blogue dejosean

MULLER

Ante esta canción pouco mais se pode dicir

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Dende o EDL elaboramos esta pequena exposición para que os nosos rapaces non esquezan os seus orixes e se sintan orgullosos dos traballos que tiveron que pasar as súas avoas.

DIA DE ROSALIA NO COLEXIO

Un resumo das 4 horas do venres de pais, mestres e alumnos ao redor da figura de Rosalía

CONCURSO CARTAS DE AMOR DO CONCELLO DE MARÍN

Un dos gañadores do Concurso de Cartas de Amor do Concello de Marín estuda no noso colexio. Felicidades a todos os rapaces gañadores e especialmente a Fran Barros de 6º. O da camisa a cadros é o noso e perdón polo retraso

BIOGRAFÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Unha pequena biografía en imaxes coas voces dos alumnos de 3º

CANTARES GALLEGOS: A MÚSICA

Os poemas de Cantares Gallegos musicados por distintos autores dende os mais veteranos, Os Tamara, a os mais novos Aid e os seus Rappoemas; recollendo case que todos os estilos musicais folk, heavy, pop, rap... E como non dous mestres gaiteiros referentes para todos os que viñeron despois Avelino Cachafeiro dos Gaiteiros de Soutelo e Ricardo Portela facendo a Alborada de Rosalia

ROSALÍA É NOSA

O 24 de Febreiro cúmprense 150 anos da publicación do libro de Rosalía de Castro, "Cantares Galegos". Coincide ademais, o ser a data do nacemento da autora e nese día todas as institucións culturais galegas van celebrar con distintas actividades "O día de Rosalía"

Nós tamén nos queremos unir á homenaxe pública á obra de Rosalía de Castro e nunha data tan especial para todos os galegos queremos invitarvos a que elixades un poema, estrofa ou versos do libro e veñades lelo cos vosos fillos á BIBLIOTECA do colexio na mañá do venres día 22 de Febreiro.

Se vos é imposible estar ese día e queredes participar no acto podedes gravarvos en video cos vosos fillos e mandarnolos ao seguinte correo ceipsequelo@gmail.com. O texto do Libro tédelo no arquivo adxunto desta misma entrada

MURAL DO ENTROIDO TRADICIONAL EN GALICIA

No taboleiro de Normalización elaboramos este mural cos traxes e caroutas máis tradicionais de toda Galicia

MURAL DO ENTROIDO TRADICIONAL EN GALICIA

No taboleiro de Normalización elaboramos este mural cos traxes e caroutas máis tradicionais de toda Galicia

CELEBRACIÓN DIA DA PAZ 2013

Un pequeno resumo da celebración do día Internacional do día da Paz e a Non Violencia no noso colexio.

NENOS DO SEQUELO CANTANLLE A MINI E MERO

Un orgullo para nos que rapaces de Marín cantasen un canto de Reis, pequeniño e do Val do Dubra, para Mini , Mero e Raúl Galego. Como non os coñecemos a fondo non imos dicir aquilo de que son bos, pero do que non nos cabe a menor dúbida e que son xenerosos devolvendo ao 100 por 1 o que o noso pobo lles dou, conservando todas estas pequenas xoiñas que anonimos alfaiates construiron a traves de seculos e transmitindoas con orgullo e amor as novas xeracións. GRAZAS MESTRES!!
E que non se nos esqueza xenerosos sempre no seu esforzo e na súa entrega por e para Galicia (iso a pesar das distancias e da gripallada que traian con eles)


FESTIVAL DE NADAL 2012

Un pequeniño resumo do que foi o festival de Nadal para volver enganchar con forza o segundo trimestre

CONCURSO CARTAS AO APALPADOR

Ainara Herranz Iglesias de 3º A foi unha das gañadoras do Concurso de Cartas ao Apalpador organizada pola Asociación Queremos Galego.


DEITADO FRONTE AO MAR (MARÍN REMIX)

Algo tiñamos que facer para acudir ao chamamento do recitado colectivo polo centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro e chamamos quen con todo o dereito podía dicir as verbas do poeta

Cantos de Reises 2012

Para saír cantar os Reises polo colexio este ano eliximos o Canto de Nadal de Bembibre no Val do Dubra. Como tiñamos pouco tempo decidimos visitar únicamente as aulas dos mais noviños.

LIBROS RECOMENDADOS PARA O SEGUNDO E TERCEIRO TRIMESTRE

Estes son os libros que dende os diferentes cursos imos traballar durante o segundo e terceiro ciclo.

En Terceiro de Primaria os nenos empezarán a traballar con diccionarios. En canto a lingua Española as opcións mais interesante están entre un destes dous:
-Dicccionario ANAYA de la Lengua 
    ISBN 978-84-8332-965-9
-Nuevo diccionario esencial de la lengua española. Santillana.
 ISBN 84-249-5935-9
En canto a Lingua galega:
-Pequeno diccionario Xerais da Lingua
 ISBN 84-9782-169-6

NADAL NO IES ILLA DE TAMBO

A nosa xira de concertos do Nadal levounos polo IES Illa de Tambo, onde vimos moitas caras coñecidas, mestres e alumnos que foron nosos. UN BO NADAL A TODOS ELES.

PROGRAMACIÓN DE NADAL 2012

Neste folleto poderás atopar toda a programación de actividades que de cara ao Nadal imos levar a cabo no colexio; mais son todas as que están pero non todas as que son; que se alongaría a intercambios de postais navideñas con outros centros, cartas aos Reis e ao Apalpador, obradoiro de Cantos de Reis...

VISITA AO CENTRO DA TERCEIRA IDADE/GRUPO ESCOLAR POLO NADAL

Aquí tedes o documento enteiro da visita ao centro da terceira idade e una JAM SESSION no grupo escolar cos mais pequechos.

INVESTIGA SOBRE O NADAL EN MARÍN

Participa connosco neste pequeno traballo de investigación sobre o Nadal e ata o Venres responde en galego á nosa pregunta para estas datas: 

CAL É A CEA TÍPICA DE NOITEBOA EN MARÍN?


E xa para nota contesta estoutra:

 CAL É O MOTIVO (POR QUE O HAI) DE QUE FOSE ESTA A CEA?


Pregunta na casa aos teus pais ou avós, usa internet, enciclopedias e deixa as tuas respostas ata o venres no buzón que hai situado na porta dos maiores fronte á Biblioteca. Podes contestar unha ou ás dúas preguntas. Contestar á segunda ten mais mérito pois non é nada doado.

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.