PLAMBE
Concurso de Tarxetas de Nadal
Enviado por inesduran o Mér, 06/12/2023 - 00:13Visita da Familia de Matilda de 1º
Enviado por inesduran o Lun, 04/12/2023 - 20:19Preparando o Nadal
Enviado por inesduran o Lun, 27/11/2023 - 21:59O MES DE NADAL
Pandeiretas e cunchas, do máis tradicional na nosa Galicia.
Segue os enlaces ata o blogue de Biblioteca
25 de Novembro
Enviado por inesduran o Ven, 24/11/2023 - 14:43Campaña de Saúde Bucodental
Enviado por inesduran o Ven, 24/11/2023 - 10:52PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES DENTAIS
A través dunha charla dialogada co alumnado de 1º e 5º as profesionais de odontoloxía do centro de saúde de MARÍN axudan á prevención de enfermidades bucodentais á infancia.
Coidamos a Nosa Contorna
Enviado por inesduran o Dom, 19/11/2023 - 23:08Cociñando no Sequelo
Enviado por inesduran o Dom, 19/11/2023 - 22:47Entrevistas na beira II: "Entrevista ao río Lameira"
Enviado por josean o Xov, 16/11/2023 - 22:18Hoxe e sen mollarnos como ten por costume, achegouse polo noso cole o Sr. Río Lameira e contoulles cousas moi interesantes da súa vida, aos curiosos reporteiros de 5º.
O traballo da escaleta está inspirado nunha historia de Gianni Rodari, "Brif, bruf, braf", do libro Contos por teléfono que os nenos están lendo.
Cómics polo Día de Defuntos
Enviado por inesduran o Dom, 12/11/2023 - 21:59O lema que para este curso propón A Asesoría de Bibliotecas de Galicia é
O alumnado de 5º e 6º que asiste á clase de Relixión ideou algúns cómics
para celebrar a tradicional festa Dos Defuntos.
Quedan expostos no corredor que da ás clases de Infantil.
Este é un dos exemplos dos inxeniosos cómics dos nosos debuxantes.
Visitas polo 50 Aniversario
Enviado por inesduran o Lun, 06/11/2023 - 21:56Os Trasnos
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 22:06A partir dunha canción de Pablo Díaz, aprendimos un chisquiño doutra personaxe mitolóxica galega, pero que está espallada por toda a xeografía peninsular: trasno, trasgu, trasgo, strago... Vive na cova do bosque, feo, forte e peludo...
As Lavandeiras da Noite
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 21:57Dentro do Mundo Mitolóxico Galego a personaxe que máis relación ten cos ríos é o das Lavandeiras. A personaxe é coñecida a través dun romance recollido en Cerdedo e que foi amplamente musicado con distintas melodías por grupos de folk. A melodía máis utilizada é esta que interpreta un dos nosos nenos.
Ollo: se te topas cunha delas observa en que dirección retorce a súa saba e imítaa.
Que sabemos do Gatipedro?
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 21:42O Gatipedro é un ser mitóloxico moi peculiar, é un gato, pero é algo máis, ven polas noites ás casas, e non lle gusta o sal. Isto é máis cousas é o que nos contan os rapaces de 5º.
Que sabemos da Santa Compaña?
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 21:38Da Santa Compaña, quizais a figura lexendaria máis coñecida na mitoloxía galega, foi todo isto o que aprenderon os nosos alumnos.
O Samaín na Biblioteca
Enviado por inesduran o Ven, 03/11/2023 - 12:38Medo na Noite (II)
Enviado por josean o Xov, 02/11/2023 - 22:54A lenda dun cabalo branco infernal que axuda aos camiñantes a cruzar un río, aparece espallada por toda Galicia. Esta que contan os nosos alumnos sucedeu no río Limia hai disque que unha chea de anos, cando aínda os animais falaban...
Mitoloxía Galega. A Santa Compaña.
Enviado por inesduran o Mar, 31/10/2023 - 18:08Día das Bibliotecas
Enviado por inesduran o Dom, 22/10/2023 - 21:48DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
Cada 24 de outubro celébrase en España o Día da Biblioteca.
Como celebrar o día da Biblioteca?
Moi fácil, simplemente visita unha.
Acércate ata a nosa Biblioteca e déixate ilusionar
pola maxia das historias, aventuras, da información, dos CÓMICS...
Faremos coincidir nesta semana a celebración do Samaín coa data das Bibliotecas.
Formación de Usuarios da Biblioteca
Enviado por inesduran o Mér, 11/10/2023 - 09:01Durante as primeiras semanas do curso e nas próximas deste mes de outubro,
as distintas clases dende Infantil ata 6º de Primaria, están recibindo unha sesión didáctica sobre
Formación de usuarios na Biblioteca do noso centro;
en especial para ter unhas sinxelas nocións sobre a CDU - clasificación decimal universal-
e que a distribución dos libros nos andeis non sexa un misterio.
Conservando as Tradicións
Enviado por inesduran o Ven, 29/09/2023 - 11:54SAN MIGUEL
Danza das Espadas
Charla do Ateneo Santa Cecilia
para a conservación do patrimonio cultural de Marín
fai click na imaxe para continuar coa información.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »