blogue dejosean

ACCIÓN POÉTICA

Acción Poética é un movemento poético nacido en México, consistente en encher paredes das urbes con mensaxes optimistas extraídos de poemas, cancións...con tinta negra baixo fondo branco. Seguendo este esquema enchimos as nosas paredes de mensaxes cara o día da Paz

 

CONCURSO DE DEBUXO DE NADAL 2013 ATENEO SANTA CECILIA

Entre os gañadores do Concurso de Debuxo que como cada ano polo Nadal organiza o Ateneo Santa Cecilia, está Ángel Hermida Campos de 6º. Parabéns!!!

RECURSOS AUDIOVISUAIS

Facendo Click nos seguintes enlaces teredes acceso a unha detallada descripción de todos os recursos audiovisuais cos que conta o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. Se vedes que algún pode servos de interese ou utilidade facédenolo saber polo menos cun día de antelación para podervolo localizar.

Series e Películas

Documentais

Música Infantil en Galego

Calquer outro material audiovisual qu necesitedes ou que vexades de utilidade en galego, poñédevos en contacto connosco

FESTIVAL DE NADAL 2013

Continuando con aquelas tradicións que nos acompañaron nestes 40 anos o Noso Festival do Nadal contou cunha clásica obra de teatro e moitas pero moitas panxoliñas como a que nos cantan os nenos de 2º

E un pequeno resumo do que foi a festa:

 

O MEU MENINO JESUS

Por un intre, achegámonos ao noso veciño Portugal, e mais concretamente á zona Sur do Alentejo, con esta panxoliña que adaptamos mínimamente ao galego e que os nenos de 4º A cantan (ou iso din eles) co acompañamento á zambomba/sarronca da profe de PT Mari Mar

CANTÁMOSCHE OS REISES 2013

A melodía desta panxoliña debemoslla ao bo facer de Guillerme Ignacio, a voz cantante de Quempallou que a recolleu na nosa vila e que amablemente nola amosou. Para a letra collimos case toda a que a él lle transmitiron e a que Mini e Mero recolleron nunha panxoliña que eles titularon como "Os da Manta" pero que consta dunha melodía sensiblemente diferente á nosa. E con ela os nenos de 4º A foron cantar por algunha outra clase.

E indo cantarlle os Reises aos nenos de primeiro  a xogada saiulles redonda. Non lles deron pouco, un touciño enteiro e a metade doutro; déronlles uns anacos de biscoito riquisimo e agasallaronnos ademáis con estoutra panxoliña.

UN NADAL DE PANXOLIÑAS

Coma tódolos anos o inestimable traballo da profe Inés viuse plasmado nestas panxoliñas cos nenos interpretaron tan ben tanto nas suas saídas ao Centro Sociocomunitario, como ao IES Illa de Tambo, coma o Grupo Escolar

 

 

II PREGUNTA DO TABOLEIRO DE NORMALIZACIÓN

Tardamos máis da conta en volver darvos unha pregunta para que lle busquedes solución. Se o ano pasado falabamos da Gastronomía tipica de Marín (algún coa vista destes saborosos pratos vai engordar) tal como o bacallau con coliflor, torta de rixóns ou mazá asada nunha cunca de viño do pais con azucre; desta vez preguntadelle aos vosos pais, nais, avós ou avoas

 "QUE COSTUME TIÑAN OS MARIÑEIROS DA VILA O DÍA DE FIN DE ANO ÁS MESMIÑAS DOCE EN PUNTO DA NOITE"

Traédenos as respostas antes do Xoves. E unha de gastronomía navideña típica de Marín.


POEMA PARA SANTI FREIRE

Santi Freire cando nos visitou, pediunos que lle enviaramos o video do recitado do seu libro "Martingadas", mais a nos sabianos a pouco e remexendo nos versos do seu libro, mesturandoos axeitadamente e engadindolle uns novos, os rapaces crearon este poema novo.

Poema para Santi Freire from josean paz on Vimeo.

ENTREVISTA DOS RAPACES DE 6º A ALBERT HOMS PARA REVISTA ZONA PRESS

A máis rechamante fichaxe do Club de Baloncesto Peixe Galego, Albert  Homs na compañía do entrenador do equipo visitou o centro escolar do Sequelo para ser entrevistado polos nenos de 6º para a revista de basket en Galego "Zona Press" que edita e dirixe o periodista coruñes Óscar Losada Castro, que tamén estivo presente no centro presentando  a revista e actuou como moderador da entrevista. Foi unha hora onde os rapaces, moitos deles fans do baloncesto e algúns deles compoñentes das categorías inferiores do club fixeronlle tanto a Albert (campeón coa seleción española sub 18 do prestixioso torneo de Manheim, mundial junior oficioso) como a Óscar un sinfín de preguntas ao redor do marabilloso mundo do baloncesto. Algún deles ata coñecía que marca de zapatillas usaba. A entrevista contou tamén coa presencia do escritor Miguel Angel Alonso Díaz, un gran aficionado a este deporte e proximamente colaborador na revista


SAIMOS NO XABARÍN CLUB

Os do Xabarín tiveron a deferencia de mencionar o noso traballo nunha reportaxe de 3 minutiños esta tarde ás 14:00. Sempre é de agradecer que se recoñeza o teu traballo, inda que o foses facer de igual xeito. Alí estaban os nosos alumnos e os do EEI Monte da Guía, os primitivos impulsores do proxecto. Mais tamén aparecen fotos dos rapaces da Veiga a onde levamos o proxecto, ademais do Ceip Castrillón de Coiro e ao CPI de Navia de Suarna.


 


E se queredes ver o que emitiron en video facendo click aquí e mais aquí

SAIDA DIDACTICA DO PRIMEIRO CICLO "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO"

Os nenos do primeiro ciclo acudiron ao Centro Cultural Caixanova dentro das actividades que todos os anos se ofertan para escolares á representación de "A nena e o grilo nun barquiño" de Magín Blanco. O espectáculo contou coa música que se recolle no libro CD  do autor. Os nenos pasaron un rato agradable cantando cancións coma este "Don Ramón".

Se queres ver as fotos da xornada fai click enriba desta foto

UNHA DORNA DE LIBROS, UN MAR DE ILUSIÓNS

Entre os gañadores no concurso de microrrelatos, dentro da actividade cultural levada a cabo polo BNG de Marín baixo o título de "Unha dorna de libros, un mar de ilusións" foi premiado un neno do noso colexio co seu relato "A Mar Pequeno esgótanselle as pilas". O do pantalón vermello é Eloy Álvarez Santos da clase de 4º A.


"VENRES" DE SANTIAGO FREIRE E DANI PADRÓN

Aquí tedes un adianto do que ides poder dispoñer na Biblioteca do Centro, grazas á enorme amabilidade de Santiago Freire.

REGALA GALEGO!

Como cada ano chegan ás nosas mans, por agora só en formato dixital, as recomendacións dos Equipos de Normalización dos colexios do Morrazo para facer do Nadal algo aínda moito máis noso. Música, literatura, cine....

 

VISÍTANOS O ESCRITOR SANTIAGO FREIRE

Visitounos Santiago Freire Cordeiro para presentar o seu novo libro "Venres", un libro que recolle a visión do coprotagonista do famoso libro de Daniel Defoe "Robinson Crusoe" do seu encontro co náufrago. Dous mundos chocan no libro, o do "mundo civilizado" de Robinson e o dos aborixens representado en Venres. Ao contrario dos seus libros de poesía, editados dentro da mesma editorial de Cangas, ven nunha esmerada edición que conta cun magnifico traballo do ilustrador gráfico Daniel Iglesias Padrón.
Os rapaces recitaron xunto con Santiago, poemas do seu libro Martingadas que xa tiñan traballado o ano anterior e do seu próximo libro de poemas que inda está por publicar.


SAN ANDRÉS, 30 DE NOVEMBRO

O 30 de Novembro é festa en moitos sitios de Galicia, o "San Andrés, trompos aos pés", o "San Andrés de Teixido, ha de ir de morto o que non foi de vivo" e como non o San Andrés de Praceres que é o que máis de preto nos toca. E dentro do noso proxecto de "Nota a nota cara ao galego" onde están metidas varias aulas do colexio o aula de 4º A elixiu e adaptou aos tempos esta canción amplamente espallada por toda Galicia, na versión da illa de Ons.


PREMIADOS NO CONCURSO DE MICRORELATOS DE TERROR

Á espera de facer algo digno, tanto en papel como dixitalmente, cos traballos dos finalistas, xa ía sendo hora que deramos a coñecer aos premiados. A verdade é que foi moi difícil elexir entre todas as obras presentadas pola calidade dos traballos. Parabéns a todos os que lle botaron imaxinación terrorífica ao asunto...

 

SOLUCIÓNS DO CONCURSO DO TABOLEIRO DE NORMALIZACIÓN

Dabamosvos tempo atrás tres adiviñas e por fin aqui tedes as solucións e as facianas dos gañadores. Antes de ver o video considerade que esa chousa á que se refire a terceira adiviña é a barriga.

A CANTIGA DO MAGOSTO

Os nenos de primeiro cantaron así de ben a cantiga coa que, coa axuda da profe Mari Mar todas as aulas cantamos tamén

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.