Marzo 2020
Un día con... (2) Ariadna. 6ºB
Enviado por xose o Ven, 27/03/2020 - 11:45Empiezo las mañanas con una misma rutina: me aseo, desayuno, realizo alguna tarea de la casa junto con mi hermano para ayudar a nuestros padres. A las 10:00 me conecto por el potátil con mi tutor Miguel, para ver las actividades que tengo que hacer. Durante la mañana hago todas las actividades y después de comer dedico mi tiempo libre a leer, jugar con mi familia a juegos de mesa, a las cartas, toco la guitarra, pinto sobre lienzo y de vez en cuando hablo también con mis amigas por videollamada. Después de cenar solemos ver una peli en familia. Para finalizar, cuando nos vamos a la cama, rezamos a Dios para que todo esto pase pronto y podamos volver a nuestras rutinas sanos y salvos. Tenemos que cuidarnos mucho y ser responsables porque esa será la mejor arma para luchar contra el coronavirus.
Ariadna Vaquero Álvarez
Contos dende a casa (23): Andrea Nunes Brións
Enviado por josean o Ven, 27/03/2020 - 11:35Os e as poetas da vila, que os hai, e do mellorciño de Galicia quixeron estar connosco. E aínda que nunca fixeran incursións no eido infantil prestáronse coma neste caso Andrea a lerlle un conto aos nenos.
Activista política, feminista, poeta, cosmopolita e ao mesmo tempo moi galega. A obra de Andrea céntrase no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo co que ten elaborado varios videodocumentais. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007.
Andrea Nunes Brións - Orellas de Bolboreta from JOSEAN PAZOS on Vimeo.
As Voces dos Animais (Faranduleando)
Enviado por josean o Ven, 27/03/2020 - 08:01Cando a un alumno lle pides que continúe unha canción tradicional sobre animais e che manda unha marabilla coma esta, danche ganas de non xubilarte nunca. Dos nosos alumnos, logo destes días podes dicir calquera cousa, agora que non lles vaia a farándula, non.
No principio Deus púxolle nome aos animais, agora ás voces deles o grande Roi Rodiño Fraguas
As voces dos Animais from JOSEAN PAZOS on Vimeo.
Traballando cos ángulos (I)
Enviado por josean o Ven, 27/03/2020 - 07:47Este desafío vai enfocado aos de 5º, porque eles traballaron un chisquiño co cine, pero tamén ten que ver coas Matemáticas e cos ángulos e a súa amplitude. A ver os de 5º e máis quen o saiba.
COMO SE CHAMA O ÁNGULO CO QUE MARTÍN LLE SACOU A FOTO AO SEU GATO E PORQUE SE CHAMA ASI?
e o que é máis importante
COMO SE CHAMA O GATO?
Lingua Castelá (3º)
Enviado por Anónimo o Xov, 26/03/2020 - 23:29Mándovos un compendio de actividades sobre temas traballados con anterioridade. Van cunha pequena aclaración teórica máis uns exercicios e despois dez preguntas de repaso que requiren concentración. A por todas!
Chegamos a metade do neboeiro! Seguro que veñen novos ventos que disipen estas nubes e en breve estaremos todos xogando e brincando todos xuntos!
Ánimo familias! Estades a facelo moi, pero que moi ben! Saúde!
Boa fin de semana!
CONCURSO PILABOT: Necesitamos os vosos votos
Enviado por josean o Xov, 26/03/2020 - 20:14Necesitamos os vosos votos, pois só quedan catro días. O primeiro dos nosos representantes é o 5º. A votalos. Fai click na imaxe e entra a votalos
Contos dende a casa (22): Iria Alfonso de 4ºA "Escarlatina a cociñeira defunta"
Enviado por Anónimo o Xov, 26/03/2020 - 19:04Iria de 4ºA le un fragmento do libro de Ledicia Costas titulado "Escarlatina a cociñeira defunta".
Carta de ánimo. Uxía 6ºB
Enviado por Miguel o Xov, 26/03/2020 - 18:55¡Hola! Me llamo Uxía y tengo 12 años. Mi cole es el C.E.P. Sequelo de Marín (Pontevedra). Sé que no me conoces y pensarás... ¿pero de quién es esto? Yo tampoco te conozco y te mando esta carta para darte mucho ánimo y para desearte una recuperación pronta y segura.
P.D.: ¡NO TE RINDAS!
#JUNTOSPODREMOSCONSEGUIRLO
#QUÉDATEENCASA
Uxía Portela Dasilva - 6ºB
Contos dende a casa (21): Rubén Argibay de 5ºB "La casa Embrujada"
Enviado por Anónimo o Xov, 26/03/2020 - 18:51Aquí temos outro conto máis, Rubén de 5ºB que nos le un fragmento de "La casa embrujada".
Carta aberta a un enfermo do virus. Óscar 6ºB
Enviado por Miguel o Xov, 26/03/2020 - 18:49Carta aberta a un enfermo do virus
Ola! Ti non me coñeces; eu a ti, tampouco. Son Óscar, teño 11 anos, son de Marín (Pontevedra); máis concretamente da parroquia de San Xulián. Espero que te atopes, dentro das túas circunstancias, ben. Estarás maldicindo a este virus e aos seus culpables, se os hai. Que saibas que eu tamén o estou facendo.
Sempre mente positiva. Disto vaise saír, cedo ou tarde, co traballo de todos os cidadáns, dos teus médicos, das túas enfermeiras, das nosas familias, de todos e todas. Fai plans para cando estés san. Iso sí, o primeiro propósito é abrazar e bicar aos nosos seres queridos e aos nosos amigos. Comidas e ceas, quedadas no parque, facer deporte ao aire libre,… Todo o que nos gusta.
Por certo, na miña familia, tamén tocou a lotería do virus. O meu tío Carlos, que vive en Madrid, leva 12 días aislado na súa habitación, con síntomas de Coronavirus, sobre todo febre. Fixéronlle a proba, pero a día de hoxe, non sabe o resultado.
Sé forte e non baixes a garda, que o bichiño anda por todos os recunchos.
Moita sorte e ata vernos!!
ÓSCAR DE LA TORRE ABOAL – 6º B CEP Sequelo-Marín
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »