Música dende a casa
Música dende a casa (20): "Ritmo para acompañar as coplas de "Os maios"
Enviado por Anónimo o Mér, 22/04/2020 - 08:31Música dende a casa (19): "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo"
Enviado por Anónimo o Sáb, 18/04/2020 - 19:59
Música dende a casa (18): "O cuco", canta Pedro Castro de 4ºB
Enviado por Anónimo o Sáb, 18/04/2020 - 16:29Tamén sabemos que estás aprendendo a tocar os instrumentos de percusión, así que se te animas con outra interpretación estaremos encantados de escoitarte.
Música dende a casa (17): "O cuco", canta Aitor Moreira de 4ºB
Enviado por Anónimo o Mér, 15/04/2020 - 18:05Aitor Moreira de 4ºB foi o primeiro en animarse a cantar unhas copliñas da cantiga "O cuco", que como xa sabedes nos dedicou Xosé Iglesias Buxán.
Moi ben Aitor, fixéchelo moi ben!!!
E os demais... a que estades agardando? Animádevos!!!
Música dende a casa (16): Canción orixinal "O cuco", versión karaoke
Enviado por Anónimo o Mér, 15/04/2020 - 11:43Música dende a casa (15): XOSÉ IGLESIAS BUXÁN
Enviado por josean o Mar, 14/04/2020 - 20:11Houbo un tempo en que esta canción inspirada no poema de Manuel María "O Cuco", e con melodía de Suso Vaamonde era ben coñecida polas xentes do pobo. Foi moi popular e a súa gravación en vivo nun concerto en Moaña tivo grande repercusión na nosa zona.
Eses tempos por desgraza xa pasaron, mais Xosé que estivo presente daquela cantando e tocando no concerto, reinterpreta para nós dun xeito maxistral a canción. Non é unha estrea en todo o sentido da palabra, pero case, porque a súa axente artística que é aguda coma un allo, ao pouco de gravala mandouna á TVG con saúdo ao noso colexio e todo.
ANIMÁDEVOS E MANDÁDENOS UN VÍDEO CANTANDO UN ANAQUIÑO DESTA CANCIÓN PARA MANDARLLO AO ARTISTA.
Música dende a casa (14): BIM BUM. XOGO MUSICAL
Enviado por Anónimo o Mar, 07/04/2020 - 13:27Soraya López, profesora de Música e nai de Alonso (1º) e Laura Arribas (5º) quere compartir con todos nós este divertido xogo musical. Animádevos a probalo!!!
Música dende a casa (13): Eloy Aboal de 2º, interpreta ao clarinete a canción popular "Campanita del lugar"
Enviado por Anónimo o Ven, 03/04/2020 - 16:06Eloy de 2º curso interpreta para nós a coñecida canción popular "Campanitas del lugar", moitísimas grazas por compartir a túa interpretación.
Eloy aínda empezou este ano a tocar o clarinete, pero como vedes xa se vai defendendo moi ben.
Moito ánimo Eloy!!! Se te atreves con outra estaremos encantados de escoitarte.
Música dende a casa (12): Quédate en casa (baile)
Enviado por Miguel o Xov, 02/04/2020 - 16:11Ola! Mirade que ben o fan Valeria Pazos Iglesias de 3º e Irene Pazos Iglesias de 6ºB, coa colaboración da súa irmá Martina gravando. Baile con mensaxe "Quédate en casa". Parabéns.
Música dende a casa (11): Hai unha liña (Seso Durán)
Enviado por josean o Xov, 02/04/2020 - 11:18Seso Durán profesor de Secundaria, músico, historiador, compositor, vídeo creador e productor marinense (CANTODAREA), que dende os 90 (como integrante do grupo de música folk Liorna, entre outros) publica a súa obra, centrada nos últimos anos en contido relacionado coa didáctica musical.
Comprometido coa innovación, é invitado regularmente a compartir os seus proxectos e experiencias nos foros educativos máis destacados (Culturgal, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade Autónoma de Madrid, etc). Conseguiu numerosos recoñecementos a nivel galego e estatal.
Pero o que é moito máis importante que todo o anterior, Seso é o orgulloso pai de Manuel, un neno autista de 11 anos, para o que compuxo "Hai unha liña"
Música dende a casa (10): Xiana 6ºB
Enviado por Miguel o Mér, 01/04/2020 - 16:55Xiana Gómez Orge de 6ºB interpreta ao piano a "Antigua canción napolitana". Parabéns!
Música dende a casa (9): Darío Vidal de 6ºA interpreta á trompeta o tema "Libre"
Enviado por Anónimo o Mar, 31/03/2020 - 17:08Darío Vidal de 6ºA interpreta coa trompeta o coñecido tema "Libre" que interpretou o cantante Nino Bravo, pola década dos setenta.
Moitas grazas Darío por facer que o noso alumnado coñeza este tema que xa é un clásico da música pop española.
Preguntádelle aos vosos pais e avós se o coñecen. E recordade visitar o blog da clase de música ("Descubrindo a Música"), para algunha actividade sinxeliña relacionada con isto.
Música dende a casa (8): Breixo Vidal de 5ºB interpreta ao teclado "As pelotas saltarinas"
Enviado por Anónimo o Sáb, 28/03/2020 - 20:37Novamente Breixo Vidal de 5ºB fai unha estrea dunha composición súa para todo o público do CEP Sequelo.
Hoxe vai interpretar unha pequena canción titulada "As pelotas saltarinas". Animádevos a cantar con el.
Moi atentos ao final do vídeo onde aparece un fan entusiasmado pola súa obra.
Música dende a casa (7): PABLO DÍAZ
Enviado por josean o Sáb, 28/03/2020 - 10:56Pablo Díaz, cantante, compositor e investigador da música galega. Desde moi novo estuda e ensina materias relacionadas co baile e a música tradicional: a gaita, o clarinete, percusións variadas (tambor, bombo ou pandeireta), e a voz. Forma parte de varios grupos de música tradicional e folk (Donaire, Ruote, Entrecaixas e Tátara Trío), participando como músico e cantante. Colaborou tamén con Susana Seivane ou Pablo Seoane. Foi músico acompañante en contacontos da editorial Kalandraka.
Ten escrito artigos sobre música tradicional en revistas e xornais, participando tamén no programa Lume na palleira da Radio Galega.
Obras publicadas para os nenos
Tic Tac, 2010, Kalandraka. Libro-disco con ilustracións de Marc Taeger.
Toc Toc, 2013, Editorial Galaxia. Libro-disco con ilustracións de Nuria Díaz.
Xente miúda moita fartura, 2014, CD autoeditado, con ilustracións de Nicolás Fernández.
Tic Tac Toc, 2016, Galaxia. Libro-disco
Coas miñas mans, 2018, Galaxia. Libro-disco.
Pablo é un dos interpretes que participara no libro-CD "A nosa memoria" que recollía a tradición popular oral da nosa vila.
Música dende a casa (6): Breixo Vidal de 5ºB interpreta ao teclado "Todo o mereces ti"
Enviado por Anónimo o Ven, 27/03/2020 - 18:34Breixo Vidal de 5ºB envíanos esta peza interpretada ao teclado, que el mesmo compuxo, titulada "Todo o mereces ti" dedicada ao seu irmán.
Moi ben Breixo, isto si que é unha primicia; unha estrea diante do gran público do CEP Sequelo. Noraboa!
Aproveitando a túa xentileza nós ímola dedicar a todo o alumnado do colexio, porque "Todo o merecedes vós" pola boa acollida e participación en todas as propostas que vos facemos.
Música dende a casa (5)
Enviado por Anónimo o Xov, 26/03/2020 - 13:01Iria mándanos este animado vídeo co seu pai. Así nos gusta que non decaia!.
Música dende a casa (4): El Sol no regresa.
Enviado por Miguel o Mar, 24/03/2020 - 16:42Ola, de novo. Aquí déixanos outra mostra do seu arte, Irene Pazos Iglesias de 6ºB, tocando a guitarra e cantando esta fermosa canción do grupo "La Quinta Estación". Parabéns.
Música dende a casa (3): A VIDA É BELA
Enviado por josean o Mar, 24/03/2020 - 11:33Porque malia as circunstancias que nos tocan vivir, a vida segue sendo bela, Laura Arribas López e os seus pais, baixo a dirección do pequeno Herbert von Karajan, mandáronnos dende a casa esta cousiña tan fermosa.
Sabemos que temos moi bos músicos no cole, algún ata toca o UKELELE. Animádevos e mandádenos cousiñas.
Música dende a casa (2): LUIS PREGO
Enviado por josean o Mar, 24/03/2020 - 08:25Luís Prego leva moito tempo a ensinar baile tradicional por diferentes puntos do País pero leva aínda máis tempo a aprender dos nosos maiores aos que visitou, para que lle ensinaran puntos e xeitos do noso baile. Con toda esta sabedoría, Luís escribiu “PARA CANTAR E BAILAR” e “XOGOS MUSICAIS”, dirixiu grupos de baile como o compostelano “Brincadeira”, participou na elaboración do CD destinado ao público infantil "COPLAS DAS ESTRELAS".... E ademais de todo isto é compoñente de grupo de folk ARDENTIA, cunha longa traxectoria ás súas costas.
Luis é, como vedes, un bo coñecedor da nosa tradición musical e para estar connosco elixiu esta coñecida canción acumulativa: "UNHA VELLA TIÑA UN CAN".
Que máis animais coñecedes e como se chaman os seus "cantos"? Animádevos a participar cos vosos comentarios! (non esquezades asinalo co voso nome).