Educación física
#DíaInternacionaldaDanza (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mér, 29/04/2020 - 14:01Que é a danza?
A través de movementos corporais, os seres humanos expresáronse e comunicáronse dende tempos ancestrais. A danza é, seguindo a definición da RAG. “un conxunto de movementos que se executan seguindo o ritmo da música e que forman unha peza completa de baile”.
Co paso do tempo foi cambiando e evolucionando, polo que, na actualidade, poden verse diversos estilos e xéneros que van dende o tradicional o académico e ao cotiá.
Un día para a danza
En 1982, o Comité Internacional de Danza, pertencente ao Instituto Internacional de Teatro, tomou a suxestión do mestre ruso PieporGusev de crear un día para esta manifestación artística, polo que la Unesco, atendendo dita solicitude, elixiu o 29 de abril como data desta celebración, isto, por ser o día que corresponde o nacemento de Jean-Georges Noverre.
Con dita celebración búscase fomentar a participación e a atención do público sobre a importancia da arte e da cultura da danza.
Jean-Georges Noverre
Foi un bailarín francés que naceu o 29 de abril de 1727. Noverre, foi un gran bailarín e escritor, deixou numerosas coreografías e publicacións relacionadas coa práctica e a teoría do ballet, o que provoca que sexa considerado o creador do ballet moderno. Morreu en 1810 en Saint-Germain-en-Laye, Francia.
#DEFC2020 #DEFR2020 (Día da Educación Física na "Casa")
Enviado por Anónimo o Mar, 28/04/2020 - 02:20Chegou o 28 de abril DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA.
O reto de hoxe é asolagar as redes sociais con fotos e vídeos facendo actividade física baixo o hashtag #DEFR2020 #DEFC2020, invitade a vosa familia e amigos/as que fagan o mesmo. Entre todos e todas seguiremos facendo grande o Día da Educación Física na Casa. Durante o confinamento está a demostrarse que a EF é moi importante para o mantemento do benestar físico, psíquico e social das persoas e, por iso, seguimos reivindicando o lugar que lle corresponde.
Hoxe é o día da actividade física e o deporte, polo que seguirei ao longo do día actualizando este post, espero que o pasedes moi ben!.
Recordade enviarme os vosos vídeos e fotos facendo actividade física a profetamaraef@gmail.com
Tamén compartir con vós a SequelOCA, espero que vos guste, e que o pasedes moi ben con ela, todavía quedan algunhas pictofotos por completar, pero espero ir mellorandoa pouco a pouco.
Esperando que chegue o 28 de maio! (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Lun, 27/04/2020 - 20:42Mañá, 28 de abril, celebramos o Día da Educación Física na Casa. Cumpre o seu décimo aniversario, desde que en 2011 se celebrase a primeira edición, e nesta ocasión cambia a súa R de Rúa pola C de casa, porque o confinamento está a facernos descubrir outra forma de traballar a EF e queremos ensinalo a toda a sociedade.
O Día da Educación Física na Casa 2020 quere mostrar a miles de persoas a actual EF: integradora, variada, cooperadora, divertida e transmisora de grandes valores.
As cifras de adhesión ao #DEFCR2020 #DEFC2020 superaron as da edición anterior hai semanas, alcanzando neste momento os 1.300 centros educativos e 250.000 alumnos/as en toda España.
Co gallo da celebración mañá ás 10:00 horas a través de YouTube Consejo COLEF, poderemos gozar dunha sesión lúdica e dinámica participando toda a familia.
Ola Humanos/as! (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Sáb, 25/04/2020 - 18:47Xa estamos remantando a semana do libro.
Hoxe gustaríame compartir con vos este conto.
Recordade!!!
Cando saiamos a rúa debemos ter presente unas normas que nos axudarán a coidarvos e a coidarnos.
E para rematar o día de hoxe, outra actividade de circuitos na casa!, espero que vos guste.
Xa me contaredes quen o fixo con vos!!!
#todovaisairben
#euquedonacasa
Rematando a semana (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Ven, 24/04/2020 - 11:13Xa se remata a semana do libro, espero que o pasárades xenial, lendo e lendo...
Recordar que:
Empezamos esta semana coa actividade dos pictogramas, enviádeme os vosos traballos antes de que termine esta semana.
Tamén temos unha actividade de R-R-R (Reducir- Reempregar-Reciclar), teño varios dos vosos traballos, pero seguro que se vos ocorre algún máis, todos os que me enviedes antes do luns a mediodía introducireinas no resumo da semana, espero os vosos xogos e xoguetes con material reempregado!!!!
O día de hoxe vamos comezalo con un pouco de exercicio para pequenos e maiores, espero que consigades que vos acompañen (podedes enviarme unha foto, así poderemos ver todos/as quen vos acompaña nos exercicios).
Día do Libro (Ed. Fisica)
Enviado por Anónimo o Xov, 23/04/2020 - 18:19A entrada de hoxe empeza cun conto, un conto contado a través das posturas de ioga, espero que vos guste.
E por suposto un pouco de movemento.
Día Internacional da Terra R-R-R (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mér, 22/04/2020 - 16:40Hoxe é un día especial, é o Día Internacional da Terra, e a pesar de que nestes momentos estamos a loitar contra un virus, estase demostrando que tamén estamos a coidar da dela.
Quero compartir con vós un vídeo-conto que me gusta moito, recordade que estamos na Semana do Libro.
Como xa empezamos unhas semanas atrás a traballar con material de refugallo, vamos facer unhas actividades con diferentes materiais, recórdovos que moitas das cousas que me estades enviando están xenial, e que pronto poderemos empregalas no cole, seguide traballando así!!!!!
Terminaremos con un pouco de movemento, e como non hai mellor que a música para movernos, lembrades algunha das dúas cancións que vos envío?
Recordade que temos a actividade do luns de convertir os pictos en fotos vosas!!
#euquedonacasa
#euficonacasa
Traballo aeróbico (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mar, 21/04/2020 - 16:59Boas tardes!!!! como van esas actividades da Semana do libro?, a páxina do cole está chea de propostas, "Microcontos no espello", II torneo de xadrez online, Maios, hoxe aplaudimos a…, poemas e contos dende a casa,… e as nosas de educación física.
Onte empezamos a proposta de converter os pictogramas en fotografías vosas, xa teño algúns, os que me vaiades enviando eliminareinos das entradas para que non se repitan, tamén recordarvos que os de quinto e sexto tedes o cartel informativo sobre as mulleres deportistas, e os de terceiro e cuarto buscar xogos e xoguetes tradicionais, as explicacións están nas entradas anteriores, se precisades axuda non dubidedes en enviarme un correo (profetamaraef@gamil.com).
Traballos de Educación Física dende a casa.
Enviado por Anónimo o Mar, 21/04/2020 - 00:47A semana pasada recibín un montón de traballos, pero vou empezar polas actividades do venres onde tiñades que encontrar o tren nos ditados gráficos, aquí vos poño algunhas das solucións que me enviaron. Aínda faltan moitas por descubrir!
O Mércores había unha actividade na que había que conseguir que o gato negro viaxara ata diferentes obxectos sen tropezar co gato laranxa, teño dous compis que vos facilitan as solucións.
Na clase de hoxe colouse un esqueleto de pasta, seguimos innovando na creación dos nosos esqueletos.
Tamén me quedaran agochados varios dos traballos que me enviades para o Día da Educación Física na Rúa, están moi ben, vamos a ter moita variedade, espero que sigades traballando.
E para rematar, como todas as clases de Educación Física ten que ser con unha actividade de volta a calma, e que mellor que un mandala coloreado por dous compis do cole.
Iniciamos a semana (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Lun, 20/04/2020 - 11:44os días, hoxe comeza a Semana do Libro! E que mellor maneira de empezar esta semana que con un conto motor, sabedes en que consiste un conto motor?
Un conto motor é un conto xogado, onde temos que representar con noso corpo o que o narrador nos vai describindo, empregando a nosa imaxinación, debemos ser os/as protagonistas, representar animais, plantas, rochas, … empregando a nosa imaxinación para que non falte ningún dos elementos narrados.
Espero que vos guste este conto que vos envío.
Tamén teño para vós outra actividade para que vaiades facendo ata o domingo, xa empezamos a traballar con pictogramas fai unhas semanas, onde transformábamos os pictos en fotos nosas, nesta ocasión vai ser algo similar, escolledes un e convertédelo en fotografía, como podedes ver hai algún que non é sinxelo de imitar, polo que teredes que empregar a vosa imaxinación.
Xa empreguei algún dos que me enviaron na outra actividade, irei modificando o arquivo para que non vexades os que xa teñen fotografía e non repitamos fotos.
Día Mundial da Bicicleta (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Dom, 19/04/2020 - 18:11Hoxe é o día Mundial da Bicicleta, sabíades que os nenos neerlandeses teñen que sacar o carné de bici?
En abril deben todos os nenos/as de 12 anos someterse a unha proba teórico - práctica de condución de bicicleta, xa que a bicicleta será o seu medio de transporte para ir ó instituto. Que vos parece? Gustaríavos que sucedera isto aquí?
Seis retos nun (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Sáb, 18/04/2020 - 21:01Hoxe vou un pouco tarde nas actividades para vós, pero espero que vos guste os retos que veñen.
Cadrados para mans e pés (Ed. Física).
Enviado por Anónimo o Ven, 17/04/2020 - 12:364 cadrados e un rectángulo (Ed. Física).
Enviado por Anónimo o Xov, 16/04/2020 - 18:53Bos días!!!!, como foi a actividade de onte con un cadrado?, pois hoxe toca xogar con catro cadrados e un rectángulo, é un xogo similar o anterior, pero agora… vamos debuxar no chan un rectángulo e catro cadrados, como aparece na foto-video de abaixo, espero que o pasedes xenial, con algunha clase do cole xa fixemos unha actividade parecida, pero en aros, ahhhh esquecíame, tedes que retar a alguén da casa, practicade un montón que pronto as poderemos levar o cole, como vedes no vídeo un empeza con un movemento e o "seu espello" ten que repetir, lembrade que tedes que ser os/as imitadores/as e as/os imitadas/os.
Este vídeo explica un pouco como é a actividades pero, non sei se o poderedes ver todos/as, como vedes na foto-vídeo, en este caso empregan 6 cadrados, comprobade que non haxa diferenza entre un xogo e o outro.
Traballamos a coordinación, equilibrio, salto, lateralidade e memorización de secuencias!!!
Xa que hoxe toca traballar a lateralidade e a memorización de secuencias, vou retarvos a encontrar esta figura nos ditados gráficos que vos envío, algún xa o enviei antes pero nunca para buscar este tren, como podedes ver eu non imprimo as imaxes, collo unha folla cuadriculada e a debuxar, se tedes un pouco de axuda e alguén vos dita as secuencias vai a ser moito máis sinxelo e practicaremos a percepción de esquerda, dereita, arriba e abaixo.
Día Internacional do Ciclista (Ed Física)
Enviado por Anónimo o Mér, 15/04/2020 - 13:44Hoxe 15 de abril, é o Día Internacional do Ciclista, co gallo desta celebración imos realizar unha actividade para aprender un pouco máis sobre como debemos empregar e circular en bicicleta, non podemos saír a practicar na rúa, pero podemos aprender moito moito que pronto o poñeremos en práctica.
Adxunto unha Guía para usuarios de Bicicleta da DGT, para que leades que despois temos un test para demostrar todo o aprendido na guía.
Demostra todo o que aprendiches e sabes neste enlace.
Recordade que tedes grandes ciclistas en Marín.
E para que non todo sexa practicar co ordenador, sabedes cantos xogos podemos facer con un cadrado debuxado no chan? Pensade un pouco todo o que podemos facer con un cadrado, este vídeo mostra uns exercicios de coordinación, espero que vos guste.
E unha actividade de lateralidade tamén toca hoxe "O gato negro", está en pdf para pasalo a papel, pero xa sabedes que non é preciso imprimir, collede unha folla e a traballar!!!
#euficonacasa
#euquedonacasa
Día das Américas (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mar, 14/04/2020 - 19:09Hoxe é o Día das Américas, para conmemorar este día comparto con vos un vídeo de “Juguetes de Latinoamerica”, cuantos de estos xogos coñecedes?
As nenas e nenos de terceiro e cuarto están a facer unha investigación de recollida de xogos e xoguetes tradicionais facendo entrevistas aos seus maiores, deixovos varias das entrevistas que fixeron.
Espero que vos guste e vos animedes a enviar algún máis.
Remata a semana!!!! (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Lun, 13/04/2020 - 00:03Termina a semana, unha Semana Santa un pouco diferente, pero na que traballamos moito, aquí poño uns poucos dos traballos que recibín esta semana.
O aeroporto do CEP Sequelo sigue aumentando, Roberto envíanos unha foto practicando diana.
Seguimos Reducindo-Reutilizando-Reciclando, e aumentando a nosa exposición de xogos e xoguetes.
Un novo xogo de mesa, un dominó xigante!!!!
Unhas sesións rematan con volta á calma, e esta entrada rematámola cun mandala.
Aínda quedan algúns dos vosos traballos no tinteiro, espero poder subilos pronto, empecemos a semana con forza!!!!
#euficonacasa
Remata a semana!! (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Dom, 05/04/2020 - 23:44A semana rematou, e vou deixar algúns traballos que me enviástedes: quero empezar cuns xogos que coñecedes todos e todas, peroooo con algunhas modificacións propostas por dous compañeiros do cole.
Tamén tiña moitas ganas de publicar os mandalas desta semana, están cheos de cor, e darannos toda a enerxía positiva para esta semana santa, espero que vos gusten!!!
Empezan a aparecer os nosos primeiros modelos de avións.
Nesta última foto, temos un modelo diseñado por unha mamá!!! Está xenial a colaboración de todos para aumentar o noso aeroporto CEP Sequelo.
Para o samaín teremos un montón de esqueletos, estes son modelos novos de diseño, ocorresevos algún máis orixinal?
Todavía me quedan algunhas cousiñas por publicar, espero poder engadilas mañá.
"A búsqueda" (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Ven, 03/04/2020 - 22:11Ola!!
Hoxe vou un pouco tarde, pero non quería deixar un día sen propor unha actividade, este xogo gústame moito, só precisades dúas follas de periódico ou revista, o voso obxecto máis prezado e moitas ganas de percorrer a casa.
Creamos pictogramas (Ed Física)
Enviado por Anónimo o Xov, 02/04/2020 - 17:33Bos días chicos e chicas,
Hoxe traio unha actividade un pouco especial, estamos no #diaMundialdoAUTISMO, e vamos traballar empregando pictos, sabedes o que son os pictogramas?
Seguindo o dicionario da RAE (Real Academia Española), un pictograma é “un signo de la escritura de figuras o símbolos”.
Con esta definición vou achegarvos os Sistemas Aumentativos e Alternativos da Comunicación (SAAC), que son formas de expresión distintas a linguaxe falada, que teñen como obxectivo aumentar (aumentativos) e ou compensar (alternativos) as dificultades de comunicación e linguaxe de moitas persoas con discapacidade. A comunicación e a linguaxe son esenciais para todo o ser humano, para relacionarse cos demais, para aprender, para gozar e para participar na sociedade. Os SAAC, están relacionados a persoas con discapacidade intelecutal, parálise cerebral (PC), trastornos de espectro autista (TEA), párkinson, entre outras moitas, pero despois desta actividade veredes que están moi integrados na nosa vida diaria e que son moi útiles para comunicarnos.
Para a actividade de hoxe eu vou poñervos unha batería de pictogramas, e vamos transformalos en fotografías, fixen unha de exemplo, pero espero poñervos máis, teredes que escoller un picto, facer a foto imitando o que nel se representa e enviarma ao meu correo.
Empezamos a crear os nosos pictos!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »