Polos creativos
Coñeces este Plano?
Enviado por josean o Mér, 15/03/2023 - 23:31Coñeces que tipo de plano obtiveron todos estes alumnos de sexto? Deixanos a túa resposta nos comentarios.
Programación con Lego WeDo
Enviado por xose o Mar, 14/03/2023 - 20:08Hoxe o alumnado de 2º de primaria traballou en grupos de tres co kit de robótica de LEGO WeDo, construíndo un muíño de vento e programando o movemento das súas aspas. Para iso axudámonos coas tablets do cole, que tiñan instalada a aplicación WeDo 2.0 coas instrucións para a construción e as suxestións para a programación.
Traballamos sobre o acoso
Enviado por Ruth o Ven, 10/03/2023 - 20:28Bizarrap Sequelo Music Session 54 "Atún con pan"
Enviado por josean o Mér, 01/03/2023 - 20:02O desafío era a partir dunha base rítmica de Reggaeton e dunha certa coñecida sesión de Bizarrap, traballar as antíteses e traballáronas arreo, e polo camiño caeu algunha aliteración. Utilizando certos tópicos do estilo como o uso dun inglés macarrónico que rebautizaron como Galenglish, construíron esta canción. Polo camiño e sen querer tamén se decataron de que fixeran unha aliteración. Figuras literarias no reggaeton e grazas ao profe Marcos, atún con pan A letra foi un traballo de toda a clase e a interpretación de Amir e Gomis.
Plano Cenital?
Enviado por josean o Lun, 27/02/2023 - 22:14Todos eles e son moitos din que este plano é CENITAL. Por que será que o dín? Poderías explicarnos porque coidan todos estes alumnos que o plano é ese?
Déixanos a túa resposta co teu nome, na sección de comentarios
Adiviña o Plano
Enviado por josean o Lun, 27/02/2023 - 21:32Neste primeiro plano da serie Noa danos moitas pistas para que adiviñedes de que plano se trata. Faino moi ben, sen cortar o plano polas articulacións
Nos comentarios deixádenos o voso nome e o tipo de plano que é
Kopa Deportes nº 3
Enviado por josean o Lun, 27/02/2023 - 21:24Neste terceiro Kopa Deportes trouxemos como invitado especial a Manuel González García, adestrador do Marín Futsal que amablemente contestou a tódalas preguntas que tiñamos preparadas para el.
Obradoiro de filloas. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Xov, 16/02/2023 - 22:11Un ano máis, ao chegar o Entroido, facemos protagonista á nosa "Raíña do Entroido", a filloa.
Este Entroido correspondería o "XIX Obradoiro da Filloa", foi un obradoiro de filloas distinto, no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Todo isto baixo a atenta supervisión da profe Belén, e a axuda de Mari.
Está actividade, enmárcase no CPInnova (EDUsaúde e EDUsostibilidade), e o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.
Kopa Deportes Programa 2
Enviado por josean o Mar, 14/02/2023 - 17:38Segundo programa Deportivo da Radio Sequelo onde Amir de 6º fai un pequeno resumo do partido de Champions PSG - Bayern.
Kopa Deportes
Enviado por josean o Lun, 13/02/2023 - 15:38Primeira Emisión de Kopa Deportes o primeiro programa deportivo da Radio Sequelo, realizado polos alumnos de 6º nun día moi especial, o día mundial da radio. Un programa que nace para perdurar e como eles din na súa cuña. ESCOITA XA!!
Poemas de Paz
Enviado por josean o Xov, 09/02/2023 - 23:52Os alumnos de 6º por mor do día da paz recitan varios poemas de Celso Emilio Ferreiro e máis un texto que eles mesmos construíron a partir do proxecto da auga no que se atopan envoltos.
Radio Paz 2023
Enviado por josean o Mér, 01/02/2023 - 22:23Por mor do día da Paz os alumnos de 6º crearon varios programas centrados na Paz con cadansúa cuña, do que este elaborado por Uxía, Ramiro e Aylen, con Enzo e Marcos aos controles é un claro exemplo.
Moi agradecidos aos profes Moisés e Alba polo seu traballo cos nenos.
Primeiros Deseños 3D
Enviado por josean o Dom, 22/01/2023 - 23:16A partir da ferramenta online TinkerCad, unha ferramenta sinxela e tremendamente accesible para os nenos, chegaron os primeiros deseños 3D dos alumnos de 6º, que logo haberá que imprimir, cousa que tamén ten o seu aquel en canto á configuración da máquina e á segmentación das pezas deseñadas.
Lapis 3D
Enviado por josean o Dom, 22/01/2023 - 19:26Cada vez máis imos incorporando á nosa realidade educativa, novas ferramentas que motiven aos nosos alumnos a imaxinar e crear. Desta vez é a quenda dos lápises 3D. As súas caras dinno todo.
Plastificadora
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 16:56Outro dos trebellos que nos chegou por mor dos Polos creativos, foi un de uso cotián nos colexios, como é a Plastificadora. Neste caso aproveitamola para plastificar as etiquetas das pezas dos robots que antes fixeramos no Gimp e que imprimimos na nova impresora que nos mandaron.
Primeiro deseño 3D
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 16:46Este é o primeiro dos moitos deseños 3D que os nosos alumnos farán. Empezamos co Blender, pero buscando algo moito máis intuitivo topamos Tinkercad e é o que imos usar. O autor Roberto Carlos Santiago Nedea.
Impresora 3D/Deseño 3D
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 15:59Tiñamos unha xa á que non sacamos todo o proveito que deberiamos, pero nesta Creality cr 200b, xa empezamos a imprimir. Polo de agora son so os exemplos que a propia marca nos proporcionou. Estamos nos primeiros pasos: calibración, mantemento, entendemento do funcionamento, tipos de filamentos...Pero o que realmente nos interesa é que os nosos alumnos deseñen en 3D; algúns deles deran uns primeiros pasos co Blender, pero alumnos e profes logo de probar un programiña online gratuito chamado Tinkercad, decidimos que ese sería o noso programa de deseño 3D, e xa, imos empezar con el
Autodesk Tinkercad
Novos Robots
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 15:38Novos robots entran a formar parte do noso repertorio. A base é sempre a mesma, unha placa á que van conectados sensores que identifican distancias, cores, liñas, temperaturas... Estes novos robots os MII bot van sostidos en pezas semellantes ás Lego e a linguaxe de Programación "Crumble" esta baseada nunha vella coñecida, "Scratch", coa que levamos moito tempo traballando.
Os alumnos de 6º tirando de Manual para montar os novos Robots
Volven os Mbot
Enviado por josean o Ven, 02/12/2022 - 17:34Cunha programación moi simple baseada nun código binario (apagado e encendido) puxeron aos Mbot á liña co programa MBlock e malia que logo de tanto tempo apagados perderan forza, algúns fixeron aquilo para o que se programaron.
Papiroflexia con...Luís Lores
Enviado por josean o Mér, 30/11/2022 - 22:48Aproveitamos as cadeiras de pá, os novos tripodes de tablets montados con tablet Lenovo e o micro Behringer B1, todo noviño do trinque, provinte dos Polos Creativos. Coa habilidade de Luis e Andrea para grabar, guionizar e interpretar elaborouse este origamititorial do cogumelo.