blogue dejosean

Refraneiro Galego

Poucas veces nos gusta facer publicidade de ferramentas que non sexan gratuitas, pero é que hai tan pouquirrichiñas en galego! Todolos refráns para o teu Android ou IOS. Fai click na imaxe e accede á súa páxina web onde atoparas un milleiro de refráns

 

Novos tempos, novas formas de ensino

 

 Como ensinamos os mestres modernos o abecedario

GALEGO DE CINE EN MARÍN

Galego de cine achega ás nenas e nenos galegos unha experiencia única no cinema máis pequeno do mundo.  En cada unha das 100 localidades ás que se despraza esta caravana convertida en sá de proxección, os máis pequenos da casa disfrutan dun

ha selección das mellores curtametraxes en galego. Eles mesmos son os encargados de escoller os contidos da carteleira para, seguidamente ao visionado, valorar as súas peliculiñas favoritas.

CALENDARIO ESCOLAR - CURSO 2012/2013

Días non lectivos (3 días):

Día do Ensino: 2 de novembro de 2012

7 de decembro de 2012

20 de maio de 2013

 

O Calendario Escolar ven determinado pola Orde do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/13 nos centros docentes sostidos con fondos públicos (D.O.G. nº 119 do 22-06-2012), orde que podes descarregar no ficheiro adxunto

Contos para soñar

Un traballo dos alumnos de 2º B co seu profe Carlos

2012 CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Así quixemos rendirlle homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no ano do seu centenario.

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO 2012/2013

Fai click enriba do neno e accede á relación dos libros de texto cara ao ano que ven ou podelo descarregar facendo click na esquina inferior dereita onde pon adxunto. Grazas

PERSONAXES CON HISTORIA/HISTORIAS DE PERSONAXES

Personaxes con historia, historias de personaxes recolle os traballos realizados pol@s nen@s de 5º A durante o curso. É un traballo de ampliación das distintas asignaturas onde se propon o coñecer mellor algunhas das personaxes que traballamos (mediante descripcións, cartas, resumos, exposicións...)

Este libro ven sendo un breve exemplo de todo o traballo realizado.

 

Toponimía de Marín

Este vídeo de toponimia de Marín é so un anticipo do macroproxecto sobre o mesmo tema que remataremos o ano que ven con outros colexios de Marín (A Laxe, Viñas Brancas...) e que presentaremos axeitadamente. Polo de agora quedadevos con este pequeno anticipo.

ENSINANZA DO ESPAÑOL COMO LINGUA ESTRANXEIRA: RECURSOS

Neste Symbaloo tedes 1001 e un recursos para ELE

TRABALINGUAS EN FAMILIA

Ao redor destes trabalinguas en galego xuntáronse diversas xeracións que compartiron un momento divertido diante das nosas cámaras; pais, nais e fillos, avós e netos, irmáns...Todos xuntos intentando repetir o mais rápido posible e de diversos xeitos, estes, nosos trabalinguas, de Marín e do resto de Galicia.

LETRAS GALEGAS 2013

Xa sabemos quen é o homenaxeado de cara ao ano próximo: Roberto Vidal Bolaño, o que representa unha novidade con respecto aos últimos anos, DRAMATURGO.

FESTIVAL FIN DE CURSO

O festival de fin de curso deste ano foi moi variado: houbo ximnasia rítmica, patinaxe, entregas de trofeso, danza e música moita música. Agradecer ás familias a súa presenza multitudinaria no acto para despedir connosco aos alumnos que se nos fan maiores e se nos van ao Instituto.

SAÍDA DIDACTICA AO LAGO DE CASTIÑEIRAS

Os nenos do primeiro Ciclo saíron a coñecer o su entorno natural mais cercano tanto no que se refire no aspecto natural como histórico, en con tal fin visitaron o Lago de Castiñeiras onde nace o río que pasa a rentes do noso colexio. Alí ademais de coñecer de primeira man a riqueza natural da paraxe, visitamos a nosa riqueza arqueolóxica; os nenos ficaron extasiados diante da presenza dunhas construcións (como lle explicaron os monitores) mais antiguas cas propias pirámides de Exipto e que os nosos mais antiguos devanceiros construiron para soterrar aos seus mortos.

 

CONFERENCIA SOBRE CELSO EMILIO FERREIRO

A profesora e investigadora marinense, Ana Acuña Trabazo, doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua e Literatura na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, da Universidade de Vigo, achegouse ao noso colexio para falarlles aos nenos de 6º sobre a traxectoria vital e poética de Celso Emilio Ferreiro co gallo do centenario do seu nacemento.

O ARTE DA LUTHERÍA EN MARÍN

Estas son algunhas das alfaias que Cesar crea no seu taller de Cadrelo. Para que vos decates da precisión e o arte que require cada ano fai unha media de doce zanfonas e entre dúas ou tres arpas. E se facedes ben as contas botádelle canto lle leva facer unha zanfona

CESAR LOUREIRO E CARMEN GALLEGO VISITANNOS

O Cep Sequelo, seguindo nesta semana co achegamento que estamos facendo Á NOSA PROPIA CULTURA, tan lonxana para os nosos nenos, ás veces; recibimos a visita de dous veciños do pobo, pero non dous calquera senón a dun gran artesano e luthier CESAR LOUREIRO e a violinista CARMEN GALLEGO, que acompañados polos instrumentos que César mesmo fabrica puxéronnos en contacto coas súas fermosas profesións e cun anaquiño da nosa cultura tradicional no eido tanto musical como artesanal que xa é milenaria.

FIZ, O NENO MAIS PORCO DO MUNDO

Fiz é unha persoaxe que Kiko da Silva creou para a extinta revista de Banda Deseñada "Golfiño" e que ten revista de seu. Fiz pasa por ser o neno mais porco do mundo e polo debuxo co seu pai artístico nos deixou del, ben podería ser.

http://revistafizgal.blogspot.com.es/search/label/Debuxos%20Lectores

KIKO DA SILVA PRESENTA NO NOSO COLEXIO O SEU PROXECTO DO GARAXE HERMÉTICO

Os nosos alumnos coñeceron de man do debuxante o p Kiko da Silva, o proxecto O GARAXE HERMÉTICO a primeira escola Profesional de BD e ilustración de Galicia á que se lle fixo entrega en doazón, dun volume da histórica revista de Bd Galega "VAGALUME", que pasará a formar parte da BDteca do Garaxe Hermético e será restaurada para a súa conservación.


Ademais Kiko da Silva explicoulles o funcionamento da escola de BD e informoulles dos cursos de verán que comezan en xullo, tanto para nenos como para adultos e impartiulles unha clase sobre a creación de personaxes de banda deseñada.


O CULLARAPO CROQUE

Nesta semana tan chea de acontecementos culturais que imos ter ao redor da cultura galega, nas súas diversas facetas, o primeiro en visitarnos é Miguel Angel Alonso Diz presentando o seu libro de poesía para nenos  "O Cullarapo Croque". As fermosas ilustracións de libro son obra da profesora do Instituto As Barxas de Moaña, Luz Beloso.

 

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.