Abril 2020

Retos en familia (22-04-2020) (3º)

Aí vai outro reto para facer en familia!!

A cabeza non quere parar!!

Clasificación final do II Torneo de xadrez online CEP Sequelo

Temos a clasificación final do II torneo de xadrez online aberto para todos os nenos e nenas do CEP Sequelo. Noraboa porque imos subindo o número de participantes, fomos 12 hoxe, e as nenas comezan a animarse.

Este torneo gañouno Dani Quintana, de 5º curso, seguido por Breixo, Darío, Roi e Roberto. Así que noraboa aos gañadores e tamén a todos/as os que participastes.

Preparamos outro torneo para o vindeiro xoves, estade atentos!

E para seguir practicando aquí tendes os libros de iniciación que nos ofrece a Federación Galega de Xadrez.

 

O mundo dos Maios

Recopilatorio dos nenos de 4º B sobre o mundo dos Maios

Traballo aeróbico (Ed. Física)

Boas tardes!!!! como van esas actividades da Semana do libro?, a páxina do cole está chea de propostas, "Microcontos no espello", II torneo de xadrez online, Maios, hoxe aplaudimos a…, poemas e contos dende a casa,… e as nosas de educación física.


Onte empezamos a proposta de converter os pictogramas en fotografías vosas, xa teño algúns, os que me vaiades enviando eliminareinos das entradas para que non se repitan, tamén recordarvos que os de quinto e sexto tedes o cartel informativo sobre as mulleres deportistas, e os de terceiro e
cuarto buscar xogos e xoguetes tradicionais, as explicacións están nas entradas anteriores, se precisades axuda non dubidedes en enviarme un correo (profetamaraef@gamil.com).

A actividade física que vos traio hoxe consiste  nunha serie de exercicios para movernos un pouco pola casa, xa sabedes que non tedes porque empregar os materiais que aparecen no vídeo, que podedes modificalos, cambialos por outros,…

Espero que vos gusten estas actividades!!!!

 #euquedonacasa

Semana do Libro dende a casa: "Microcontos no espello" (2)

Xa temos o primeiro "Microconto no espello". Moitas grazas Darío! Ademais mándanos unha indirecta! Ou será directa?

Ánimo aos demais, agardámosvos!

Manualidades dende a casa (25): Saída ao Museo de Pontevedra

Van chegando máis traballos coa técnica do Stop Motion. Neste caso Breixo, Roi, Roberto e Carla recrearon o que debía ser o traballo co que podiamos ter concursado no Concurso de Curtas do Museo de Pontevedra.  O que ía ser un vídeo con personaxes reais supliuse con este traballo de todos dende a casa.

 

Traballos de Educación Física dende a casa.

A semana pasada recibín un montón de traballos, pero vou empezar polas actividades do venres onde tiñades que encontrar o tren nos ditados gráficos, aquí vos poño algunhas das solucións que me enviaron. Aínda faltan moitas por descubrir!

O Mércores había unha actividade na que había que conseguir que o gato negro viaxara ata diferentes obxectos sen tropezar co gato laranxa, teño dous compis que vos facilitan as solucións.

Na clase de hoxe colouse un esqueleto de pasta, seguimos innovando na creación dos nosos esqueletos.

 

Tamén me quedaran agochados varios dos traballos que me enviades para o Día da Educación Física na Rúa, están moi ben, vamos a ter moita variedade, espero que sigades traballando.

 

E para rematar, como todas as clases de Educación Física ten que ser con unha actividade de volta a calma, e que mellor que un mandala coloreado por dous compis do cole.

Hoxe aplaudimos ao Concello de Forcarei

Hoxe aplaudimos ao Concello de Forcarei que está poñendo tódolos medios para que a un alumno noso que está pasando esta época coa súa avoa na parroquia de Castrelo lle poida chegar o traballo por medio de fotocopias. UN APLAUSO MOI GRANDE AO CONCELLO DE TERRA DE MONTES.

II Torneo de xadrez online CEP Sequelo

O martes, día 21 de abril, de 18:00 a 19:00 horas, celebraremos o segundo torneo de xadrez online, aberto a todo o alumnado do CEP Sequelo, dende 1º a 6º curso.

Para poder xogar, primeiro terás que rexistrarte na web Lichess.org, dando un nome de usuario, o contrasinal que ti queiras e unha dirección de e-mail.

Cando xa esteas rexistrado ou rexistrada, para iniciar o torneo pincha neste enlace e no botón Iniciar Sesión.

Cando che pida o contrasinal para acceder ao torneo escribe:  sequelo

As partidas serán de 5 minutos por xogador.

Así que ánimo e a participar!

Pdta: Apúntate deixando un comentario co teu nome nesta entrada. Grazas.

Poemas dende a casa (15): As señoras Cousas

Sara, Laura, Breixo Vidal, Breixo Sanjorge, Irene, Candela, Alexandre, Sara, Martin, Dani, Roberto, Roi e poderíamos seguir así ata 17, leron o libro de poemas "As señoras Cousas de Helena Villar Janeiro", autora que tivo a amabilidade de mandarnos na súa voz algún dos seus poemas e logo aprenderon un.  Dende as súas casas, fóra os que teñen sorte de poder e dentro os máis afortunados,  recítannos cadanseu poema. Grazas HELENA, grazas RAPACES.

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.