familias sobre servizos dixitais educativos (Consellería de Educación)
Enviado por xose o Ven, 03/04/2020 - 14:45Videotitoriais sobre os servizos dixitais educativos para docentes e familias: abalarMóbil, Agueiro, Webs Dinámicas e videoconferencias Webex
Aula virtual aberta do proxecto Webs Dinámicas (Guías rápidas para usar a Aula Virtual)
Guía para usuarios (profesor) da Aula virtual do centro (CEIP Víctor Seaone)
Creación e xestión de cursos en Moodle (Aula Virtual) do CFR de A Coruña. (Explicacións con vídeos).
Draco tamén queda na casa
Enviado por xose o Mar, 31/03/2020 - 22:58Ola nenos e nenas de primeiro curso, Draco, o noso amigo do reino das emocións, enviounos unha mensaxe. (Pincha na imaxe para lela).
Tamén nos deixa un xogo para os que teñamos ordenador. Consiste en facer unha tarxeta semellante á que vedes arriba, pero co voso toque persoal. A ver se sodes capaces de facer a vosa propia tarxeta con mensaxes positivas para animarnos a todos e todas.
Para xogar podemos escoller personaxes, escenarios, diálogos, obxectos e músicas, pulsando na casiña "Validar". Despois de escollelos todos pinchamos na casiña "Ver" e movemos os diversos elementos segundo queiramos. Finalmente pinchamos en "Descargar" e xa temos no noso ordenador o debuxo, que podedes envialo ao profe para subilo á web.
Ánimo
Aprende ciencia na casa co CSIC
Enviado por xose o Mar, 31/03/2020 - 09:53O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) conta cun amplo abano de recursos online para achegarse á ciencia a calquera idade.
Exposicións e museos virtuais, debuxos animados e outros vídeos, blogs, experimentos, xogos, apps ou libros descargables sobre todas as áreas do coñecemento son algunhas destas propostas.
Un día con... (3): Marián
Enviado por xose o Ven, 27/03/2020 - 19:01Mi rutina es: me levanto, recojo mi habitación, desayuno, juego en el jardín, como, hacer deberes. Cuando los acabo, hacer manualidades, hablar un poco con mis amigas, jugar en el jardín, regar mis plantas, decorar mi habitación. También hicimos una guarida y reciclamos cosas para la guarida.
Marián Añón 5º A
Un día con... (2) Ariadna. 6ºB
Enviado por xose o Ven, 27/03/2020 - 11:45Empiezo las mañanas con una misma rutina: me aseo, desayuno, realizo alguna tarea de la casa junto con mi hermano para ayudar a nuestros padres. A las 10:00 me conecto por el potátil con mi tutor Miguel, para ver las actividades que tengo que hacer. Durante la mañana hago todas las actividades y después de comer dedico mi tiempo libre a leer, jugar con mi familia a juegos de mesa, a las cartas, toco la guitarra, pinto sobre lienzo y de vez en cuando hablo también con mis amigas por videollamada. Después de cenar solemos ver una peli en familia. Para finalizar, cuando nos vamos a la cama, rezamos a Dios para que todo esto pase pronto y podamos volver a nuestras rutinas sanos y salvos. Tenemos que cuidarnos mucho y ser responsables porque esa será la mejor arma para luchar contra el coronavirus.
Ariadna Vaquero Álvarez
Dende a casa
Enviado por xose o Xov, 26/03/2020 - 14:01Estimadas familias:
Recollemos varias propostas para levar a cabo cos nenos/as, e que figuran no primeiro bloque da dereita desta páxina web: Dende a casa. Todos podemos participar cos nosos vídeos de Contos, Poemas, Música, Manualidades, Hoxe aplaudimos a... ou Un día Con... e mesmo Mensaxes de ánimo.
"HOXE APLAUDIMOS A....". Consiste en que os nenos/as nos manden unha redacción ou un pequeno video, como prefiran, relatando o traballo que moitos e moitas de Vdes. están realizando durante esta crise, tanto no ámbito sanitario como dos transportes, do mar, alimentación, comercio, industria, teletraballo, etc., xa que somos conscientes de que moitos de Vdes. están traballando arreo durante esta crise. Os nenos/as poden entrevistalos e contarnos en que consiste o seu traballo ou o dalgún familiar ou veciño durante estes días. Logo iremos subíndoos á paxiña web e aos blogs do colexio, contando coa súa autorización.
Outra proposta é que os nenos/as nos contasen que fan cada día , en forma de diario ou de axenda, por ex. "levántome ás 9, almorzo, estudo,etc." . Chamariámolo "UN DÍA CON... (nome do neno/a)” e tamén se subirían á web. Saúdos cordiais.
Lembrade enviar as vosas propostas ao e-mail : sequelonacasa@gmail.com
Recursos de Editorial La Calesa
Enviado por xose o Mar, 24/03/2020 - 10:36
Para intentar axudar aos alumnos de Primaria e Secundaria que estos días teñen que permanecer nos seus domicilios, Editorial La Calesa creou una publicación especial gratuita para poder realizar tarefas e deberes en casa.
Os contidos son documentos en formato PDF, e pódense visualizar directamente online ou ben descargar e gardar en ordenadores e dispositivos. Tamén se poden imprimir nas casas.
Tarefas para casa cuarentena Coronavirus - 1º de Primaria
Tarefas para casa cuarentena Coronavirus - 2º de Primaria
Tarefas para casa cuarentena Coronavirus - 3º de Primaria
Tarefas para casa cuarentena Coronavirus - 4º de Primaria
Tarefas para casa cuarentena Coronavirus - 5º de Primaria
Tarefas para casa cuarentena Coronavirus - 6º de Primaria
Participa cos teus COMENTARIOS
Enviado por xose o Mar, 24/03/2020 - 10:16Bo día a todos/as:
Onte habilitamos os comentarios das noticias do blog para que todos/as poidades participar expresando as vosas opinións (positivas, porfa) e así nos axuden a animarnos os uns aos outros. Ao final de cada noticia aparecerá unha ventá onde poderedes escribir o que vos apeteza. Non esquezades poñer o voso nome ao final do comentario.
Grazas
Aulas Galegas
Enviado por xose o Lun, 23/03/2020 - 22:28Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 ofrecen unha axuda educativa á sociedade.
Ofrece moitas propostas para os diversos niveis educativos.
Chrome Music Lab
Enviado por xose o Xov, 19/03/2020 - 22:54Animávosvos a experimentar con esta aplicación web, que pretende achegar conceptos e desenvolver destrezas musicais a través do xogo cunha apariencia amable.
As posibilidades van desde a creación de melodías, pasando pola aproximación ao coñecemento do fenómeno físico polo que se produce o sonido ata o desenvolvemento da creatividade unindo pintura e música.
Neste pequeno manual explícannos as posibilidades desta aplicación.
Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego
Enviado por xose o Xov, 19/03/2020 - 22:29Dende o CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) remítennos estas directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego.
Adxúntase un pdf de 10 páxinas, con servizos e recursos para o desenvolvemento da aprendizaxe a distancia.
Blog de Segundo curso
Enviado por xose o Mér, 18/03/2020 - 13:13Blog de Primeiro curso
Enviado por xose o Mér, 18/03/2020 - 13:03Recursos para a aprendizaxe en liña (INTEF)
Enviado por xose o Mar, 17/03/2020 - 10:24O INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) creou o sitio web “Recursos para a aprendizaxe en liña”, no que se ofrecen diversos materiais e recursos para a ensinanza a distancia.
Constitúen unha selección de máis de 20 aplicacións online que resultan útiles para mellorar a metodoloxía docente.
Consellos para organizar a vida diaria na casa durante a cuarentena
Enviado por xose o Lun, 16/03/2020 - 14:11Para levar mellor estes días que estamos recluídos na casa, propoñémosvos uns consellos básicos recomendados polos psicólogos/as:
-
Respectar os horarios e hábitos principais, coidando especialmente:
. Horarios de espertar, durmir e comidas.
. Un tempo diario de traballo escolar.
. Actividade física.
. Axuda doméstica.
. Períodos de descanso.
-
Contar cos fillos/as na planificación do día : Elaborar axenda contando coa opinión e aprobación dos nenos/as.
-
Non esquecer a actividade física: Podemos propoñer exercicios xuntos.
-
Coidar a nutrición: Respectar horarios e calidade das comidas.
-
Respectar as clases ou ensinanza online: É importante que os nenos/as sigan as pautas dos profesores/as do seu centro educativo e que fagan os deberes asignados.
-
Deixar tempo para que xoguen: Despois do estudo e os deberes, é bo que os nenos/as se distraian vendo a televisión, coa consola ou xogando cos seus xoguetes. Na medida do posible aproveitamos para compartir con eles este tempo de ocio.
-
Permitir tempos de inactividade, descanso: tumbarse na cama (durmir sesta), relaxarse...
Exemplo de axenda diaria (flexible, para adaptar ás necesidades particulares):
9:00 - 10:00 Espertamos, almorzo, aseo, tarefas domésticas básicas (facer a cama,...)
10:00 -13:00 Traballo da escola, con media hora de descanso (11:30 a 12:00)
13:00 - 14:00 Descanso, axudar na cociña e na limpeza e orde da casa, ...
14:00 - 15:00 Xantar, recoller...
15:00 - 16:00 Descanso, TV, xogo libre (tablets, consolas...)
16:00 - 20:00 Actividades lúdicas: exercicio físico (baile, xogos de movemento corporal, exercicios de ximnasia, pilates, taekwondo...), lectura, música, debuxar, pintar, xogos mesa (parchís, cartas, xadrez, puzzles, construcións...), con tempo para a merenda (18:00 a 18:30).
20:00 - 21:30 Cea, recoller...
22:00 Hora de durmir
Suxestións para actividades lúdicas:
Sitly, 15 ideas para xogar na casa con nenos/as.
Para os que teñades fillos na etapa de educación infantil, Guía completa de actividades e consellos escolares para nenos/as de Educación Infantil, publicado no xornal Faro de Vigo (20/03/2020)
Consellos para manter a calma:
Consellos para non agobiarse coa coarentena: Diario El País, 28 marzo 2020.
Durmir media hora menos e outros consellos para descansar mellor durante o confinamento Diario El País, 2 abril 2020.
Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 dende o día 16 ao 30 de marzo de 2020
Enviado por xose o Xov, 12/03/2020 - 21:09O alumnado de 6º curso visita o IES Illa de Tambo
Enviado por xose o Mar, 18/02/2020 - 13:13Hoxe os dous cursos de 6º visitamos o IES Illa de Tambo. Antonio, o seu director, presentounos a biblioteca, o salón de actos, as aulas de 1º e 2º de ESO onde atopamos a compañeiros/as coñecidos, a aula de música, o pavillón e o ximnasio, e tamén os laboratorios de física e de bioloxía. Gustounos a visita!
Liga Lego Junior 2019-2020: presentación do proxecto en Ferrol
Enviado por xose o Lun, 17/02/2020 - 23:55O sábado 15 de Febreiro tivo lugar a presentación dos proxectos da Liga Lego Junior no auditorio de Ferrol. Saíunos todo xenial e quedamos moi contentos co noso traballo. Ímovos amosar algunhas imaxes dese día:
Diploma de felicitación a CEP Sequelo como gañador do premio "Exploradores Cooperativos"
O equipo coa medalla e o diploma:
Foto cos pais e nais que nos acompañaron:
O noso traballo exposto:
O equipo durante a súa presentación:
O vídeo da nosa presentación, que dura 7 minutos:
Ímovos contar un breve resumo da xornada:
Tivemos que levantarnos da cama ben cedo, pois ás 7 da mañá saímos para Ferrol. Foi moi bonito ver as cores rosadas e azuis do mencer. Chegamos ao auditorio sobre as 9 horas e xa nos estaban esperando para darnos as acreditacións e as entradas.
No auditorio había unha sala grande onde tivemos exposto o noso traballo xunto aos de outros 20 equipos nas categorías de 4 a 6 e de 6 a 9 anos. A iso das 11:30 déronnos un bocata de merenda. Por fin, ás 12:30 chegou a hora de presentar o noso traballo diante do xurado, formado por dous científicos e unha científica (podédelo ver no vídeo anterior).
Sobre as 13 horas déronnos un bocata de almorzo, de lomo con tomate, que estaba ben bo. Xa para rematar, e despois de ir tomar un café cos papás e mamás, asistimos ao acto de clausura no auditorio, onde nos entregaron os diplomas e unhas medallas xeniais feitas con pezas de Lego. Nese acto intervíu un mago moi simpático, que fixo dous trucos divertidos. Nun deles foi capaz de convertir un papel mollado nun montón de copos de neve que nunca remataban.
Temos que agradecer enormemente á organización e a aos voluntarios/as que nos axudaron moito en todo o que necesitamos. Esperamos volver o ano que vén!! Grazas!!
Máis información sobre o evento en :
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »